Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
PROXECTOS FINÁIS CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA 2018-19 |
Un curso máis os alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda realizan o proxecto no que demostran todo o que aprenderon nestes dous anos que dura o ciclo. Eles mesmos simulan o proceso de creación dunha empresa e despois pasan a elaboran os deseños das prendas, de seguido realizan os patróns e cortan e confeccionan o prototipo, este próbano e realizan os arranxos oportunos, para conseguir unha prenda perfecta. Paralelamente van elaborando as fichas técnicas. Unha vez que as prendas son aprobadas, elaboran as escalaxes e marcadas. Todo o proceso de creación da empresa, deseño dos modelos, elaboración dos patróns, corte, confección e rectificación dos patróns fano eles mesmos, supón un grande esforzo. Por último teñen que expoñer e defender o seu proxecto perante un tribunal formado polo equipo docente do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda. Este curso Raquel máis Lucía elaboraron e defenderon o seu proxecto en galego. A gañadora do premio ós proxectos elaborados e defendidos en galego nesta ocasión foi Raquel que ademais realizou a FCT en Portugal a través da bolsa Erasmus+, obtivo matricula de honra no ciclo e conseguiu o certificado B2 Trinity en inglés, ¡¡¡ felicidades Raquel !!!!!.
Foto Raquel recollendo diploma premio Proxecto elaborado e defendido en galego.
Non presentou o seu proxecto en galego pero hai que facerlle tamén mención por defendela nosa cultura a Yenifer xa que o seu proxecto ofrece prendas e complementos do folclore galego para o día a día. Tamén podedes ver máis fotos dos proxectos no instagram patronaxemoda
https://www.instagram.com/patronaxemoda/
A continuación presentamos os proxectos feitos polos alumnos, tamén fotos dos nosos alumnos/as posando cos seus proxectos ademais de patróns, escalados e marcadas feitos co programa informático Lectra V11.
O PROXECTO DE MICHELLE Terry Wolf é unha marca de roupa de festa, ecolóxica e respectuosa co medio ambiente. Terry ven de Terra (empresa ecolóxica) e Wolf de lobo, un animal elegante e poderoso, cunha beleza natural que destaca, como o que se pretende conseguir cando os clientes vistan as prendas da marca. Presenta deseños atrevidos, cómodos e libres. O seu lema é “Para presumir non hai que facer sufrir” para vestir unha muller concienciada co planeta, unha muller forte e segura que quere destacar nos seus eventos. Presenta un vestido inspirado en personaxes lenda do cómic coma Naruto ou Son Goku. Ambos visten de cor laranxa mesturado con cores escuras, coma neste caso no que Michelle mestura a cor laranxa coa negra. Romi Paku, actriz xaponesa que pon voz a personaxes anime tamén é fonte de inspiración para Michelle.
Vestido corto de satén e forrado. Ten unha soa manga acampanada de inspiración xaponesa de organza laranxa rematada en pico e repulgo no baixo. Ten un corte na cintura onde leva un peto interior e un pregue encontrado a cada lado na parte inferior do vestido. Leva incorporado un cinto de organza laranxa rematado con repulgo o cal anúdase nas costas. Colo mao ancho e costadillos franceses. No baixo do vestido leva cosidas tres cintas de cor laranxa.
MARCADA DE TECIDO
O PROXECTO DE THALÍA Zaleia, nome grego do nome Thalía, é o nome que escolleu Thalía para o seu proxecto. Pretende vestir mulleres de vinte a trinta anos con vestidos e traxes para eventos para que sexan o punto de atención sutilmente. Para non pasar desapercibidas.
Presenta un vestido forrado e asimétrico de tafeta cor chocolate escuro. Vestido mini con colo cisne, cremalleira nas costas, dous petos nos costados. Traslado de pinza ó centro-baixo dianteiro, efecto V pinza oca. Dúas pinzas de talle na parte posterior Leva unha ombreira de 2,5cm de alto para realzar o ombreiro dereito. Tul fruncido na parte interior da parte inferior do vestido para acentualo efecto abombado. Dous pregues tombados e o central encontrado. Manga con pregues na parte inferior. O outro lado do vestido é de sisas cunha vista interior.
DETALLE PREGUES DE MANGA
DETALLE TRASLADO DE PINZA ´0 CENTRO BAIXO DIANTEIRO, EFECTO V, PINZA OCA
ESCALADO DA PRENDA
O PROXECTO DE ALEJANDRO
¿Queres saber que é KREIS? Kreis é a firma de Álex, pretende crear unha proposta de moda de diario para todas aquelas persoas que buscan prendas de roupa onde o xénero non está definido, prendas que poden quedar ben a calquera persoa, xa sexa home ou muller. KREIS, máis aló de vestir ás persoas, moda unisex. Circulo en alemán é Kreis, é o que teñen en común os símbolos feminino e masculino. Coleccións de moda onde os artigos están adaptados tanto a anatomía feminina coma a masculina.
Álex presenta un vestido branco forrado de longo ata os nocellos con costadillo francés, escote barco e aberturas nos laterais da parte inferior do vestido. Leva unha cremalleira invisible no costado dereito. Está decorado con diferentes encaixes na parte superior do vestido, un dos encaixes emprégao para disimular un peto. Agradecer a Aroa por prestarse de modelo.
MARCADA DA PRENDA
O PROXECTO DE ALBA
Baixo a firma co seu propio nome Alba Fernández, Alba crea unha empresa adicada a facer pequenas coleccións a medida.
Presenta un vestido inspirado no estilo grego. Vestido longo con costadillos redondos no dianteiro e unha lorza no escote pico dianteiro. O vestido é aberto nas costas con tres lorzas a cada lado, a derradeira lorza coincide coa pinza de talle. Manga tulipán con frunce na copa, petos nos costados, pregues tombados coincidindo cos cortes dos costadillos, o resto da parte inferior do vestido vai fruncida. Cremalleira no lado esquerdo. Remate con repulgo no baixo do vestido e das mangas.
DETALLE DAS COSTAS E DO ESCOTE DIANTEIRO
O PROXECTO DE MARIÑA Mariña creou unha empresa co seu propio nome, ademais de sela patroa da súa localidade natal, Cambados. Prendas novas, con estilo propio, tanto para o día a día coma para eventos. Unha empresa onde perséguese a orixinalidade, mangas con moito volume, lunares... e así é o conxunto que presenta para o seu proxecto, un Crop top de cor amarela e un pantalón campá de lunares.
O Crop top con traslado de pinza ó centro dianteiro con frunce, lazo no centro dianteiro. Manga xamón cun volante rematando as aberturas desta, baixo da manga asimétrico. O pantalón ten dous pregues no dianteiro e dous pregues nas costas ademais dunha goma na parte posterior para facer efecto frunce. Ten dúas aberturas frontais e petos nos costados.
ESCALADO DA PRENDA
O PROXECTO DE PATRICIA Tras observar os problemas que supón acudir a un evento coma unha voda, bautizo, festa, cóctel... polo elevado prezo das prendas, Patricia crea a súa marca co seu propio nome “Patricia LLavona”. Este tipo de prendas, non son de uso cotiá, o cal supón un gasto elevado para empregalas unha vez e gardalas. Para elo propón alugar prendas, bolsos e accesorios para completa-lo look. Ademais os clientes teñen opción á compra, o ser prendas xa empregadas, o prezo diminúe. Deséñanse diferentes modelos, algúns repetiranse en varias tallas e outros serán diferentes pero empregando a mesma liña. O seu slogan é “un vestido, mil historias”, a prenda como será alugada terá historias. Vestidos longos, midi, cortos, monos, saias, pantalóns, tops, blusas, bolsos, pamelas... O conxunto que presenta está inspirado no vestido que empregou Lady Di na súa voda co Príncipe Carlos de Inglaterra. Top forrado con escote pico. Dianteiro, nun lado presillas de cola de rato e no outro lado botoadura forrada co mesmo tecido que a prenda, 23 botóns e 23 presillas. En ámbolos lados vemos tres pregues onde están incluídas a pinza de talle e a pinza de peito, aportando voo no baixo. Mesmo escote que o dianteiro nas costas, con dúas pinzas de talle a cada lado. Manga xamón de gran amplitude con grandes frunces na copa e no corte unión co puño. Puño axustado con 18 botóns e 18 presillas ó igual que a prenda.
Saia confeccionada en tecido azul mariño con lunares brancos. O dianteiro simula un pareo, centro superior fruncido cun lazo efecto cascada. Traseiro da saia con cremalleira de 22 cm no centro, pinzas e un peto escondido na costura na vista interior.
DETALLE DO ESCOTE DIANTEIRO DETALLE DA MANGA
DETALLE TRASLADO DE PINZA DE TALLE E DETALLE DO ESCOTE DAS COSTAS E A MANGA PEITO A 3 PREGUES NO BAIXO
O PROXECTO DE YENIFER
Yeni crea a empresa ACT TRADICIÓN, tradición actual, roupa e complementos do estilo folclórico galego para o día a día. É un xeito de reivindicar a cultura e a estética galega. O tradicional non pasa de moda. Presenta un conxunto formado por unha blusa e unha saia. Para confeccionar a blusa emprega como tecido o liño. Manga corta, colo mao cunha puntilla o seu redor e cun botón no centro. Ombreiro adiantado. No dianteiro leva catro lorzas verticais, dúas a cada lado da prenda, de 1cm de ancho e 0.5cm distantes unhas doutras. Cinco botóns de 16”. Nas costas ten dúas pinzas e no dianteiro ten traslado da pinza de talle e peito ó costado baixo.
Saia mini con vistas interiores e forro con puntilla no baixo. Ten dúas lorzas ó redor de 1cm tombadas para abaixo, entre cada lorza hai unha cinta de terciopelo negro de 1.5cm de ancho. Cremalleira invisible de 22cm no centro traseiro e dúas pinzas. No traseiro ten un lazo de terciopelo enriba da cremalleira e no dianteiro outro lazo na parte dereita enriba da primeira tira de terciopelo do baixo. No traseiro, ademais, leva no lado dereito un peto de plastrón no que Yeni aproveitou para incluír nel unhas castañolas (ver foto)
ESCALADO DA PRENDA
O PROXECTO DE RAQUEL TrendKiller nace a partir dunha necesidade propia de Raquel xa que o ter uns gustos musicais moi concretos, rock, metal, nun mundo maioritariamente masculino, non podía apoiar ás súas bandas de musica favoritas mercando unha camiseta súa. Estas camisetas soamente se venden en versión masculina ou unisex. TrendKiller comeza ofrecendo camisetas de bandas rockeiras e metaleiras customizadas e adaptadas ás formas e gustos femininos. Don´t conform, transform, TrendKiller “asasina de tendencias” representa a idea do estilo propio, en contraposición ás tendencias cambiantes. Raquel, con TrendKiller, pretende vender un estilo e non unha tendencia para mulleres que buscan diferenciarse. Quere ser un referente na roupa ligada a un estilo de vida e gustos musicais específicos. O igual que representa a autenticidade no estilo tamén gustaríalle, nun futuro, levar ese valor para facer unha colección ecolóxica, sostible e responsable.
Presenta un vestido de inspiración dos estilos Pin Up & Rockabilly. Vestido escote pico, con corte á cintura con efecto cinto e parte inferior ampla. Manga corta, con puños e pequenos frunces na copa. Pinza de peito trasladada en dúas partes, o talle en pequenos frunces debaixo do peito e o resto da pinza no corte debaixo do peito. Leva dous petos con vivos nas lapelas. Corte no talle en ascenso dende as costas ó dianteiro. Forro estampado tigre. Tachuelas de detalle na peza da cintura e nas lapelas.
ESCALADO DA PRENDA
O PROXECTO DE LUCÍA Lucía comeza a exposición do seu proxecto recitando o poema “Adiós ríos, adiós fontes“ de Cantares Gallegos publicado o 17 de maio do 1863 por Rosalía de Castro. Este poema fala dun emigrante que está a punto de embarcar rumbo a América e que se despide da súa terra, Galicia. Describe a situación que tiveron que pasar moitos galegos o emigrar no século XIX. Hoxe en día hai varios tipos de migración en Galicia, unha delas é a que acontece do rural ás cidades. Aínda que Galicia sexa un lugar excepcional para vivir, a realidade é que no rural, para traballar nun sector que non sexa a agricultura ou a gandería é máis complexo sen ser nas cidades. Para iso, a Lucía ocórreselle a idea de crear unha empresa que faga máis sinxela a vida nas áreas máis afastadas das cidades, no rural. Para a diminución da poboación no rural, Lucía crea, Fío de Liño, unha empresa individual que quere recuperar a tradición e tecidos galegos coma o liño. Roupa feminina nunha tenda móbil, unha fashion trucks, unha furgoneta con venda ambulante de roupa polo rural. Prendas cun estilo para levar a diario pero elegante. Lucía presenta un conxunto de blusa con pantalón. A blusa te un canesú con frunce no ombreiro. Traslado de pinza de peito a talle, colo mao rizado e mangas con corte e fruncido rematado no baixo cunha tira estreita.
Pantalón de cadros perfectamente casados . Pregues pequenos peto de oxal no traseiro do pantalón.
O PROXECTO DE PABLO Pablo crea a marca Avello, o seu apelido. O seu slogan é “atopa o teu selo”. Estilo urbano, persoal e extravagante para mozos e mozas de 17-27 anos pertencentes o colectivo LGTBI. A súa finalidade é facer roupa adsequible, actual e que estea á moda. Prendas con fusión entre espazo e estrutura, formas espaciais, materiais ríxidos, aleróns, e volumes. Iso é o que conseguiu Pablo co conxunto que presenta no proxecto, top máis saia. Top con traslado da pinza de peito ó baixo centro dianteiro. Corte no centro dianteiro e cinturilla. Alerón na costura da sisa. Parte traseira con pregues tombados ó costado e ocos nos costados. Mangas con cinco pregues tombados ó baixo. Saia con peto dianteiro con volume. Traseiro con cortes polas pinzas e ocos no costado coincidindo co baixo.
PROXECTO IRENE
Agen-tex é o nome da marca que escolleu Irene para o seu proxecto. Trátase dunha empresa de deseño e confección téxtil enfocada na elaboración de roupa para persoas con corpos non normativos. Irene expón que hai un segmento da sociedade non representado no mercado actual, as persoas transxénero. Ademais de vestir a persoas transxénero, tamén pretende vestir a membros do colectivo LGTB, creando unha moda andróxina, mestura prendas femininas e masculinas ata disipar a súa fronteira. Actualmente existen poucas tendas especializadas neste tipo de roupa. Por esta razón Irene pretende darlle unha solución. O seu lema é “A moda non ten xénero”. A modelo AndrejaPejić ou a actriz JamieClayton son fonte da súa inspiración.
Presenta unha blusa con manga xamón. A blusa ten 4 lorzas de 1cm de ancho a cada lado do cruce no dianteiro. Traslado de pinza de talle e peito a costado baixo. Manga xamón con abertura en forma de lágrima rematada cun vivo. Volante no colo de 3 cm e volantes nas mangas de 12cm de ancho. Contrastes en cor laranxa no colo bebé, vista e puños.
Saia de voo natural forrada e corte asimétrico dianteiro-traseiro, máis corto no dianteiro que no traseiro onde o longo é ata o chan. Cremalleira invisible no costado. Dous petos interiores rematados na súa boca por tapetas. Forro rematado no baixo con rulino ou cordoncillo. O igual que a blusa, tamén ten contrastes en cor laranxa na cinturilla, no vivo que remata todo o baixo da saia e nas tapetas dos petos.
PROXECTO NOEMÍ Dende ben cativa Noemí xa mostra paixón pola costura e vocación creativa a través do téxtil. Comezou confeccionando vestiario para as súas bonecas e pouco a pouco foi afondando nos disfraces cada vez máis complexos. O seu interese e admiración polo vestiario histórico xurdiu na súa adolescencia lendo as novelas histórico-románticas da man de autoras coma JohannaLindsey ou JudeDeveraux. Pouco a pouco foise inmiscindo en eventos temáticos que seguen a corrente cultural Steampunkonde se fan unha serie de eventos cunha ambientación histórica como o baile AurumMasquerade en Santiago, A Rexencia en Madrid, o carnaval de Venecia, a Gala Nocturna en Bélxica e outros eventos en Inglaterra, Francia, Alemaña, Australia...A vestimenta histórica, tanto como peza artística, coma etnolóxica cáusalle unha profunda admiración a Noe. A investigación previa para deseñar as prendas levouna a coñecer e admirar o traballo do precursor da alta costura Charles FrederickWorth. Coma unha pequena homenaxe a Worth, Noemí escolle como nome para o seu proxecto, 7 Rue de la Paix, a dirección da casa de modas deste pioneiro da alta costura tal e como hoxe a coñecemos. Cada vez hai máis xente cativada pola vestimenta histórica, a súa complexidade, a riqueza dos materiais e dos seus detalles.... Moitas persoas deciden dar un paso máis e pasar de admirar estas prendas nos museos a vestirse en momentos puntuais con este tipo de vestimentas nos eventos anteriormente citados. Ademais a demanda é constante xa que a cada evento hai que levar un vestiario novo acorde á temática que os organizadores de cada evento escollen. Por iso Noe, crea a empresa 7 Rue de la Paix para dar resposta a estas necesidades, comercializando patróns de vestidos históricos adaptados ás técnicas de costura actuais. Empregando un equipo de patronaxe informático e vendendo os patróns escalados para que os clientes poidan cortalos e confeccionalos eles mesmos na súa talla ou darllos a unha modista para que lle confeccionen os traxes empregando os patróns suministrados. As prendas que presenta son un top e unha saia. Estas prendas que presenta Noe están inspiradas na moda de 1890 e precisan dunha enagua e un polisón axeitados ó peso, forma e material da saia. En función da data histórica empregábase unha lencería específica. O top ten un escote cadrado amplo, o dianteiro e as costas teñen unha estrutura interior en coutil tipo corsé, totalmente emballenado, o cal enxalza a figura “S” tamén chamada “Peito de Pomba”. Manga corta acampanada de encaixe sobre seda armada con tul pregado metalizado. A parte inferior do top ten un drapeado estático, o cal para que non se abran os pregues tivo que ser entreteado cos pregues xa feitos. O baixo dianteiro ten forma redondeada. A parte superior do top está adornada con encaixe. O dianteiro ten cosidas a man estrelas de hematita de varios tamaños, colocadas aleatoriamente. O top está forrado. As cores da prenda son malva e púrpura. Empregou para o top os seguintes tecidos, Crespón satén, encaixe chantilly púrpura, coutil, tul pregado metalizado, tul dureza media e muselina de cor malva. A saia é longa con cola e pregues traseiros. Presenta unha sobresaia corta tipo polisón suave de encaixe púrpura con estrelas de hematita cosidas a man de varios tamaños, colocadas aleatoriamente. A sobresaia ten unha tiras para poder engurrar ó gusto da persoa e un lazo con puntas en dous triángulos para poder atar nas costas.Ten un peto no costado que queda oculto baixo a sobresaia. Os tecidos que empregou na saia son crespón satén cor malva, encaixe chantilly púrpura, tul pregado metalizado e tafetán de cor malva.
COMISIÓN AVALIADORA PROXECTO CONVOCATORIA XUÑO 2019 Patronaxe industrial en téxtil e pel: Juan Prieto González |
1º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA. |
Ola a todos e a todas. Imos contar a experiencia que viviron os compañeiros do Ciclo Superior de Patronaxe e moda na súa excursión a Madrid os días 6, 7, 9 e 9 de Febreiro acompañados polos seus profesores, Juan Prieto González e Iria García Lema. Anticípovos que viviron unha experiencia moi intensa chea de visitas e eventos, desfiles, exposicións........É por iso que fixemos unha distribución desta historia inesquecible en 5 episodios.
Velahí o primeiro. ¡Que afortunados!. ¡Quen puidera estar alí!
1º EPISODIO
MOMAD
1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid
XASTRARÍA SERNA
MUSEO DO TRAXE
E MÁIS.............
VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA Á FEIRA DA MODA DE MADRID “MOMAD”, XASTRARÍA SERNA, 1ª PASARELA SUSTAINABLE FASHION WEEK MADRID E MUSEO DO TRAXE
Os pasados días 6,7,8 e 9 de febreiro do ano 2020, os alumnos de 1º e 2º do C.S. Patronaxe e Moda, xunto cos mestres Iria García Lema e Juan Prieto González, foron partícipes dunha Actividade complementaria á formación perfecta, xa que aprenderon o xeito de traballar dun xastre nunha xastraría artesanal, historia da moda no museo do traxe, comercio e tendencias na feira da moda de Madrid“MOMAD”e moda sostible no recinto Talent Garden de Madrid. Podedes ver máis detalles desta ACF no instagram do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda do CIFP Manuel Antonio https://www.instagram.com/patronaxemoda/?hl=es A aventura comezou as 06:35 da mañá, momento no que emprendeu voo o avión de Iberia dende o aeroporto de Vigo con destino Madrid o xoves 6 de febreiro. Sobre as 07:50 chegaron ó aeroporto de Madrid para ir rumbo os apartamentos Pierre & Vacances Eurobuilding 2 na calle Ourense para deixar a equipaxe.
Chegada ó aeroporto de Madrid
Apartamentos Pierre & Vacances Eurobuilding
XASTRARÍA SERNA Logo de deixar a equipaxe nos apartamentos foron en metro para ir a Xastraría Serna. É unha das xastrarías máis antigas de España, pero, o mesmo tempo, ten un dos xastres máis xóvenes, Agustín García. Agustín é a terceira xeración desta prestixiosa xastraría. El, coa axuda de Lucía Serrano, están cambiando a forma na que se percibe a profesión en España, mediante unha re interpretación que están levando a cabo do tema, os traxes clásicos e a súa especialidade, os uniformes militares, onde a Xastraría Serna é unha referencia nacional. Están en posesión do selo de calidade A de xastraría artesanal da Asociación Española de Xastraría para garantir que os seus traxes están ben elaborados. Ó entrar na xastraría xa chama a atención o culto á elegancia, incluso a súa mascota, un galgo que se chama “CRAN” é elegante. Agustín explica o proceso para facer un traxe a medida seguindo os tres piares fundamentais, BESPOKE (o traxe adaptase ós desexos e idea inicial do cliente), ASESORAMENTO (Comezando pola elección do tecido, que variará segundo o acto para o cal esta pensado ou a tempada na que nos atopamos, pasando por definir e adaptar o estilo que máis lle pode favorecer segundo as súas características físicas, gustos ou preferencias e a combinación cos distintos complementos), PROFESIONALIDADE (supón un novo reto e unha oportunidade para sorprender cun traballo sobrio e preciso). Explica como escoller o tecido, como distinguir as diferentes calidades dos tecidos. Logo toma e anota as medidas a un dos alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda para despois comezar co trazado dos patróns dunha chaqueta directamente no tecido para posteriormente cortalo, todo isto acompañado de explicacións aclaratorias de por que facelo dunha forma e non de outra en función do cliente ou do tecido. Despois, Lucía, lévanos ó taller onde primeiro pasa fíos frouxos para marcar as liñas de construción. Escolle a entretea máis axeitada, e corta estas cos plastróns que servirán de estrutura da chaqueta. Dependendo do plastrón, a chaqueta será máis ou menos armada. Para manter estas capas de tecidos unidas, hai que picalas a máquina cun zig-zag ou a man se o plastrón é máis brando. Para rematar, empregando a prancha, coa axuda dunha madeira, fai o reentrado da entretea para darlle á prenda os volumes do corpo humano. Logo de facer o reentrado hai que “sumir” ou eliminar o exceso de tecido. Ó final, baixo a mirada da imaxe que teñen nun cadro na xastraría de San Homobono, patrono dos xastres, e, o cabo de dous ou tres meses, despois de facer tres probas, con moita mestría e destreza, con moito tempo e moita paciencia, conséguese a chaqueta rematada para entregar ó cliente. Moitas gracias a Agustín e Lucía por darnos unha masterclass de Xastraría artesanal magnífica.
Elección entre diferentes calidades de tecidos
O xastre Agustín García toma e anota as medidas a Juan.
Despois fai o trazado dos patróns dunha chaqueta directamente no tecido como podedes apreciar.
Agustín está a levar a cabo o corte das pezas que compoñen a chaqueta.
Nos taller da xastrería puidemos ver os distintos procesos para a confección da chaqueta.
Os traxes clásicos é a especialidade desta xastrería xunto cos uniformes militares. Aquí podedes apreciar a beleza e elegancia deste uniforme militar de gala. Hoxe en día moitos noivos decántanse por utilizar traxes militares para vestir no día da súa boda. Recoméndovos que lle votedes un vistazo á súa páxina web.
Recordo inesquecible desta visita a Xastrería Serna con Agustín García, lucía Serrano e “CRAN”, este fermoso galgo que é a mascota da xastrería que se quere despedir do grupo.
DE SEGUIDO VOTÁDELLE UN OLLO O EPISODIO 2. SE VOS GUSTA O MUNDO DA MODA, NON PODEDES DEIXAR DE MIRALO.
¡¡¡DEICA AGORA!!!
Enlaces ao demais episodios:Capítulo 2Capítulo 3Capítulo 4Capítulo 5
|
XVII CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA en Vila Verde (PORTUGAL) |
XVII CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA en Vila Verde (PORTUGAL)
O pasado día 14 de febreiro de 2020, día dos namorados, tivo lugar a GALA NAMORAR PORTUGAL, XVII CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA en Vila Verde Vila Verde é a terra onde o amor acontece e onde se celebra o San Valentín dun xeito moi especial. Nesta noite romántica, o 14 de febreiro, o Parque Industrial de Gême recibe a centos de parellas namoradas e varias celebridades nacionais para unha velada chea de maxia, sentimento e glamour, a Gala Namorar Portugal.
Cea romántica, decoración especial para o día, exhibicións de bordados en directo, desfile de moda e espectáculos de música en vivo......
O CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA é o evento máis importante da programación "FEBREIRO, MES DO ROMANTICISMO" está organizada polo Municipio de Vila Verde, co apoio da Aliança Artesanal - Lenços Namorar Portugal.
A nosa ex-alumna do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda, Maite Sueiro Hermida participou no concurso. Presentou un precioso vestido. Trátase dunha peza feita totalmente a man con moito amor. É un deseño sinxelo que combina a fermosa esencia dos panos de namorar coas cores vivas que caracterizan Portugal.
Este vestido presenta un escote palabra de honra, sen ombros e con goma. Conta cun volante na parte superior, rematado cunhas ondas bordadas no baixo de cor vermella. A parte inferior combina estampado con pintura e bordados e presenta tamén ondas no baixo. Ten un lixeiro evasée o longo e un pouco por enriba do xeonllo. O vestido, ademais, está forrado no seu interior. O tecido principal é un popelín de algodón, nembargantes o tecido do forro é un tafetán de poliéster de brillo sedoso, ámbolos dous en cor branca.
O outfit vese complementado por unha diadema de tea feita a man, uns zapatos de cor vermella e un orixinal bolso encarnado, con forma de corazón con detalles metálicos. A pesares que non levou ningún dos premios xa que o nivel foi moi alto, Maite gozou moitísimo da experiencia. Maite cóntanos que estivo moi interesante, aprendeu moito, e tamén disfrutou xa que ademais do desfile, a Gala incluía actuacións musicais, exhibicións de bordado en directo, ademais da cea. Estivo XENIAL¡¡¡
As nosas felicitacións Maite, de parte da familia téxtil do CIFP Manuel Antonio. Velaquí temos á Maite Sueiro Hermida, a protagonista desta publicación e autora dese precioso deseño.
Os gañadores desta edición 14 febreiro 2020 foron: 1º Prémio: Cátia Rascão 2º Prémio: Escola Secundária de Vila Verde 3º Prémio: Paula Neves (Atelier Horas a Fio) Prémio do Público: Maria Conceição Silva Prémio Jovem Revelação: Oriana Valentina Quinteiro (Escola Secundária Marques de Castilho – Agrupamento de Escolas de Águeda) Prémio Nortempresa: Fernando Rei Prémio Impacto Visual: Orlando Ventura Prémio Delta: Mariana Martins (CEARTE) Prémio BMCar: Sérgio Sá Prémio Best Fit: Ana Sousa, Diana Ferreira, Diogo Ferreira, Carlos Carvalho e José Ferreira (Escola Profissional de Felgueiras)
Máis información do evento:
|
4º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA. |
Imaxino que xa estabades pendentes deste 4º episodio. Velahí vai. Que prendas lucen os e as modelos. Son as últimas tendencias. ¡Haberá que tomar nota! E que deseño e calidade amosan as marcas galegas que expuxeron no recinto. ¡Non deixedes de velo!
4º EPISODIO
MOMAD
1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid
XASTRARÍA SERNA
MUSEO DO TRAXE
E MÁIS.............
E MÁIS.............
FEIRA DA MODA DE MADRID “MOMAD”
O Salón Internacional da Moda, Calzado e Accesorios, é unha exposición internacional da moda, que ten lugar dúas veces ó ano nas instalacións da Feria de Madrid. IFEMA. Está dirixido ós compradores e ós propietarios de marcas de todo o mundo no que se mostran as últimas tendencias e estilos da moda da próxima tempada. Fabricantes, maioristas e importadores presentan moda para nenos, xoves, mulleres e homes. A carteira de produtos abrangue dende roupa para o lecer,roupa profesional, roupa de noite, lencería e traxes para o baño, accesorios, .... así coma unha amplía gama de calzado. En definitiva, MOMAD é o grande escaparate comercial para a presentación de novas coleccións, novos conceptos de marca e retail, lifestyle, tendencias. MOMAD é a ferramenta sectorial da moda máis importante do sur de Europa que ten como obxectivo ampliar e reforzala relación coas canles de venda. MOMAD tivo lugar nos pavillóns 12 e 14 do recinto de IFEMA. Tamén tivemos a oportunidade de ir a outras feiras paralelas a MOMAD como son BISUTEX “Salón Internacional da Bixutería e Complementos”, MADRID-JOYA “Salón Internacional da Xoiería e Reloxería Urbana”, INTERGIFT “Feira de referencia no sector do regalo e decoración en España e Portugal”.
Entre as actividades que teñen lugar en MOMAD, os alumnos e profesores tivemos a oportunidade de asistir a diferentes desfiles que tiveron lugar na pasarela MOMAD CATWALK. A continuación fotos dos desfiles AMSE “Asociación de Moda Sostible de España”. Os nosos alumnos tamén desfilaron pola pasarela.
Velaquí temos o grupo. están moi ledos e están a piques de presencias o desfile.
Como podedes ver, profesores e alumnos disfrutaban do desfile.
EMPRESAS DE GALICIA PRESENTES EN MOMAD FEBREIRO 2020
En MOMAD tivemos ocasión de visitar os stands das empresas téxtiles de Galicia presentes en MOMAD febreiro 2020. Moitas delas colaboran co CIFP Manuel Antonio en ter alumnos en prácticas ó derradeiro trimestre dos segundos cursos tanto do Ciclo Medio de Confección e Moda dos réximes ordinario e modular coma do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda do réxime ordinario. Moitísimas grazas a todas.
A continuación presentamos as empresas téxtiles galegas presentes nesta edición de MOMAD:
- OLGA SANTONI: Olga Santoni é a marca de moda de muller que crece e convence hoxe en día a preto de mil tendas multimarca, co bofacer da experiencia acumulada e a alta formación e o empuxe comercial do seu capital humano. A gran calidade do servicio da confección e loxística e un coidadísimo trato postventa logran unha grande fidelización dos clientes. A marca Olga Santoni é moi coñecida e moi ben valorada en España e cada vez máis recoñecida no mercado internacional. Moitas gracias Manuel e Olga pola vosa amabilidade e hospitalidade.
- CREACIONES DONA: Dona Moda deseña e confecciona moda feminina para mulleres actuais, cun estilo desenfadado pero elegante e nun amplío talle, ata o 64. Presentes dende 1978 no sector, especializáronse na elaboración de blusas que destacan pola súa intemporalidade. Ademais, elaboran unha gran diversidade de prendas: Tops, Vestidos, Conxuntos, etc. Traballan con maquinaria de última tecnoloxía e sometendo as súas prendas a un estricto control de calidade. Así, conseguen coleccións de calidade media/alta a un prezo moi competitivo. Distribúen directamente ós seus propios clientes, boutiques multimarca e exportan a varios países. Estan presentes nas feiras máis importantes do sector. Moitas gracias Jose por recibirnos no voso stand.
- HORTENSIA / MARINA RIVEIRO: HORTENSIA é unha firma de roupa dirixida á muller actual. Moda feminina, elegante e funcional. Dende o talle 38 ata o 66 MARINA RIVEIRO presenta unha colección de roupa feminina, total look. Estilo urbano e actual. Tallas 36 a 52. Moitas gracias Cristina por amosarnos as vosas coleccións.
- MARGA NOVAS-CHOKOLAT: Nacida no 1997, Marga Novas é unha empresa xoven e dinámica, sen deixar de ter por elo unha grande experiencia dentro do mundo da moda feminina.Son especialistas na creación de saias e pantalóns que coordinan con outros tipos de prendas como tops, chaquetas, vestidos, etc. Traballan o talle completo dende o talle 36 ata o 60. Moitas grazas Ricardo.
https://www.marganovas.com/inicio
- AMAPOLA'SJUMBA: Amapola'sJumba é unha aposta pola orixinalidade, combinando estilo, elegancia e encanto con peles, fíos e coiros dando un estilo diferente a cada deseño. É unha prenda única, cómoda e contemporánea, con detalles exclusivos que marcan a diferencia.Moitas grazas Amapola.
- BELTY: A moda íntima é algo moi persoal. Camisóns, pixamas, batas e demais son prendas deseñadas para lucir no fogar, para disfrutar un mesmo; por iso é esencial que se trate dunha roupa da mellor calidade e deseño, cómoda, elegante e, en ocasións sexy.
- ALBA CONDE: viste a unha muller moderna que adapta as tendencias o seu propio estilo e que emprega a moda como medio para expresar a súa individualidade, sen esquecerse de que as modas pasan, sen embargo o estilo e a elegancia prevalecen sempre. Unha marca afianzada no mercado, cunha longa traxectoria e cun espírito de constante innovación. As súas premisas son: calidade, creatividade e o coidado do detalle para que cada prenda sexa xusto aquelo que necesita e busca cada clienta. Conta actualmente con tendas propias, franquicias e unha amplía rede de tendas multimarca no territorio nacional e internacional e segue expandíndose sendo fiel ós seus principios de sustentabilidade e consumo responsable e concienciado co medio ambiente. A producción das súas coleccións fanse enteiramente no territorio español.
https://www.albaconde.com/portada
- EIDO MODA: Empresa comercial de moda cunha traxectoria de máis de 25 anos no sector. Moitas grazas Mercedes
https://eidomoda.wordpress.com/
- MONTOTO: deseño, fabricación e distribución de prendas de xéneros de punto. Moitas grazas Paula.
- MI MARIA MORENA: accesorios e roupa artesá. Inspirada nas culturas milenarias, cada colección é o resultado da fusión entre as tendencias máis actuais e a artesanía tradicional. Deseño e confección 100% español. Moitas grazas Myriam.
https://www.mimariamorena.com/
- MOURIÑO: Mouriño inicia a súa andaina no campo do vestir en A Coruña no ano 1978. A través de todos estes anos a empresa foi gañando un grao de experiencia e coñecemento que a sitúan nun lugar privilexiado dentro da moda de España. Fabrican prendas de señora de alta calidade, compiten cunha mellor relación calidade-prezo do mercado. A fabricación realízana integramente en España (só traballan con talleres de confección galegos) o que avala a gran calidade e acabado das súas prendas. Moitas grazas Luisa
http://www.mourino.es/web/index.aspx#!/page_verano
- VIRIATO-JEALFER: marca galega de moda feminina recoñecida polo seu bo facer ó longo de máis de 60 anos. Iniciaron unha nova andaina da man doutra marca histórica de calidade, a tamén galega Jealfer, a cal ocupase do deseño, produción e comercialización de VIRIATO dende a súa sede en Boiro, (Jealfer tamén produce a marca Pertegaz). En Viriato seguen apostando polos valores tradicionais da artesanía, experiencia e calidade, cunha produción local que satisfai unha importante expansión internacional.
- PISONERO: nace como resultado dun coñecemento profundo do sector e das necesidades do consumidor a través de varias xeracións. Presenta un produto confeccionado enteiramente no ámbito nacional, fresco, moderno e elegante destinado á muller urbana e independente que busca definir o seu estilo a través de deseños que realcen a súa personalidade. Creatividade e calidade nos tecidos e acabados son o seu selo, dándolle exclusividade os seus produtos.
https://pisonero.es/?SID=854072f3201bf11efed55aabca3f44e8
- TARTARUGA: Durante os derradeiros 10 anos Tartaruga experimentou unha profunda evolución ata converterse nunha creativa colección de autor cun total look diversificado e xenuíno que abrangue dende accesorios, complementos, roupa no segmento Premium Inspirada no sol do Mediterráneo, o Ibiza-style, e tamizado por un refinado boho-chic e cunha impecable manufactura de produto. Tartaruga presenta agora as súas novas coleccións. Vestidos, túnicas e blusas en cores cheos de enerxía e dinamismo: azuis, brancos e rosados, onde os protagonistas son os bordados nas prendas espectaculares, bolsos, clutches e bomboneiras de borlas e bordados, colares de moedas e pompóns, un aluvión de alegría multicolor que inunda as tardes de verán máxicas e as ocasións máis especiais. Tartaruga esta deseñada en España con paixón e fabricada con esmero en talleres especializados mediante técnicas practicamente artesanais e de forma sostible que garantan unha altísima calidade de produto.
- MINO MORA:En 1987, nace en Poio (Pontevedra) a firma de moda Mino Mora. Unha firma pensada para unha muller actual, atractiva e natural. http://www.mino-mora.com/?lang=es
Enlaces ao demais episodios:Capítulo 1Capítulo 2Capítulo 3Capítulo 5
|
3º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA. |
E xa imos nos episodio 3.
3º EPISODIO 3º EPISODIO
MOMAD
1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid
XASTRARÍA SERNA
MUSEO DO TRAXE
Aínda que a exposición permanente está pechada por obras, tivemos a oportunidade de poder ir a exposición temporal “¡Extra, moda! O nacemento da prensa da moda en España”. O vindeiro 2 de marzo o museo pechará totalmente, durante polo menos oito meses, as súas portas por mor das obras de reforma para adaptarse ós requirimentos da Inspección Técnica de Edificios (ITE). A exposición temporal “¡Extra, moda! O nacemento da prensa da moda en España” trata dunha viaxe no tempo que comeza no século XVII coas primeiras publicacións na corte do rei Luis XIV de Francia. Así, vanse albiscando as características das diversas épocas ata chegar a finais do século XIX, cando as revistas dedicadas á moda instaláronse en España. Pódense ver suplementos coma o Mercure Galant, o primeiro que aparece en Francia no 1672, ou os primeiros números de cabeceiras de moda que aínda mantéñense na actualidade coma Harper’s Bazaar, nacida no 1867, e Vogue, aparecida no 1892, en Estados Unidos. Con esta travesía ata as orixes das revistas especializadas tamén buscase recuperar a conciencia de como estas divulgacións quixeron moldeala moda e o sentir das mulleres, plasmando concepcións femininas, feministas, educativas… Tamén destaca a evolución da silueta, o cambio da actitude coa práctica do deporte, a vida social ou a incorporación da muller ó traballo e a súa vida no ámbito doméstico. A galería completase con figurinos de moda, traxes e outras pezas da colección da pinacoteca xunto con fondos doutras institucións públicas e coleccións privadas. Sen dúbida, unha magnífica viaxe pola historia da moda. Aínda que o museo permanecerá pechado, pódese facer unha visita virtual http://www.culturaydeporte.gob.es/mtraje/visita/visita-virtual.html
E tamén podedes interactuar. ¡Probade no seguinte enlace! https://my.matterport.com/show/?m=SjordFkq2hJ
¡¡Asombrádevos con estes traxes que fan historia!!
Enlaces ao demais episodios:Capítulo 1Capítulo 2Capítulo 4Capítulo 5
|
2º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA. |
E xa estamos de volta nesta 2ª parte.
2º EPISODIO
MOMAD
1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid
XASTRARÍA SERNA
MUSEO DO TRAXE
E MÁIS.............
PRIMEIRA EDICIÓN DA SUSTAINABLE FASHION WEEK MADRID
Impulsada por The Circular Project e gracias o apoio da Asociación de Moda Sostible de Madrid, tivo lugar a semana da moda sostible de Madrid. A Sustainable Fashion Week nace co firme propósito de demostrar que outro xeito de vestir é posible e máis próximo a todos, e á vontade de traballar da man cos profesionais no camiño á sostibilidade. O evento tivo lugar no recinto Talent Garden na rúa Juan de Mariana en Madrid.
Agradecemos a Paloma García López, fundadora de The Circular Project e directora da Sustainable Fashion Week Madrid, por facer posible este evento. Tanto os profesores coma os alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda do CIFP Manuel Antonio, aprendemos o importante que é para o planeta que os futuros profesionais, creen unha moda máis sostible, ética, ecolóxica, slow.
Nos showrooms puidemos coñecer o traballo de marcas, coñecer ós profesionais que colaboran e traballan impulsando a moda sostible.
Asistimos a interesantes charlas onde participaron: SANNAS – Daniela Pavlova ; AEMME - Víctor Delgado; NURIA NEIRA CONSULTING – Nuria Neira; INMA PEÑATE CONSULTING – Inma Peñate; ANA ROQUERO – Tintureira autora de “Tintes e tintureiros de América”, INES RIR&CO – Artesá Téxtil; PYRATES – Pilar Tejada; TEXFOR - David Allo; PEFC España – Ana Belén Noriega; TEXTIL SANTANDERINA – José Antonio Mazorra
Queremos destacar a intervención de Inés de Rir&Co, unha amiga do CIFP Manuel Antonio, xa que dende a charla de emprendemento que deu no CIFP no ano 2017 sempre está colaborando con nós, moitas grazas Inés. https://rirandco.com/ines/
Proxectos sobre moda sustentable que están levando a cabo xóvenes emprendedores que realizan o grado LEINN:
Asistimos ás presentacións dos Proxectos Leinners, son presentacións de proxectos de moda sostible do grao LEINN de TEAMLABS; Hemper, Tu asesoría de Moda, Mist, Vualá, Bee, 12ToFix, Myway, Cherry´s, Sustainable Fashion Week Bilbao.
BEE. Crearon unha marca de fermosos e elegantes panos realizados cunha tea de máxima calidade composta de fibras naturais de eucalipto.
HEMPER. Fabrican bolsos, mochila e estuche utilizando as técnicas téxtiles tradicionais e os materiais de Nepal.
MIST. É unha marca de carteiras minimalistas de madeira. Destinan 1 euro para a plantación dunha árbore.
MYWAY TACONES VEGANOS. É unha marca de zapatos de tacón fabricados a partir de coirovegano e materiais sustentables.
SUSTAINABLE FASHION WEEK BILBAO. Estes xóvenes decidiron crear unha comunidade de moda sustentable, para concienciar ó maior número de xente do impacto da moda fast fashion.
VUALÁ. Reutilizan os tecidos dos parapentes para confeccionar artículos como mochilas.
DESFILE PASARELA SUSTAINABLE FASHION WEEK MADRID
Asistimos ós desfiles nos que participaron as seguintes marcas de moda sostible:
THE NORDIC LEAVES, MUNTOZ, AVASAN, FOLK, BICHOBICHEJO, LAS POLLERAS DE AGUS, ABISSI, CAPITÁN DENIM, MS. WORKER, EL NATURALISTA, CANUSSA, SYLVIA CALVO, ACTANDBE, IREMA, LICHIS BLANCOS, CHARLOTTE HOUMAN, DESFILE COLECTIVO, THE CIRCULAR PROJECT, TORITAS, THE CANVAS BY QUERENCIA – NY
Queremos destacar a intervención de Inés de Rir&Co, unha amiga do CIFP Manuel Antonio, xa que dende a charla de emprendemento que deu no CIFP no ano 2017 sempre está colaborando con nós, moitas grazas Inés.
Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que ademais dos showrooms e das charlas como a de Inés de Rir&Co, puidemos asistir á 1ª Pasarela Sustainable Fashion Week Madrid, e asistir ás presentacións de proxectos de moda sostible do grao LEINN de TEAMLABS. Estamos moi agradecidos por asistir á primeira edición da Sustainable Fashion Week Madrid. Enlaces ao demais episodios:Capítulo 1Capítulo 3Capítulo 4
Capítulo 5
|
5º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA. |
E chegamos ó último episodio. Son moitas as experiencias vividas o longo destes 4 días como podedes apreciar nestes 5 episodios. De seguro que moitos e moitas de nos estaremos pendentes para anotarnos á próxima excursión a MOMAD e todo o que isto abrangue: exposicións, museos, desfiles...............
5º EPISODIO
MOMAD
1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid
XASTRARÍA SERNA
MUSEO DO TRAXE
E MÁIS.............
OUTRAS ACTIVIDADES:
Os alumnos e profesores tamén tiveron tempo para facer outras actividades como entrar no museo Raíña Sofía onde puideron contemplar o Guernica, de Pablo Picasso. Tamén visitar lugares emblemáticos de Madrid relacionados co téxtil como son a mercería “Pontejos”, a tenda de tecidos Ribes & Casals ou a Sedería Jose María Ruíz.
O barrio de Lavapiés, a Gran Vía, o parque do retiro, a Porta do Sol, a praza Maior...... mesmo subir o derradeiro piso no famoso Hotel Riu Plaza España, ubicado no emblemático Edificio España na Gran Vía de Madrid. Ou ir a un famoso restaurante xaponés onde preparan un fabuloso ramen.
Unhas vistas maravillosas de Madrid dende o famoso Hotel Riu Plaza España
Aquí nos atopamos na Portal do Sol.
A mercería Pontejos, con máis de 100 anos de historia.
Como despedida tivemos a ocasión de disfrutar dunha comida exótica nun restaurante xaponés.
O domingo 9 de febreiro, as 9 da mañá, os nosos protagonistas saíron dos apartamentos para ir o aeroporto de Madrid xa que o voo saía as 11:25 dirección Vigo. A viaxe de regreso foi tranquila pero nos rostros podíase apreciar por un lado fatiga, alegría pola volta á casa pero tamén algo de tristeza porque os días da gran excursión a Madrid remataron. Sen dúbida foi unha excursión inesquecible que quedará durante moito tempo na memoria dos nosos alumnos e profesores.
Capítulo 1Capítulo 2Capítulo 3Capítulo 4
|
Visita á empresa de Tapizaría Candal e ó Museo do Pobo Galego. |
ALUMNOS DE TAPIZARÍA
Visita á empresa de Tapizaría Candal e ó Museo do Pobo Galego.
O pasado día 18 de Febreiro os alumnos de primeiro e segundo curso de Tapizaría foron de excursión acompañados por as súas profesoras Begoña Álvarez, Isabel Iglesias e Luz Raposo.
Empezaremos falando da visita a Tapizaría Candal, pero primeiro vouvos comentar que esta empresa xa leva unha longa traxectoria profesional. Foi fundada por Jose Antonio Candal Vieites no ano 1978 no municipio de Ordes. Hoxe en día forman parte do equipo de traballo o seu fillo Pablo e a muller deste, Begoña. Non soamente traballan a nivel nacional, se non que gran da actividade productiva desta empresa vai destinada á exportación. Un gran número de clientes son extranxeiros.
Convídovos a que visitedes a súa páxina web e observedes vós mesmos a calidade dos traballos que realizan. A min impresionoume ver o tapizado en pel dos asentos, as portas e o teito dun coche tan mítico como é o Jaguar.
Aparte do tapizado de butacas, cabeceiros de cama, etc, poderedes ver imaxes do proceso de tapizado dos asentos dun BMW. Paga a pena velo.
Tiveron sorte os alumnos de Tapizaría de poder visitar a empresa. Quizá no futuro algúns destes alumnos teña a sorte de traballar na Tapizaría Candal.
Según comentan as profesoras, os alumnos manifestan ter un grande interese en traballar nesta empresa o que quere dicir que quedaron encantados de facer esta visita.
http://www.tapiceriacandal.com/
Esta é unha das mellores fotos que sacou o grupo nesta viaxe. Aquí posan contentos os alumnos e as profesoras con parte do equipo de traballo da Tapizaría Candal.
Pablo candal explica o proceso de traballo na empresa e responde ás preguntas que lle fan os alumnos que se amosan moi interesados nas explicacións.
Jaime e Mario ofrécense a realizan unha operación nunha máquina industrial. Os nosos alumnos teñen un grande interese por probar as novas máquinas que se están a utilizar neste sector. A máquina que están a utilizar é unha troqueladora neumática para forrado de botóns seguindo as orientacións de Pablo Candal.
Temos que agradecer á Tapizaría Candal a acollida que brindaron ós nosos alumnos. Foron moi amables e contestaron a todas as preguntas que lles fixeron. Foi unha gran experiencia para eles pois puideron observar os procesos de tapizado dentro da empresa.
Os alumnos quedaron entusiasmados e manifestaron que lles encantaría formar parte do equipo nesta empresa cando rematen os seus estudios.
Xa se atopan en Santiago. Nesta foto posa parte do grupo acompañados da profesora Luz. Toman un descanso antes de ir visitar o museo. Vense moi alegres nunha actitude moi simpática. Nótase que o están pasando ben desta viaxe.
Aquí se atopan posando na entrada do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.
Posan de esquerda a dereita Miguel, Carmen, Lara, Mario,Tai, Kevin, Clara, Jaime e Alex acompañados das profesoras Isabel e Begoña.
Aquí podedes ver mellor ós vosos compañeiros. Posan moi contentos.
Foi interesante para os alumnos descubrir as orixes do Pobo Galego. Quedaron abraiados cando descubriron moitos obxectos que xa non se usan e que eles nunca tiveron ocasión de ver, pero si os seus avós.
Quedaron admirados os alumnos e decidiron posar Lara, Tai, Carmen e Miguel na emblemática triple escaleira helicoidal que forma parte do museo pois é un elemento singular dentro do patrimonio arquitectónico de Santiago de Compostela.
Foi unha experiencia enriquecedora tanto a nivel educativo como cultural.
Gracias rapaces por compartila con nós. ¡Houbéranos gustado estar alí!
|
XORNADA EMPRENDE NOS CICLOS DE TÉXTIL |
XORNADA EMPRENDE NOS CICLOS DE TÉXTIL
¡A moda sustentable é tendencia e tamén é conciencia! ¡Estanse a producir cambios!
¡Ti formarás parte deste proceso!
Estamos de volta con este tema: a moda sustentable.
Estase a converter nun tema recurrente pero é que se está impoñendo a conciencia ecolóxica no noso campo, a moda.
Os alumnos do téxtil son o futuro da moda e estanse a converter en testimuña dos cambios que se están a producir. É por iso que se aprecia unha actitude emprendedora que augura un horizonte cheo de oportunidades para aqueles que teñen conciencia ecolóxica e se acollan a esta tendencia.
Falando de actitude emprendedora, gozamos onte da presencia de dúas mulleres emprendedoras e comprometidas co desenrolo sostible creando conciencia social e ambiental no sector téxtil e no tocante ó consumo téxtil responsable. Contáronnos as súas experiencias e como decidiron emprender un camiño profesional vinculado o desenrolo sostible.
Vela aquí están Violeta Bouzada e Lis Rivero:
VIOLETA BOUZADA
É de Vigo e Estudiou Publicidade e Relacións públicas na Universidade de Vigo. Máis tarde especializouse en Dirección De Empresas Da Moda na Escola de Negocios da Universidade de Navarra.
É fundadora en OUI JANE!. https://ouijane.com/
Animámoste a que premas no seu enlace e te impregnes de conciencia social, ecoloxía e por suposto, de prendas de moda con alma, feitas con tecidos naturais e feitas en condicións dignas con materias primas de menor impacto e proximidade. Achegouse ata os nosos Ciclos Medios para contarnos as súas experiencias e motivar ós nosos alumnos a traballar para cambiar a realidade do mundo que envolveu á moda hasta o de agora.
Violeta despois de dar a charla @s alumn@s de Ciclo Medio de COMO
LIS RIVERO http://lisrivero.es/#lisrivero/description/work
Coruñesa, diseñadora de moda e diseñadora gráfica que traballa tamén como freelance.
Non deixedes de votarlle un ollo á súa páxina web, poderedes apreciar a versatibilidade de Lis e tamén o seu estilo a través do seu traballo.
De cara a súa profesión o seu enfoque está na produción verde e sostible tamén aplicado ás boas prácticas de emprego.
Lis está implicada no deseño de moda sostible e a aplicación de novas tecnoloxías no deseño textil.
Esta deseñadora estudiou no Centro Superior de Deseño IED Instituto Europe di Design, University.
Achegouse ós nosos Ciclos Superiores para contarnos as súas experiencias e poñer o acento no modo de consumo actual, como repercute no medio e como podemos continuar no mundo da moda adaptándonos o concepto de moda sostible de cara ó futuro.
Lis na charla que tivo c@s alumn@s de Ciclo Superior PAMO
Todos agradecemos a visita de Violeta e Lis. Estas dúas diseñadoras fixéronnos reflexionar sobre o impacto da moda no medio e nos motivaron moitísimo para avanzar neste mundo que tanto nos gusta e continuaremos nel mellorándoo dende o punto de vista ecolóxico. ¡Nos ciclos do textil somos eco-friendly!
Posan con Lis Rivero nesta fotografía os alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe acompañados dos seus profesores. ¡Observade como amosan interés pola temática da moda sostible! ¡Non en vano todos estamos implicados! ¿Non vos parece?
|
EDUGAL Pontevedra 2020 |
EDUGAL Pontevedra 2020
Un ano máis, e con este xa son 9, lévase a cabo o Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia que se celebrou no Recinto Feiral de Pontevedra do 12 ó 14 de Febreiro. Neste evento danse a coñecer diferentes alternativas de estudio ao alumnado de ensinos medios.
A entidade organizadora deste evento é a Asociación da Pequena e Mediana Empresa (AEMPE) cuxo obxectivo é servir de ponte entre a formación e a vida laboral.
Alí estiveron os alumnos de 2º curso do Ciclo de Confección e Moda acompañados da súa profesora Raquel Álvarez que levaron a cabo distintos obradoiros. Un deles, e que chamou moitísimo a atención dos visitantes, é o taller de tintura de prendas. Está de plena actualidade a técnica de tintura con nudos, técnica que se coñece como “tie-dye”.
Moitos e moitas visitantes achegáronse ó stand para coñecer como se leva a práctica esta técnica de tinguidura. Os nosos alumnos de téxtil levaron unhas bolsas de tea fermosas confeccionadas por eles mesmos en colaboración co grupo de ZM modular ás cales foron sorteadas entre os visitantes que se acercaron ó stand, “despois de ser sometidas ó proceso de tingidura”. ¡Bo detalle pola vosa parte!. Seguro que quedaron encantados.
E alí estaban os alumnos dando mostra das súas habilidades como podedes ver nestas fotos.
Nesta foto atópanse Miriam, Uxía Táboas e Pablo metidos en plena tarefa sumerxindo as bolsas de tea no colorante. Vese que están ledos amosando óas visitantes a técnica de "tie-dye".
Aquí, de esquerda a dereita, Natalia, Candela e Ruth dan mostra das súas habilidades nesta técnica de tinguiduría a cal forma parte dos procesos de acabados das prendas.
Se observades, nestas fotos podedes ver expostas camisetas realizadas polos alumnos. Aplicaron estas técnicas e cada unha ten un deseño único e persoal. Están de moda, e tamén os bolsos que se poden ver pendurados detrás.
Foron expostos no stand unha mostras de prendas confeccionadas polos distintos ciclos de téxtil: Ciclo Medio de Confección e Moda; ZM (modular) de Confección e Moda e Ciclo Superior de Patronaxe e Moda.
Podedes ver a exposición de distintas prendas de roupa de distintos estilos e para diferentes ocasións. Tania amosa a exposición ós visitantes.
Como podedes observar, tamén foron expostos traballos de tapicería do grupo de Formación Profesional Básica de Tapizaría e Cortinaxe do Manuel Antonio. Pódenser apreciar estilos moi diferentes. Por un lado un sillón restaurado con terciopelo verde con un toque de estampado. Tamén se pode ver o sillón de dentista restaurado con pel de cor crúa. E esa mesa baixa redonda tapizada con cores chamativas.
No stand de textil atópanse Uxía Martínez e Tania para acoller ós visitantes e explicalles a exposición. Tamén dan información sobre os ciclos téxtiles no Manuel Antonio.
|
PROXECTOS FINAIS CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA CURSO 2019-2020 |
Os alumn@s do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda realizan o proxecto no que demostran todo o que aprenderon nestes dous anos que dura o ciclo. Eles mesmos simulan o proceso de creación dunha empresa e despois pasan a elaboran os deseños das prendas, de seguido realizan os patróns e cortan e confeccionan o prototipo, este próbano e realizan os arranxos oportunos, para conseguir unha prenda perfecta. Paralelamente van elaborando as fichas técnicas: deseño en plano, táboa de medidas, patróns, carta de escala, listado de pezasmodelos-marcadas, lista de fases, esbozo prenda e táboa de medidas da prenda rematada e escandallo da prenda. Unha vez que as prendas son aprobadas, elaboran as escalaxes e marcadas. Todo o proceso de creación da empresa, deseño dos modelos, elaboración dos patróns, corte, confección e rectificación dos patróns fano eles mesmos, supón un grande esforzo. Por último teñen que expoñer e defender o seu proxecto perante un tribunal formado polo equipo docente do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda. Este curso ven marcado pola pandemia que estamos a padecer, a Covid-19. Os alumn@s do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda deste curso aprazaron as prácticas da FCT máis o proxecto para as convocatorias xuño-agosto e setembro-decembro para poder ter unhas FCT reais nas empresas. Dende aquí moitas grazas ás empresas colaboradoras xa que nestes complicados momentos foron quen de colaborar na formación dos nosos alumn@s. Neste curso Ana B., Irene, Laura, Sandra S e Sandra M elaboraron e defenderon o seu proxecto en galego. Tamén podedes ver máis fotos dos proxectos no instagram patronaxemoda https://www.instagram.com/patronaxemoda/ A continuación presentamos os proxectos feitos polos alumnos, tamén fotos dos nosos alumnos/as posando cos seus proxectos ademais de patróns, escalados e marcadas feitos co programa informático Lectra PGS-MODARIS V12. Indice |
Proxectos de Ciclo Superior: Feito por Laura |
O PROXECTO DE LAURAA industria téxtil é a segunda máis contaminante do planeta. “Feito por Laura” é o nome escollido por Laura para o seu proxecto e o seu obxectivo é facer que a xente sexa consciente da falla que fai que a industria téxtil mude cara o sostible. Entendemos por moda sostible aquela rama da industria da moda que ten en conta os custes económicos, sociais e medioambientais que supón a produción da moda. O movemento que iniciou a moda sostible foi o slow fashion que pretende conseguir unha redución da produción co fin de evitar a sobre explotación dos recursos naturais e humanos, por outro lado unha diminución do consumo, prolongando a vida útil das prendas. O Proxecto de Laura céntrase na realización de roupa feminina ecolóxica de alta calidade con tecidos de fibras naturais, suaves e hipoalerxénicas cuns prezos axeitados. Laura xa ten unha ampla experiencia no sector téxtil, co cal, viu a necesidade no mercado dunha roupa máis sostible, de máis calidade e cuns deseños innovadores. Os eixos principais de “Feito por Laura” son: -Emprego do algodón orgánico certificado GOTS de comercio xusto nos seus tecidos, fíos, etc... xa que non se traballa con outras fibras. - Unha liña de deseño actual, moderna, colorida e atrevida, debido a que moitas das empresas que abundan no mercado téxtil sostible non compren con estes requisitos, xa que falta deseño. -Todo o proceso produtivo é realizado a man en Galicia, o deseño, a patronaxe, o corte, a confección e os acabados. -Os materiais para a realización das prendas son comprados a pequenos comercios e tendas online de toda España. O provedor máis destacado de “Feito por Laura” é Nastasianash, unha pequena tenda de Valencia que vende tecidos online e con tenda física. -Para variar e renovar a imaxe da marca fanse coleccións que poden ser unisex ou inclusive que leven nais e pais a xogo cos seus fillos. O emprego do algodón orgánico certificado baixo o Estándar Téxtil Orgánico Global (GOTS) quere dicir que: - As sementes non foron modificadas xenéticamente (GMO). -Non se empregaron pesticidas nin outro químico que puidesen resultar tóxicos para a terra, persoas ou especies animais. -Os químicos en si empregados na cadea de subministro (xa sexan aditivos, lixivia, tintes, fixadores, estampados… ademais dos niveis de toxicidade destes químicos), necesitan cumprir cos estándares GOTS. Laura decidiu que o lugar máis axeitado para poñer en marcha este proxecto sostible é o baixo da súa casa, xa que ten moito significado para ela. Antigamente era un alpendre onde o seu bisavó e o seu avó gardaban os seus barcos de pesca, hoxe en día restaurado, un lugar axeitado, xa que gracias a internet, as ventas poden facerse de xeito online e así Laura non ten que abandonar o seu pobo natal. Presenta un conxunto dunha blusa e un peto multiposición. Os tecidos e fíos empregados son de algodón orgánico certificado GOTS mercados en Nastasianash. Blusa cun volante fruncido no colo, costadillo francés inclinado cara o centro dianteiro e centro da espalda onde están trasladadas a pinza de peito e talle no dianteiro e pinza de talle nas costas. Manga acampanada, goma elástica a 8cm do baixo da manga para axustar a manga ó brazo. Volante do colo, volante do costadillo francés e baixo da manga rematados con rulino ou cordoncillo. Os volantes do costadillo francés están colocados de tal xeito que coinciden como unha prolongación do peto da prenda inferior cando a persoa ten vestidas as dúas prendas. Peto longo mini, forrado, a parte superior do peto está forrada no seu interior co tecido da blusa para cando se baixa faga conxunto coa blusa, petos nos costados do dianteiro. Cinturilla recta con cruce para botón e ollal, tirantes con pespunte ó canto, cremalleira visible no costado de 25cm, baixo do peto rematado con puntada invisible. |
I Congreso Internacional de Balenciaga |
El pasado 1 y 2 de octubre se desarrolló el primer congreso sobre Balenciaga, en el mismo museo que lleva su nombre.
Con motivo de la conmemoración, este año 2020, del 125 aniversario del nacimiento del Maestro de la alta costura.
Este congreso fue grabado íntegramente, donde podréis descubrir curiosidades de sus trajes, su forma de vestir, sus relaciones sociales... todo para acercarnos a la figura de este gran creador.
|
Proxectos de Ciclo Superior: Vargas Lemos |
O proxecto de Sara Martínez Rodríguez“Vargas Lemos” é o nome escollido por Sara para o seu proxecto. Xa que por costume só se empregan os primeiros apelidos de cada persoa para herdar os apelidos co nome, Sara quixo que os segundos apelidos dos seus pais puidesen perdurar na historia da súa familia e que mellor xeito que poñelo como nome principal para o seu proxecto. O seu slogan é: ‘‘No cambies para encajar en la moda, haz que la moda encaje contigo’’ con el Sara quérese referir tanto ás modas do momento coma ós talles estandarizados polo sector. Preténdese realizar todo o proceso completo deseño-patronaxe-confección de prendas a medida de alta calidade. En Vargas Lemos preocúpanse de manter unhas liñas de deseño actuais e o gusto da clienta coas que atender as necesidades de tódalas mulleres que acoden ó seu atelier. Cada vez máis demandase e valorase máis as prendas únicas, creadas especialmente para unha persoa. Poder presumir de pezas únicas, onde a clienta ademais puido tomar decisións sobre a futura prenda. Presenta un vestido americana, cun longo mini. O vestido leva ombreiras de 1cm de groso xunto cun churro para darlle forma á copa da manga, ten unha solapa ampla e o cruce vai con botoadura dobre, con 4 botóns de 2,5cm e 40 liñas. Posúe dous petos de plastrón forrados a ámbolos lados da prenda na parte dianteira, cun volante fruncido de tul bordado a man por todo o redor. Traslado de pinza ó talle-costado na altura da cintura, cun vivo de tecido cosido enriba do corte previamente entreteado baixo o peto de plastrón. Manga xastre, na abertura da manga leva tamén un volante de tul bordado a man por toda a bocamanga e na abertura. No baixo leva tamén volante de tul bordado a man, pero desta vez non vai fruncido, senón que son volantes circulares. Nas costas ten unha costura central, o forro interior con fuelle. Tódalas vistas do baixo e das mangas van separadas como patróns independentes para poder introducir o tul. Na parte inferior e superior da sisa, entre o forro e o tecido leva cosido unhas tiras de tecido para unir ámbolos dous tecidos (forro e tecido). O colo exterior vai ó lomo e o colo interior cortado ó bies con costura central. Cran de 8cm. Toda a prenda intercala dúas cores, o branco e o negro, facendo contraposición de cores, o mesmo efecto de contraposición de cores tamén vai no interior da prenda, é dicir, no forro. Os volantes de tul están bordados a man por Sara, xa que foi un xeito de regresar ós seus inicios, cando estudiaba o bacharelato, Sara facía bordados, e como lle gustaba o mundo da moda, á hora de decidir que estudiar ó rematar o bacharelato, decantouse por cursar o ciclo superior de FP Patronaxe e Moda.
|
Proxecto de Ciclo Superior: AV Atelier |
O PROXECTO DE AROA
AV Atelier é a marca de moda creada por Aroa Veiga, centrada na creación de prendas artesás, cunha patronaxe innovadora, onde a calidade, personalización, comodidade e versatilidade son os eixos fundamentais que caracterizan as prendas que se elaboran en AV Atelier, sempre seguindo o bo facer que caracteriza á xastraría. A gran artesanía tradicional téxtil conseguía ofrecer un produto a medida para cada consumidor, converténdoa en única. Co paso do tempo, e a excepción das grandes casas da moda, a artesanía non sufriu unha gran evolución en canto a deseño. Coma consecuencia, actualmente non ofrece un produto acorde cos desexos e necesidades do mercado, no que a personalización e a diferenciación cobran cada vez máis importancia, especialmente no público máis novo e vangardista. Aroa Veiga pretende ofrecer unha resposta a esta necesidade, cun produto versátil, cómodo e con siluetas e patróns que se saen da norma. Para o seu proxecto Aroa xoga cos tecidos e siluetas clásicas para crear un produto innovador e mostrar que a artesanía segue tendo un oco no mundo dominado polo fast fashion. Nesta primeira colección, as siluetas están inspiradas e construídas coa técnica do gran patronista xaponés Shingo Sato.
Presenta un traballo meticuloso, un conxunto de top con pantalón. O top por enriba do embigo, con cremalleira negra de nylon aberta YKK no centro dianteiro, falsa capucha nas costas e na zona do canesú dende o dianteiro, traslado pinza de peito e talle a ombro prolongando ó canesú das costas facendo o efecto de falsa capucha, o cal leva uns atacados para suxeitala capucha a 4cm dende o ombro e a 2 cm do escote, e un pespunte, A escalaxe, feita no equipo informático de patronaxe da aula, Lectra PGS Modaris V12, tamén resultou ser moi complexa xa que tanto o pantalón como a manga teñen que ir incrementando de tamaño talla a talla para axustarse á táboa de medidas co incentivo de ter que escalar tódolos pregues do origami. Tamén non resultou menos dificultosa a confección xa que para darlle consistencia ós pregues houbo que entretear soamente os pregues exteriores. |
Proxecto de Ciclo Superior: Meru Patterns |
O PROXECTO DE MELANIETras observar o crecente interese pola confección na casa, en gran parte causado polo emprego das novas tecnoloxías que permiten aproximar o noso oficio dunha forma sinxela e interactiva mediante vídeos explicativos, titoriais en blogs…etc., o afán do consumidor polo único, o exclusivo e ademais creado coas súas propias mans, fixo que a Melanie ocorréselle a idea de crear unha marca “Meru Patterns” para a creación dende cero de todo tipo de patróns (Saias, pantalóns, camisas, abrigos, bolsos e demais complementos) distribuídos de forma online a través da súa páxina web, onde se van subindo patróns xunto cunha guía de montaxe, un vídeo onde se explica dun xeito moi sinxelo toda a confección do deseño e un pequeno anexo onde recoméndanse os tecidos máis axeitados para a confección do modelo. O principal obxectivo do proxecto de Melanie a través de “Meru Patterns”, é proporcionar todo tipo de patróns e crear unha gran galería online para que calquera persoa poida ter acceso a eles para logo que cada quen poida cortar e confeccionar na súa casa calquera deseño dun xeito sinxelo. Melanie presenta un vestido liña A de longo ata o chan feito en Piqué Waffle e Tul. Este vestido combina partes en tul coma a peza dianteira superior, as mangas de media lúa cosidas ó corpo con costura francesa e o volante do peito. As outras partes do vestido, en conxunto o piqué e o tul, formando o corpo do vestido. A peza en piqué ten un longo ata o xeonllo namentres que o tul é máis longo e chega ata o chan. No dianteiro o escote é barco, en cambio, nas costas cae en pico, ámbolos dous rematados cun vivo de tul e pespunte. O escote |
Photocall da mán do alumnado de 2º de Tapicería |
Dende o Nadal, visteis unhas enormes alas polo centro? Este fermosos photocall feito polo alumnadx de 2º de fp básica de Tapicería e Cortinaxe. Estas alas simbolizan o renacer e fortaleza. "As para que os quero"
Este son algunxs alumnxs, de este grupo. Este é o logo de 2º de tapicería e cortinaxe. E logo, os atravedes a sacaros unha foto? |
O alumnado de segundo de confección e moda... traballa a pel! |
No módulo de confección a medida de segundo de Confección e Moda, estiveron a traballar a pel. Non digades que non é unha autentica maravilla os artigos que difexon? |
Proxecto de Ciclo Superior: Hilo y mimo |
O proxecto de UxíaHilo&Mimo é o nome escollido por Uxía para o seu proxecto. Uxía pretende elaborar prendas para eventos sociais. As prendas de Hilo&Mimo teñen un deseño orixinal e unha patronaxe impecable e favorecedora. Elabóranse pe quenas colecciones cápsula compostas por diversos deseños, coa posibilidade de realizalos axustes precisos na prend a para que se axuste perfectamente á persoa.En Hilo&Mimo realízanse tódolos procesos produtivos necesarios para a elaboración das coleccións. Dende o proceso de deseño, patronaxe, escalado e corte, ata os procesos de confección, acabados, probas e arranxos, co fin derradeiro de garantir un resultado óptimo, satisfacendo as expectativas da clientela. Presenta un vestido mini, asimétrico e axustado, composto por dous tecidos elásticos: tul plumeti na parte superior e unha sarga elástica na inferior. O dianteiro con escote barco, leva na parte superior o tecido tul plumeti, facendo formas onduladas, redondeado cóncavo no peito esquerdo, forma convexa no centro e na parte dereita elevase chegando ó ombro. A parte inferior do vestido empregase a sarga elástica. Leva costadillo francés (onde van trasladadas as pinzas de peito e talle) a parte inferior dereita leva unha abertura simple no costado, partindo desde a cadeira. Isto último repítese tamén nas costas. Escote barco tamén nas costas, leva na parte superior o tecido de tul plumeti, o igual que no dianteiro, pero con formas onduladas máis profundas. En troques, as mangas, cada unha é dun tecido diferente, a manga dereita está confeccionada en sarga elástica e a manga esquerda en tul plumeti. O escote do vestido vai rematado cun vivo do mesmo tecido e pespunte ó canto de 3mm. As bocamangas van rematadas cun dobladillo dobre e pespunte ó canto. O baixo do vestido leva un dobradillo de 3 cm, o cal vai unido a unha vista de 4 cm, rematando a abertura do costado dereito, tamén cosida a man cunha puntada invisible. Cremalleira invisible no costado esquerdo. Costura francesa no tecido de tul plumeti, no ombro, costado da manga e sisa. ENLACES: |
Non só a moda se ve, tamén se escoita! |
Nos últimos anos a cantidade de podcast aumentou considerablemente.
Pero… qué é un podcast?
É unha publicación de carácter dixital e periódica, en formato de audio ou vídeo e que se pode descargar da internet ou escoitar en liña. Basicamente, trátase dunha especie de programa de radio personalizable e descargable que pode montarse nunha páxina web, nun blogue ou en todo tipo de plataformas para que estea ao dispor dos usuarios e/ou seguidores.
Hoxe os deixamos tres recomendacións:
- El vestido de cenicienta no se hizo en un día
Dirigido por Andrea Lopez, diseñadora de moda y patronista. Actualmente directora de la academia de patronaje y costura online PatternCos. Cada semana sube un episodio entrevistando a personas relacionadas con este mundo.
https://patterncos.com/podcast/
- Textilianas, tertulias de moda
Comandado por Igone Cabrerizo & Maite Quintana deseñadoras de moda, e emiten episodio cada 15 días.
- La moda que nos parió
É un podcast semanal e unha web de contidos que nacen para dar voz ao cambio que o mundo da moda está a experimentar. Esta industria foi durante anos parte do problema, e en LMQNP apostamos porque finalmente sexa parte da solución. O seu obxectivo é abrir conversacións sobre temas que interesan á comunidade moda á que pertencemos: ética, diversidade, cultura, tecnoloxía, educación… e que actualmente están a definir a conversación a nivel mundial
https://lamodaquenospario.com/
|
Tapicería Antonio Rosales |
ANTONIO ROSALES Es una empresa familiar fundada en 1909 que posee una amplia tradición en tapicería y trabajo con los tejidos.
Esta empresa está vinculada con el centro, ya que acoge a alumnos en prácticas de la fp básica de tapicería y cortinaje.
Actualmente, a cambiado su localización a calle Pedro Alvarado nº3 en Vigo Desde sus comienzos hasta la actualidad han ido evolucionando tanto en los medios tecnológicos como en la experiencia de su personal, teniendo en cuenta siempre el espíritu emprendedor, dinámico e innovador que busca siempre ir un paso por delante para darles el mejor servicio a sus clientes.
Esto se observa en la evolución de su trabajo a lo largo de estos años. En la actualidad además de tapizado también realizan confección de cortinas, colchas, alfombras, muebles a medida,... y todo lo necesario para la decoración de nuestra vivienda.
Confeccionan articulos para hogar tales como: colchas, cortinas, estores, cortinas tecnológicas (screen),… además de tapizado de sillas, sofás, tresillos, butacas,..
Disponen de una amplia variedad de telas y tejidos de las mejores marcas del mercado de entre los cuales sus clientes podrán hacer su elección.
Además cuentan con un equipo de profesionales que asesoran a sus clientes en su elección y cuidando hasta el último detalle de la confección para así ofrecernos un producto de calidad.
Se puede encontrar desde cortinas enrollables, venecianas, plisadas, panel japonés, verticales,… y las denominadas cortinas tecnológicas.
|
Exposición de Moda- Vestir Épocas |
Vestir ÉpocasColección de González-Moro No Museo de Belas Arte de A CoruñaDo 1 de outubro 2020 ao 30 de marzo de 2021
VESTIR ÉPOCAS, unha exposición monográfica sobre a evolución da moda que tratará de achegar á cidadanía os usos e costumes asociados aos séculos XIX e XX poñendo en diálogo e relación as distintas vestimentas, traxes e pezas de indumentaria coa súa iconografía e a súa época. A exposición componse de máis de 300 obras da prestixiosa colección de Ana González Mouro que abarcan 100 anos de creación téxtil, desde 1860 a 1960. Trátase dunhas pezas que reflicten os actos das xentes e da sociedade da Galicia da época e que permiten establecer unha relación entre a idealización da arte e o realismo da roupa.
Precisamente, a disposición das pezas da mostra realizarase a través dunha pasarela que introducirá aos visitantes nas diferentes salas.
Realizada baixo a dirección do Museo de Belas Artes, a mostra estará comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar e o especialista en moda Román Padín. Será a primeira exposición dedicada de forma monográfica a esta temática neste espazo e espérase que abra ao público desde este mes de outubro e ata marzo do 2021. Do mesmo xeito, o Museo de Belas Artes programará toda unha serie de actividades ao redor da exposición como visitas guiadas, conferencias e outras actividades dirixidas ao público xeral e familiar e atendendo ademais á diversidade cultural.
|
Vargas Lemas, unha nova forma de comunicar. |
Sara Martínez Rodríguez, exalumna do ciclo superior de patronaxe e moda, está a crear a súa marca Vargas Lemas. Unha marca dedicada a fabricación de pendentes de forma artesanal; e o seu escaparate é o seu perfíl de Instagram. Fai unhs días foi entrevistada polo períodico o correo galego. Por aquí deixamos o enlace como a entrevista.
Sara Martínez Rodríguez, emprendedora ‘e-commerce’
‘‘ Las redes sociales tienen varios métodos comunicativos, es más fácil dar a conocer tu producto y tu marca’’En la actualidad es común observar como los jóvenes emprendedores dejan a un lado los antiguos métodos de promoción y gestión de un nuevo negocio y las utilizan como medio principalHoy en día existen numerosas redes sociales a disposición del público. Los usos que se le dan son muy diversos: entretenimiento, información, conocer gente, seguir las tendencias, interactuar con el resto de los usuarios, etc. Aunque las redes sociales son concebidas como algo lúdico, es común observar la forma en la que ciertas personas orientan sus perfiles en redes sociales hacia la creación de un espacio profesional donde presentar sus nuevos proyectos y negocios, el llamado ‘e-commerce’ o comercio electrónico. Sara Martínez Rodríguez, natural de la localidad pontevedresa de O Rosal, ha decidido a sus 21 años comenzar un proyecto propio tras finalizar el Ciclo Superior de Patronaje y Moda, con la creación de su marca ‘Vargas Lemos’, cuya vía para la presentación del producto, publicidad y comercialización es realizado únicamente a través de Instagram.
Cuando acabé el ciclo superior veía que este año la cosa iba a estar parada y quería hacer algo, crear algo mío, algo propio. Buscando por internet encontré la arcilla polimérica, y he empezado crear pendientes hechos por mí con este material, quería hacer algo a nivel local y me encargo de todo, diseño, elaboración, promoción, comunicación y envíos. El nombre de la marca es ‘Vargas Lemos’ porque desde hace tiempo me gustaría cambiar mis apellidos por los segundos apellidos de mis padres, pero es un lío, así que decidí utilizar los apellidos para mi nombre profesional y el nombre de mi marca. ¿Por qué has decidido utilizar la arcilla polimérica como materia prima para elaborar tus piezas? De las cosas que veía en internet fue lo que más me gustó, hay arcillas de varios colores y las voy mezclando, me permite flexibilidad en mis diseños, además la diferencia con la arcilla normal es que se seca al horno. Aunque el primer día que la utilicé pensé que era un horror y se me rompía, cogiendo trucos de internet se me hizo más fácil, aprendí todo de forma autodidacta. ¿De qué forma te inspiras para realizar tus diseños? Utilizo Pinterest como forma de inspiración e internet. Busco la inspiración en todo, por ejemplo, cuando salgo a pasear a mi perro observo lo que tengo alrededor, mezclo las cosas que me van viniendo, no cojo una temática específica. Mis diseños son únicos, no los repito, el que primero lo pide es el que se lo queda. Mi idea es sacar ropa también, estoy calcetando, creando prendas para el verano: tops, vestidos, faldas... Quiero que mi proyecto siga creciendo, me apetece ir trabajando poco a poco y ver resultados, ver que progresa. A medida que vaya creciendo iré marcando mis propios objetivos, me gustaría colaborar también con alguna protectora de animales o hacer una colección cuya parte de los beneficios sean destinados al cáncer de mama, pero claro, son objetivos a largo plazo. Ahora mismo es algo informal, pero si tengo la oportunidad por supuesto que me gustaría profesionalizarlo.
Por qué utilizas exclusivamente una red social, en este caso Instagram, como espacio para tu negocio? Pues decidí abrir la cuenta de Instagram exclusiva para la marca porque es la red social que más controlo y al tener en mi cuenta personal ya un número de seguidores me ha servido para remitirlos a la cuenta de ‘Vargas Lemos’. Me fue bastante bien desde que abrí la cuenta, hice un sorteo para que la gente me conociera y visitase la cuenta de la marca y participaron más de 100 personas. Para la gestión con los clientes es sencillo, me pueden hablar directamente por mensaje para realizar los pedidos y puedo enviarles fotos de algún producto en específico si lo necesitan, la verdad que para un comercio pequeño me parece muy cómodo. ¿Crees que las redes sociales pueden ser más útiles que otros medios como páginas web, buzoneo y demás métodos para la promoción de un pequeño negocio?
Yo creo que sí. Son plataformas que te ayudan a darte a conocer y dentro de las redes sociales hay muchísima gente. De otra forma tendría que ir casa por casa para promocionarme, mientras que lo que gasto con las redes sociales es mi tiempo y ya. Las redes sociales, en este caso Instagram, tiene varios métodos de comunicación, las historias, los ‘reels’, las fotos... Es más fácil dar a conocer tu producto en una red social que en una página web por ejemplo, ya de primeras es más difícil crearla a no ser que pagues a alguien y también pagar por tener un buen posicionamiento en la red, además la gente no suele entrar en páginas web que no conoce pero si es más común que lo hagan en perfiles de redes sociales. |
O PROXECTO: ANA GONZÁLEZ |
O PROXECTO DE ANA GONZÁLEZ Tras observar o problema que supón mercar unha prenda cun elevado custe para un evento e non poder despois empregala para o día a día, Ana decide dar unha solución e crear a marca co seu propio Ana González. Este tipo de prendas non son de uso cotiá, o cal é un gasto moi elevado para usar unha vez a prenda e despois gardala no armario. Para iso Ana da a opción de ter dúas prendas nunha e poder xogar con ela.
A marca Ana González nace a partir dunha idea de transformar as formas e cores da natureza e levalas ás prendas, xa que a natureza xa engloba unha gran variedade de formas e cores que forman parte da súa inspiración. Os deseños que propón Ana abarcan dende prendas de festa para muller ou roupa casual pero que tamén pode levarse a diferentes eventos engadindo diferentes complementos.
O que diferenza á marca Ana González, son a inspiración das prendas na natureza, e os usos das prendas xa que tras percibir os problemas destes derradeiros anos, os clientes non queren gastar moito para usar poucas veces unha prenda, para iso Ana elabora prendas para diferentes eventos.
Presenta un vestido inspirado na planta silvestre “Digitalis purpurea” coñecida na zona onde vive Ana coma “Estralo” e que no resto de Galicia é coñecida polos nomes “Abeluria”, “Alcroque”, “Belitroques”, “Croque”, “Estralotes”, “Herba da cobra”, “Borleta“, “Milicroque“, “Estraloque“, “Bilitroque”, “Campaniña”, “Sanxoans” ou “Seoane”. É moi común que os nenos xoguen con ela, apertando a parte aberta da flor ca man dereita (asegurándose que non haxa ningunha avespa), e coa esquerda facela estralar, emitindo esta un son. O que lle chama a atención a Ana desta planta para inspirarse nela é a cor chamativa da súa flor, interior con manchas brancas, marrón e amarelo, e a forma acampanada da flor.
Presenta un vestido axustado curto, con manga raglán abullonada e forrada. Corte debaixo do peito con traslado das pinzas no dianteiro, na parte inferior pregues tombados cara ós costados, baixo con vista e dobradillo dobre. Nas costas, no centro, peche no colo con dous botóns e cremalleira invisible, costadillo redondo e pinzas no talle na parte inferior, baixo con dobradillo dobre. Manga raglán de gran amplitude, con moito frunce e forro interior sen fruncir para que realce o efecto fruncido no exterior. Puño con vivo e axustado con tres botóns. Colo cisne con cruce e peche con dous botóns. Petos nas costuras dos costados.
|
Proxectos de Ciclo Superior: Misia por Paula |
O PROXECTO DE PAULAPaula foi a única alumna que presentou o seu proxecto no mes de xuño. Galega de nacemento pero residente dende hai anos en Canarias, por mor da Covid-19, tivo que presentar o seu proxecto de forma online empregando a plataforma de videoconferencias Webex.
O nome da súa empresa é MISIA, proven de Artemisia, unha reina guerreira da antigüidade que simboliza a fortaleza feminina. A idea de negocio de Paula xorde como resposta a unha oportunidade detectada no mercado, actualmente saturado con prendas de baixo custe (segmento low cost) e que mostrou, nesta derradeira década, un crecemento continuado no segmento premium. Apareceu, neste tempo, o denominado “novo luxo”, que enmarca produtos artesás e/ou ecolóxicos, e xorde como resposta á forma da vida actual. É un luxo que se caracteriza pola non ostentación, a autenticidade, a volta ós valores tradicionais tales como a artesanía e o interese pola ecoloxía. O concepto premium, ademais, xa non consiste en ter algo que custe moitos cartos, o que o cliente premium busca é a exclusividade. Ofrece colecciones cápsula, que non seguen o calendario estrito da moda e que ofrezan un número de pezas limitado. Con esta estratexia ofrece calidade, sostibilidade e exclusividade. No proxecto presenta un look de dúas pezas da colección do verán 2020, denominada “Maura”. Crop Top forrado composto por dianteiro e costas, con escote cadrado, manga curta recta e forrada, canesú no dianteiro e costas, costadillos sen costura na liña do costado. Saia co dianteiro fruncido e canesú en pico. Longo midi (75cm). Peto de vivos no traseiro dereito, abertura simple de 20cm no traseiro da saia e cerre con cremalleira invisible no centro traseiro.
|