Exposición de Moda- Vestir Épocas

Vestir Épocas

Colección de González-Moro

 No Museo de Belas Arte de A Coruña

Do 1 de outubro 2020 ao 30 de marzo de 2021

 

VESTIR ÉPOCAS, unha exposición monográfica sobre a evolución da moda que tratará de achegar á cidadanía os usos e costumes asociados aos séculos XIX e XX poñendo en diálogo e relación as distintas vestimentas, traxes e pezas de indumentaria coa súa iconografía e a súa época.

 
A exposición componse de máis de 300 obras da prestixiosa colección de Ana González Mouro que abarcan 100 anos de creación téxtil, desde 1860 a 1960. Trátase dunhas pezas que reflicten os actos das xentes e da sociedade da Galicia da época e que permiten establecer unha relación entre a idealización da arte e o realismo da roupa.
Precisamente, a disposición das pezas da mostra realizarase a través dunha pasarela que introducirá aos visitantes nas diferentes salas.
 
 
Realizada baixo a dirección do Museo de Belas Artes, a mostra estará comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar e o especialista en moda Román Padín. Será a primeira exposición dedicada de forma monográfica a esta temática neste espazo e espérase que abra ao público desde este mes de outubro e ata marzo do 2021. Do mesmo xeito, o Museo de Belas Artes programará toda unha serie de actividades ao redor da exposición como visitas guiadas, conferencias e outras actividades dirixidas ao público xeral e familiar e atendendo ademais á diversidade cultural.