Blog de Téxtil

Benvidos a Téxtil, confección e pel!

PREMIOS DEMO DAY 2020-2021 "DEPOEMPRENDE NA FP"

A Deputación de Pontevedra entrega os premios Demo Day, cuxo obxectivo é promover o lanzamento de proxectos emprendedores impulsados polos estudiantes de formación profesional, tanto de ciclo medios coma de ciclos superiores, a través dun proceso participativo, competitivo e secuencial que permite identificar e apoiar proxectos cun potencial desenrolo.

 

Nesta xornada Demoday, os participantes dos nove proxectos finalistas presentados ó concurso por parte de seis centros de la provincia, entre eles o CIFP Manuel Antonio, deron a coñecer as súas propostas, todas elas inclusivas e respectuosas co medio ambiente, no acto celebrado no salón de plenos do Pazo Provincial de Pontevedra.

 

Neste curso 2020-2021 en DepoEmprende na FP participaron seis centros de formación profesional da provincia e 225 estudantes, que chegaron a traballar nun cento de proxectos.

 

A nosa alumna do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda Paloma Ugarte García obtivo o segundo premio, de 500 euros, na que presentou unha marca de roupa sostible baixo a firma Paloma Ugarte. Paloma axuda a persoas que, sen ter coñecementos previos no sector téxtil, queiran crear as súas prendas dende as súas casas sen renunciar a ir á moda. Consígueo a través dunha elaboración de kits con todo o preciso para crear unha prenda propia e converter as ideas de deseño dos clientes en realidade tanto en tecido como en lá. Estes kits chámanse “Sew it Yourself” coseo ti mesmo e “Knit it Yourself” téceo ti mesmo. Constan de patrón escalado do talle solicitado comprendido entre os talles 38 a 46 (pódense ampliar os talles), ilustración ou fotografía do deseño a realizar, os materiais necesarios para a súa elaboración, conceptos básicos do sector como que é un piquete e para que se emprega...., que é un patrón, un trade..., recomendación na elección dos tecidos ou da lá tendo en conta a sostibilidade, e unha lista de fases para a confección da prenda acompañada de explicacións e ilustracións.

 

Noraboa Paloma por este premio tan merecido, moi boa idea e moi bo traballo.

 

O proxecto "depoEMPRENDE na FP" ten como reto que o alumnado, a través dunha metodoloxía de ensino-aprendizaxe, realice o estudo e a elaboración dun proxecto empresarial. Cada un dos centros educativos participantes, ao finalizar este, deberá realizar a presentación daqueles proxectos seleccionados no acto final Demo Day. No seguinte enlace podedes ver a exposición de Paloma no canle Youtube. A exposición de Paloma comeza no minuto 54 e remata no minuto 1h:02

 

 

Como apoio para a súa presentación, Paloma empregou unha blusa feita por ela para o seu proxecto de emprendemento.

 

 

Enlaces ás noticias publicadas sobre os premios

 

Deputación de Pontevedra:

 

https://www.depo.gal/web/edepo/-/directo-presentacion-demo-day

 

Pontevedra Viva:

 

https://pontevedraviva.com/xeral/73944/deputacion-emprendemento-demoday-depoemprende-premios/

 

Comarcas na Rede:

 

https://www.comarcasnarede.com/e-noticia/a-deputacion-reconece-o-talento-da-mocidade-da-fp-da-provincia-na-entrega-dos-premios-depoemprende/

 

Xornal de Vigo e comarcas:

 

http://xornaldevigo.gal/vigo-e-contorna/68448-a-deputacion-reconece-o-proxecto-dun-centro-de-vigo-nos-premios-depoemprende-na-fp/

 

Faro de Vigo:

 

https://galego.farodevigo.es/pontevedra/2021/04/15/demoday-premian-talento-joven-fp-48382354.html

 

 

 

Clases de Patronaxe en STREAMING

 CLASES EN STREAMING

Debido á actual pandemia que estamos a padecer, durante este curso 2020-2021, en moitos momentos houbo que botar man do enxeño para que os alumnos/as non se visen prexudicados. Un xeito de seguir coas clases foi retransmitir as clases en directo, en streaming, para os alumnos que tiveron que ficar na casa nalgún momento.

 

Na seguinte imaxe, no módulo de Industrialización e escalaxe de patróns de 2º Ciclo Superior de Patronaxe e Moda, empregase o programa informático de patronaxe Lectra Modaris V12, foron retransmitidas as clases en directo empregando a plataforma Falemos da Xunta. Para iso utilizáronse 2 cámaras web, unha para retransmitir o encerado da clase, outra para o proxector da clase, e un ou dous equipos dos alumnos compartía pantalla mediante a plataforma Falemos.

 

Nestoutra imaxe, os alumnos/as no módulo de Patronaxe Industrial en téxtil e pel de 1º Ciclo Superior de Patronaxe e Moda empregando o programa informático de patronaxe Lectra Modaris V12.

 

 

Na seguinte foto, os alumnos/as de 1º Ciclo Superior de Patronaxe e Moda, no módulo Patronaxe Industrial en téxtil e pel, realizando os patróns manualmente. Nesta ocasión, para retransmitir as clases en directo, empregouse só unha cámara web xunto coa aplicación Cisco Webex.

 

 

E así é como seguen as clases dende a casa.

 

Noraboa a todos/as, ó final conseguímolo e as clases non pararon.

 

Distribuir contido