Blog de Téxtil

5º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA.

E chegamos ó último episodio. Son moitas as experiencias vividas o longo destes 4 días como podedes apreciar nestes 5 episodios. 

De seguro que moitos e moitas de nos estaremos pendentes para anotarnos á próxima excursión a MOMAD e todo o que isto abrangue: exposicións, museos, desfiles...............

 

5º EPISODIO

 

 

MOMAD

 

1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid

 

XASTRARÍA SERNA

 

 

MUSEO DO TRAXE

 

 

E MÁIS.............

 

OUTRAS ACTIVIDADES:

 

Os alumnos e profesores tamén tiveron tempo para facer outras actividades como entrar no museo Raíña Sofía onde puideron contemplar o Guernica, de Pablo Picasso. Tamén visitar lugares emblemáticos de Madrid relacionados co téxtil como son a mercería “Pontejos”, a tenda de tecidos Ribes & Casals ou a Sedería Jose María Ruíz.

 

O barrio de Lavapiés, a Gran Vía, o parque do retiro, a Porta do Sol, a praza Maior...... mesmo subir o derradeiro piso no famoso Hotel Riu Plaza España, ubicado no emblemático Edificio España na Gran Vía de Madrid. Ou ir a un famoso restaurante xaponés onde preparan un fabuloso ramen.

 

Unhas vistas maravillosas de Madrid dende o famoso Hotel Riu Plaza España

 

 

Aquí nos atopamos na Portal do Sol. 

 

 

A mercería Pontejos, con máis de 100 anos de historia.

 

 

Como despedida tivemos a ocasión de disfrutar dunha comida exótica nun restaurante xaponés.

 

 

 

O domingo 9 de febreiro, as 9 da mañá, os nosos protagonistas saíron dos apartamentos para ir o aeroporto de Madrid xa que o voo saía as 11:25 dirección Vigo. A viaxe de regreso foi tranquila pero nos rostros podíase apreciar por un lado fatiga, alegría pola volta á casa pero tamén algo de tristeza porque os días da gran excursión a Madrid remataron. Sen dúbida foi unha excursión inesquecible que quedará durante moito tempo na memoria dos nosos alumnos e profesores.

 

 

Capítulo 1

Capítulo 2

Capítulo 3 

Capítulo 4

 

4º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA.

Imaxino que xa estabades pendentes deste 4º episodio. Velahí vai. Que prendas lucen os e as modelos. Son as últimas tendencias. ¡Haberá que tomar nota!

 E que deseño e calidade amosan as marcas galegas que expuxeron no recinto.

¡Non deixedes de velo!

 

4º EPISODIO

 

 

MOMAD

 

1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid

 

XASTRARÍA SERNA

 

 

MUSEO DO TRAXE

 

 

E MÁIS.............

 

 

E MÁIS.............

 

 

FEIRA DA MODA DE MADRID “MOMAD”

 

O Salón Internacional da Moda, Calzado e Accesorios, é unha exposición internacional da moda, que ten lugar dúas veces ó ano nas instalacións da Feria de Madrid. IFEMA. Está dirixido ós compradores e ós propietarios de marcas de todo o mundo no que se mostran as últimas tendencias e estilos da moda da próxima tempada. Fabricantes, maioristas e importadores presentan moda para nenos, xoves, mulleres e homes. A carteira de produtos abrangue dende roupa para o lecer,roupa profesional, roupa de noite, lencería e traxes para o baño, accesorios, ....  así coma unha amplía gama de calzado.

En definitiva, MOMAD é o grande escaparate comercial para a presentación de novas coleccións, novos conceptos de marca e retail, lifestyle, tendencias. MOMAD é a ferramenta sectorial da moda máis importante do sur de Europa que ten como obxectivo ampliar e reforzala relación coas canles de venda.

MOMAD tivo lugar nos pavillóns 12 e 14 do recinto de IFEMA. Tamén tivemos a oportunidade de ir a outras feiras paralelas a MOMAD como son BISUTEX “Salón Internacional da Bixutería e Complementos”, MADRID-JOYA “Salón Internacional da Xoiería e Reloxería Urbana”, INTERGIFT “Feira de referencia no sector do regalo e decoración en España e Portugal”.

 

Entre as actividades que teñen lugar en MOMAD, os alumnos e profesores tivemos a oportunidade de asistir a diferentes desfiles que tiveron lugar na pasarela MOMAD CATWALK. A continuación fotos dos desfiles AMSE “Asociación de Moda Sostible de España”. Os nosos alumnos tamén desfilaron pola pasarela.

 

Velaquí temos o grupo. están moi ledos e están a piques de presencias o desfile.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como podedes ver, profesores e alumnos disfrutaban do desfile.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EMPRESAS DE GALICIA PRESENTES EN MOMAD FEBREIRO 2020

 

En MOMAD tivemos ocasión de visitar os stands das empresas téxtiles de Galicia presentes en MOMAD febreiro 2020. Moitas delas colaboran co CIFP Manuel Antonio en ter alumnos en prácticas ó derradeiro trimestre dos segundos cursos tanto do Ciclo Medio de Confección e Moda dos réximes ordinario e modular coma do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda do réxime ordinario. Moitísimas grazas a todas.

 

A continuación presentamos as empresas téxtiles galegas presentes nesta edición de MOMAD:

 

-        

OLGA SANTONI: Olga Santoni é a marca de moda de muller que crece e convence hoxe en día a preto de mil tendas multimarca, co bofacer da experiencia acumulada e a alta formación e o empuxe comercial do seu capital humano. A gran calidade do servicio da confección e loxística e un coidadísimo trato postventa logran unha grande fidelización dos clientes. A marca Olga Santoni é moi coñecida e moi ben valorada en España e cada vez máis recoñecida no mercado internacional. Moitas gracias Manuel e Olga pola vosa amabilidade e hospitalidade.

 

https://olgasantoni.es/

 

 

 

 

 

-        

CREACIONES DONA: Dona Moda deseña e confecciona moda feminina para mulleres actuais, cun estilo desenfadado pero elegante e nun amplío talle, ata o 64. Presentes dende 1978 no sector, especializáronse na elaboración de blusas que destacan pola súa intemporalidade. Ademais, elaboran unha gran diversidade de prendas: Tops, Vestidos, Conxuntos, etc. Traballan con maquinaria de última tecnoloxía e sometendo as súas prendas a un estricto control de calidade. Así, conseguen coleccións de calidade media/alta a un prezo moi competitivo. Distribúen directamente ós seus propios clientes, boutiques multimarca e exportan a varios países. Estan presentes nas feiras máis importantes do sector. Moitas gracias Jose por recibirnos no voso stand.

 

https://donamoda.com/

 

 

 

 

 

 

-             

HORTENSIA / MARINA RIVEIRO: HORTENSIA é unha firma de roupa dirixida á muller actual. Moda feminina, elegante e funcional. Dende o talle 38 ata o 66 MARINA RIVEIRO presenta unha colección de roupa feminina, total look. Estilo urbano e actual. Tallas 36 a 52. Moitas gracias Cristina por amosarnos as vosas coleccións.

 

http://www.marinariveiro.es/

 

 

 

 

 

 

-            MARGA NOVAS-CHOKOLAT: Nacida no 1997, Marga Novas é unha empresa xoven e dinámica, sen deixar de ter por elo unha grande experiencia dentro do mundo da moda feminina.Son especialistas na creación de saias e pantalóns que coordinan con outros tipos de prendas como tops, chaquetas, vestidos, etc. Traballan o talle completo dende o talle 36 ata o 60. Moitas grazas Ricardo.

 

https://www.marganovas.com/inicio

 

 

 

 

 

 

 

-         AMAPOLA'SJUMBA: Amapola'sJumba é unha aposta pola orixinalidade, combinando estilo, elegancia e encanto con peles, fíos e coiros dando un estilo diferente a cada deseño. É unha prenda única, cómoda e contemporánea, con detalles exclusivos que marcan a diferencia.Moitas grazas Amapola.

https://amapolasjumba.es/

 

 

 

 

 

 

 

-              

BELTY: A moda íntima é algo moi persoal. Camisóns, pixamas, batas e demais son prendas deseñadas para lucir no fogar, para disfrutar un mesmo; por iso é esencial que se trate dunha roupa da mellor calidade e deseño, cómoda, elegante e, en ocasións sexy.

https://ladybelty.com/

 

 

 

 

 

 

 

-           ALBA CONDE: viste a unha muller moderna que adapta as tendencias o seu propio estilo e que emprega a moda como medio para expresar a súa individualidade, sen esquecerse de que as modas pasan, sen embargo o estilo e a elegancia prevalecen sempre. Unha marca afianzada no mercado, cunha longa traxectoria e cun espírito de constante innovación. As súas premisas son: calidade, creatividade e o coidado do detalle para que cada prenda sexa xusto aquelo que necesita e busca cada clienta. Conta actualmente con tendas propias, franquicias e unha amplía rede de tendas multimarca no territorio nacional e internacional e segue expandíndose sendo fiel ós seus principios de sustentabilidade  e consumo responsable e concienciado co medio ambiente. A producción das súas coleccións fanse enteiramente no territorio español.

 

https://www.albaconde.com/portada

 

 

 

 

 

 

-              EIDO MODA: Empresa comercial de moda cunha traxectoria de máis de 25 anos no sector. Moitas grazas Mercedes

 

https://eidomoda.wordpress.com/

 

 

 

 

 

 

 

-            MONTOTO: deseño, fabricación e distribución de prendas de xéneros de punto. Moitas grazas Paula.

 

https://montoto.com/

 

 

 

 

 

 

 

-            MI MARIA MORENA: accesorios e roupa artesá. Inspirada nas culturas milenarias, cada colección é o resultado da fusión entre as tendencias máis actuais e a artesanía tradicional. Deseño e confección 100% español. Moitas grazas Myriam.

 

https://www.mimariamorena.com/

 

 

 

 

 

 

 

 

-              

MOURIÑO: Mouriño inicia a súa andaina no campo do vestir en A Coruña no ano 1978. A través de todos estes anos a empresa foi gañando un grao de experiencia e coñecemento que a sitúan nun lugar privilexiado dentro da moda de España. Fabrican prendas de señora de alta calidade, compiten cunha mellor relación calidade-prezo do mercado. A fabricación realízana integramente en España (só traballan con talleres de confección galegos) o que avala a gran calidade e acabado das súas prendas. Moitas grazas Luisa

 

http://www.mourino.es/web/index.aspx#!/page_verano

 

 

 

 

 

 

 

-          VIRIATO-JEALFER: marca galega de moda feminina recoñecida polo seu bo facer ó longo de máis de 60 anos. Iniciaron unha nova andaina da man doutra marca histórica de calidade, a tamén galega Jealfer, a cal ocupase do deseño, produción e comercialización de VIRIATO dende a súa sede en Boiro, (Jealfer tamén produce a marca Pertegaz). En Viriato seguen apostando polos valores tradicionais da artesanía, experiencia e calidade, cunha produción local que satisfai unha importante expansión internacional.

 

https://viriato.com/viriato/

 

 

 

 

 

 

 

-                                

PISONERO: nace como resultado dun coñecemento profundo do sector e das necesidades do consumidor a través de varias xeracións. Presenta un produto confeccionado enteiramente no ámbito nacional, fresco, moderno e elegante destinado á muller urbana e independente que busca definir o seu estilo a través de deseños que realcen a súa personalidade. Creatividade e calidade nos tecidos e acabados son o seu selo, dándolle exclusividade os seus produtos.

 

https://pisonero.es/?SID=854072f3201bf11efed55aabca3f44e8

 

 

 

 

 

 

-               

TARTARUGA: Durante os derradeiros 10 anos Tartaruga experimentou unha profunda evolución ata converterse nunha creativa colección de autor cun total look diversificado e xenuíno que abrangue dende accesorios, complementos, roupa no segmento Premium Inspirada no sol do Mediterráneo, o Ibiza-style, e tamizado por un refinado boho-chic e cunha impecable manufactura de produto. Tartaruga presenta agora as súas novas coleccións. Vestidos, túnicas e blusas en cores cheos de enerxía e dinamismo: azuis, brancos e rosados, onde os protagonistas son os bordados nas prendas espectaculares, bolsos, clutches e bomboneiras de borlas e bordados, colares de moedas e pompóns, un aluvión de alegría multicolor que inunda as tardes de verán máxicas e as ocasións máis especiais. Tartaruga esta deseñada en España con paixón e fabricada con esmero en talleres especializados mediante técnicas practicamente artesanais e de forma sostible que garantan unha altísima calidade de produto.

https://www.tartaruga.es/es/

 

 

 

 

-                  

MINO MORA:En 1987, nace en Poio (Pontevedra) a firma de moda Mino Mora. Unha firma pensada para unha muller actual, atractiva e natural.

http://www.mino-mora.com/?lang=es

 

Enlaces ao demais episodios:

Capítulo 1

Capítulo 2

Capítulo 3 

Capítulo 5

 

 

 

 

3º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA.

E xa imos nos episodio 3.

 

3º EPISODIO

 3º EPISODIO

 

 

MOMAD

 

1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid

 

XASTRARÍA SERNA

 

 

MUSEO DO TRAXE

 

Aínda que a exposición permanente está pechada por obras, tivemos a oportunidade de poder ir a exposición temporal “¡Extra, moda! O nacemento da prensa da moda en España”. O vindeiro 2 de marzo o museo pechará totalmente, durante polo menos oito meses, as súas portas por mor das obras de reforma para adaptarse ós requirimentos da Inspección Técnica de Edificios (ITE).

A exposición temporal “¡Extra, moda! O nacemento da prensa da moda en España” trata dunha viaxe no tempo que comeza no século XVII coas primeiras publicacións na corte do rei Luis XIV de Francia. Así, vanse albiscando as características das diversas épocas ata chegar a finais do século XIX, cando as revistas dedicadas á moda instaláronse en España.

Pódense ver suplementos coma o Mercure Galant, o primeiro que aparece en Francia no 1672, ou os primeiros números de cabeceiras de moda que aínda mantéñense na actualidade coma Harper’s Bazaar, nacida no 1867, e Vogue, aparecida no 1892, en Estados Unidos.

Con esta travesía ata as orixes das revistas especializadas tamén buscase recuperar a conciencia de como estas divulgacións quixeron moldeala moda e o sentir das mulleres, plasmando concepcións femininas, feministas, educativas…  Tamén destaca a evolución da silueta, o cambio da actitude coa práctica do deporte, a vida social ou a incorporación da muller ó traballo e a súa vida no ámbito doméstico.

A galería completase con figurinos de moda, traxes e outras pezas da colección da pinacoteca xunto con fondos doutras institucións públicas e coleccións privadas.

Sen dúbida, unha magnífica viaxe pola historia da moda.

Aínda que o museo permanecerá pechado, pódese facer unha visita virtual

http://www.culturaydeporte.gob.es/mtraje/visita/visita-virtual.html

 

E tamén podedes interactuar. ¡Probade no seguinte enlace!

https://my.matterport.com/show/?m=SjordFkq2hJ

 

¡¡Asombrádevos con estes traxes que fan historia!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enlaces ao demais episodios:

Capítulo 1

Capítulo 2

Capítulo 4

Capítulo 5

  

 

 

2º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA.

E xa estamos de volta nesta 2ª parte. 

 

2º EPISODIO

 

 

MOMAD

 

1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid

 

XASTRARÍA SERNA

 

 

MUSEO DO TRAXE

 

 

E MÁIS.............

 

 

 

 

PRIMEIRA EDICIÓN DA SUSTAINABLE FASHION WEEK MADRID

 

Impulsada por The Circular Project e gracias o apoio da Asociación de Moda Sostible de Madrid, tivo lugar a semana da moda sostible de Madrid. A Sustainable Fashion Week nace co firme propósito de demostrar que outro xeito de vestir é posible e máis próximo a todos, e á vontade de traballar da man cos profesionais no camiño á sostibilidade. O evento tivo lugar no recinto Talent Garden na rúa Juan de Mariana en Madrid.

 

Agradecemos a Paloma García López, fundadora de The Circular Project e directora da Sustainable Fashion Week Madrid, por facer posible este evento. Tanto os profesores coma os alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda do CIFP Manuel Antonio, aprendemos o importante que é para o planeta que os futuros profesionais, creen unha moda máis sostible, ética, ecolóxica, slow.

 

Nos showrooms puidemos coñecer o traballo de marcas, coñecer ós profesionais que colaboran e traballan impulsando a moda sostible.

 

Asistimos a interesantes charlas onde participaron:

SANNAS – Daniela Pavlova ; AEMME - Víctor Delgado; NURIA NEIRA CONSULTING – Nuria Neira; INMA PEÑATE CONSULTING – Inma Peñate; ANA ROQUERO – Tintureira autora de “Tintes e tintureiros de América”, INES RIR&CO – Artesá Téxtil; PYRATES – Pilar Tejada; TEXFOR - David Allo; PEFC España – Ana Belén Noriega; TEXTIL SANTANDERINA – José Antonio Mazorra

 

Queremos destacar a intervención de Inés de Rir&Co, unha amiga do CIFP Manuel Antonio, xa que dende a charla de emprendemento que deu no CIFP no ano 2017 sempre está colaborando con nós, moitas grazas Inés. https://rirandco.com/ines/

 

 

 

Proxectos sobre moda sustentable que están levando a cabo xóvenes emprendedores que realizan o grado LEINN: 

 

Asistimos ás presentacións dos Proxectos Leinners, son presentacións de proxectos de moda sostible do grao LEINN de TEAMLABS; Hemper, Tu asesoría de Moda, Mist, Vualá, Bee, 12ToFix, Myway, Cherry´s, Sustainable Fashion Week Bilbao.

 

 

 

 BEE. Crearon unha marca de fermosos e elegantes  panos realizados cunha tea de máxima calidade composta de fibras naturais de eucalipto.

 

 

 

 

 

HEMPER. Fabrican bolsos, mochila e  estuche  utilizando as técnicas téxtiles tradicionais e os materiais de Nepal. 

 

 

 

 

MIST. É unha marca de carteiras minimalistas de madeira. Destinan 1 euro para a plantación dunha árbore.

 

 

 

 

MYWAY TACONES VEGANOS. É unha marca de zapatos de tacón fabricados a partir de coirovegano e materiais sustentables.

 

 

 

 

 

SUSTAINABLE FASHION WEEK BILBAO. Estes xóvenes decidiron crear unha comunidade de moda sustentable, para concienciar ó maior número de xente do impacto da moda fast fashion.

 

 

 

 

 

VUALÁ. Reutilizan os tecidos dos parapentes para confeccionar artículos como mochilas.

 

 

 

 

 

 

 

 

DESFILE PASARELA SUSTAINABLE FASHION WEEK MADRID

 

Asistimos ós desfiles nos que participaron as seguintes marcas de moda sostible:

 

THE NORDIC LEAVES, MUNTOZ, AVASAN, FOLK, BICHOBICHEJO, LAS POLLERAS DE AGUS, ABISSI, CAPITÁN DENIM, MS. WORKER, EL NATURALISTA, CANUSSA, SYLVIA CALVO, ACTANDBE, IREMA, LICHIS BLANCOS, CHARLOTTE HOUMAN, DESFILE COLECTIVO, THE CIRCULAR PROJECT, TORITAS, THE CANVAS BY QUERENCIA – NY

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Queremos destacar a intervención de Inés de Rir&Co, unha amiga do CIFP Manuel Antonio, xa que dende a charla de emprendemento que deu no CIFP no ano 2017 sempre está colaborando con nós, moitas grazas Inés. 

https://rirandco.com/ines/

Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que ademais dos showrooms e das charlas como a de Inés de Rir&Co, puidemos asistir á 1ª Pasarela Sustainable Fashion Week Madrid, e asistir ás presentacións de proxectos de moda sostible do grao LEINN de TEAMLABS. Estamos moi agradecidos por asistir á primeira edición da Sustainable Fashion Week Madrid.

Enlaces ao demais episodios:

Capítulo 1

Capítulo 3

Capítulo 4

 

Capítulo 5

 

 

1º EPISODIO DA VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA PARA ASISTIR A IMPORTANTES EVENTOS DA MODA.

Ola a todos e a todas. Imos contar a experiencia que viviron os compañeiros do Ciclo Superior de Patronaxe e moda na súa excursión a Madrid os días 6, 7, 9 e 9 de Febreiro acompañados polos seus profesores, Juan Prieto González e Iria García Lema.

Anticípovos que viviron unha experiencia moi intensa chea de visitas e eventos, desfiles, exposicións........É por iso que fixemos unha distribución desta historia inesquecible en 5 episodios.

 

Velahí o primeiro. ¡Que afortunados!. ¡Quen puidera estar alí!

 

1º EPISODIO

 

 

MOMAD

 

1ª Pasarela sustainable Fashion Week Madrid

 

XASTRARÍA SERNA

 

 

MUSEO DO TRAXE

 

 

E MÁIS.............

 

 

 

 

VIAXE A MADRID DO CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA Á FEIRA DA MODA DE MADRID “MOMAD”, XASTRARÍA SERNA, 1ª PASARELA SUSTAINABLE FASHION WEEK MADRID E MUSEO DO TRAXE

 

Os pasados días 6,7,8 e 9 de febreiro do ano 2020, os alumnos de 1º e 2º do C.S. Patronaxe e Moda, xunto cos mestres Iria García Lema e Juan Prieto González, foron partícipes dunha Actividade complementaria á formación perfecta, xa que aprenderon o xeito de traballar dun xastre nunha xastraría artesanal, historia da moda no museo do traxe, comercio e tendencias na feira da moda de Madrid“MOMAD”e moda sostible no recinto Talent Garden de Madrid.

Podedes ver máis detalles desta ACF no instagram do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda do CIFP Manuel Antonio

https://www.instagram.com/patronaxemoda/?hl=es

A aventura comezou as 06:35 da mañá, momento no que emprendeu voo o avión de Iberia dende o aeroporto de Vigo con destino Madrid o xoves 6 de febreiro. Sobre as 07:50 chegaron ó aeroporto de Madrid para ir rumbo os apartamentos Pierre & Vacances Eurobuilding 2 na calle Ourense para deixar a equipaxe.

 

 

Chegada ó aeroporto de Madrid

 

 

 

Apartamentos Pierre & Vacances Eurobuilding

 

 

 

XASTRARÍA SERNA

Logo de deixar a equipaxe nos apartamentos foron en metro para ir a Xastraría Serna. É unha das xastrarías máis antigas de España, pero, o mesmo tempo, ten un dos xastres máis xóvenes, Agustín García. Agustín é a terceira xeración desta prestixiosa xastraría. El, coa axuda de Lucía Serrano, están cambiando a forma na que se percibe a profesión en España, mediante unha re interpretación que están levando a cabo do tema, os traxes clásicos e a súa especialidade, os uniformes militares, onde a Xastraría Serna é unha referencia nacional. Están en posesión do selo de calidade A de xastraría artesanal da Asociación Española de Xastraría para garantir que os seus traxes están ben elaborados.

Ó entrar na xastraría xa chama a atención o culto á elegancia, incluso a súa mascota, un galgo que se chama “CRAN” é elegante. Agustín explica o proceso para facer un traxe a medida seguindo os tres piares fundamentais, BESPOKE (o traxe adaptase ós desexos e idea inicial do cliente), ASESORAMENTO (Comezando pola elección do tecido, que variará segundo o acto para o cal esta pensado ou a tempada na que nos atopamos, pasando por definir e adaptar o estilo que máis lle pode favorecer segundo as súas características físicas, gustos ou preferencias e a combinación cos distintos complementos), PROFESIONALIDADE (supón un novo reto e unha oportunidade para sorprender cun traballo sobrio e preciso). Explica como escoller o tecido, como distinguir as diferentes calidades dos tecidos. Logo toma e anota as medidas a un dos alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda para despois comezar co trazado dos patróns dunha chaqueta directamente no tecido para posteriormente cortalo, todo isto acompañado de explicacións aclaratorias de por que facelo dunha forma e non de outra en función do cliente ou do tecido. Despois, Lucía, lévanos ó taller onde primeiro pasa fíos frouxos para marcar as liñas de construción. Escolle a entretea máis axeitada, e corta estas cos plastróns que servirán de estrutura da chaqueta. Dependendo do plastrón, a chaqueta será máis ou menos armada. Para manter estas capas de tecidos unidas, hai que picalas a máquina cun zig-zag ou a man se o plastrón é máis brando. Para rematar, empregando a prancha, coa axuda dunha madeira, fai o reentrado da entretea para darlle á prenda os volumes do corpo humano. Logo de facer o reentrado hai que “sumir” ou eliminar o exceso de tecido. Ó final, baixo a mirada da imaxe que teñen nun cadro na xastraría de San Homobono, patrono dos xastres, e, o cabo de dous ou tres meses, despois de facer tres probas, con moita mestría e destreza, con moito tempo e moita paciencia, conséguese a chaqueta rematada para entregar ó cliente.

Moitas gracias a Agustín e Lucía por darnos unha masterclass de Xastraría artesanal magnífica.

http://sastreriaserna.com/

 

 Elección entre diferentes calidades de tecidos

 

 

 

O xastre Agustín García toma e anota as medidas a Juan.

 

 

 

 

Despois fai o trazado dos patróns dunha chaqueta directamente no tecido como podedes apreciar.

 

                                                         

Agustín está a levar a cabo o corte das pezas que compoñen a chaqueta.

 

 

Nos taller da xastrería puidemos ver os distintos procesos para a confección da chaqueta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os traxes clásicos é a especialidade desta xastrería xunto cos uniformes militares. Aquí podedes apreciar a beleza e elegancia  deste uniforme militar de gala. Hoxe en día moitos  noivos decántanse por utilizar traxes militares para vestir no día da súa boda. Recoméndovos que lle votedes un vistazo á súa páxina web.

 

 

Recordo inesquecible desta visita a Xastrería Serna con Agustín García, lucía Serrano e “CRAN”, este fermoso galgo que é a mascota da xastrería que se quere despedir do grupo.

 

 

 

DE SEGUIDO VOTÁDELLE UN OLLO O EPISODIO 2. SE VOS GUSTA O MUNDO DA MODA, NON PODEDES DEIXAR DE MIRALO.

 

¡¡¡DEICA AGORA!!!

 

Enlaces ao demais episodios:

Capítulo 2

Capítulo 3

Capítulo 4

Capítulo 5

 

 

 

Distribuir contido