Blog de Téxtil

Exposición de Moda- Vestir Épocas

Vestir Épocas

Colección de González-Moro

 No Museo de Belas Arte de A Coruña

Do 1 de outubro 2020 ao 30 de marzo de 2021

 

VESTIR ÉPOCAS, unha exposición monográfica sobre a evolución da moda que tratará de achegar á cidadanía os usos e costumes asociados aos séculos XIX e XX poñendo en diálogo e relación as distintas vestimentas, traxes e pezas de indumentaria coa súa iconografía e a súa época.

 
A exposición componse de máis de 300 obras da prestixiosa colección de Ana González Mouro que abarcan 100 anos de creación téxtil, desde 1860 a 1960. Trátase dunhas pezas que reflicten os actos das xentes e da sociedade da Galicia da época e que permiten establecer unha relación entre a idealización da arte e o realismo da roupa.
Precisamente, a disposición das pezas da mostra realizarase a través dunha pasarela que introducirá aos visitantes nas diferentes salas.
 
 
Realizada baixo a dirección do Museo de Belas Artes, a mostra estará comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar e o especialista en moda Román Padín. Será a primeira exposición dedicada de forma monográfica a esta temática neste espazo e espérase que abra ao público desde este mes de outubro e ata marzo do 2021. Do mesmo xeito, o Museo de Belas Artes programará toda unha serie de actividades ao redor da exposición como visitas guiadas, conferencias e outras actividades dirixidas ao público xeral e familiar e atendendo ademais á diversidade cultural.
 
 
 

I Congreso Internacional de Balenciaga

El pasado 1 y 2 de octubre se desarrolló el primer congreso sobre Balenciaga, en el mismo museo que lleva su nombre.

 

Con motivo de la conmemoración, este año 2020, del 125 aniversario del nacimiento del Maestro de la alta costura.

 

Este congreso fue grabado íntegramente, donde podréis descubrir curiosidades de sus trajes, su forma de vestir, sus relaciones sociales... todo para acercarnos a la figura de este gran creador.

 

XVII CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA en Vila Verde (PORTUGAL)

XVII CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA en Vila Verde (PORTUGAL)

 

 

 

O pasado día 14 de febreiro de 2020, día dos namorados, tivo lugar a GALA NAMORAR PORTUGAL, XVII CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA en Vila Verde

Vila Verde é a terra onde o amor acontece e onde se celebra o San Valentín dun xeito moi especial. Nesta noite romántica, o 14 de febreiro, o Parque Industrial de Gême recibe a centos de parellas namoradas e varias celebridades nacionais para unha velada chea de maxia, sentimento e glamour, a Gala Namorar Portugal.

 

Cea romántica, decoración especial para o día, exhibicións de bordados en directo, desfile de moda e espectáculos de música en vivo...... 

 

O CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DA MODA é o evento máis importante da programación "FEBREIRO, MES DO ROMANTICISMO" está organizada polo Municipio de Vila Verde, co apoio da Aliança Artesanal - Lenços Namorar Portugal.

 

A nosa ex-alumna do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda, Maite Sueiro Hermida participou no concurso. Presentou un precioso vestido. Trátase dunha peza feita totalmente a man con moito amor. É un deseño sinxelo que combina a fermosa esencia dos panos de namorar coas cores vivas que caracterizan Portugal.

 

 

Este vestido presenta un escote palabra de honra, sen ombros e con goma. Conta cun volante na parte superior, rematado cunhas ondas bordadas no baixo de cor vermella. A parte inferior combina estampado con pintura e bordados e presenta tamén ondas no baixo. Ten un lixeiro evasée o longo e un pouco por enriba do xeonllo. O vestido, ademais, está forrado no seu interior.

O tecido principal é un popelín de algodón, nembargantes o tecido do forro é un tafetán de poliéster de brillo sedoso, ámbolos dous en cor branca.

 

O outfit vese complementado por unha diadema de tea feita a man, uns zapatos de cor vermella e un orixinal bolso encarnado, con forma de corazón con detalles metálicos.

A pesares que non levou ningún dos premios xa que o nivel foi moi alto, Maite gozou moitísimo da experiencia. Maite cóntanos que estivo moi interesante, aprendeu moito, e tamén disfrutou xa que ademais do desfile, a Gala incluía actuacións musicais, exhibicións de bordado en directo, ademais da cea. Estivo XENIAL¡¡¡

 

As nosas felicitacións Maite, de parte da familia téxtil do CIFP Manuel Antonio.

 Velaquí temos á Maite Sueiro Hermida, a protagonista desta publicación e autora dese precioso deseño.

 

 

 

Os gañadores desta edición 14 febreiro 2020 foron:

1º Prémio: Cátia Rascão

2º Prémio: Escola Secundária de Vila Verde

3º Prémio: Paula Neves (Atelier Horas a Fio)

Prémio do Público: Maria Conceição Silva

Prémio Jovem Revelação: Oriana Valentina Quinteiro (Escola Secundária Marques de Castilho – Agrupamento de Escolas de Águeda)

Prémio Nortempresa: Fernando Rei

Prémio Impacto Visual: Orlando Ventura

Prémio Delta: Mariana Martins (CEARTE)

Prémio BMCar: Sérgio Sá

Prémio Best Fit: Ana Sousa, Diana Ferreira, Diogo Ferreira, Carlos Carvalho e José Ferreira (Escola Profissional de Felgueiras)

 

Máis información do evento:

 

http://namorarportugal.pt/pt

 

EDUGAL Pontevedra 2020

EDUGAL Pontevedra 2020

 

 

 

Un ano máis, e con este xa son 9, lévase a cabo o Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia que se celebrou no Recinto Feiral de Pontevedra do 12 ó 14 de Febreiro.

Neste evento danse a coñecer diferentes alternativas de estudio ao alumnado de ensinos medios.

 

A entidade organizadora deste evento é a Asociación  da Pequena e Mediana Empresa (AEMPE) cuxo obxectivo é servir de ponte entre a formación e a vida laboral.

 

 

Alí estiveron os alumnos de 2º curso do Ciclo de Confección e Moda acompañados da súa profesora Raquel Álvarez que levaron a cabo distintos obradoiros. Un deles, e que chamou moitísimo a atención dos visitantes, é o taller de tintura de prendas.

Está de plena actualidade a técnica de tintura con nudos, técnica que se coñece como “tie-dye”.

 

Moitos e moitas visitantes achegáronse ó stand para coñecer como se leva a práctica esta técnica de tinguidura.

Os nosos alumnos de téxtil levaron unhas bolsas de tea fermosas confeccionadas por eles mesmos en colaboración co grupo de ZM modular ás cales foron sorteadas entre os visitantes que se acercaron ó stand, “despois de ser sometidas ó proceso de tingidura”.

¡Bo detalle pola vosa parte!. Seguro que quedaron encantados.

 

E alí estaban os alumnos dando mostra das súas habilidades como podedes ver nestas fotos.

 

Nesta foto atópanse Miriam, Uxía Táboas e Pablo metidos en plena tarefa sumerxindo as bolsas de tea no colorante. Vese que están ledos amosando óas visitantes a técnica de "tie-dye".

 

Aquí, de esquerda a dereita, Natalia, Candela e Ruth dan mostra das súas habilidades nesta técnica de tinguiduría a cal forma parte dos procesos de acabados das prendas.

 

 

Se observades, nestas fotos podedes ver expostas camisetas realizadas polos alumnos. Aplicaron estas técnicas e cada unha ten un deseño único e persoal. Están de moda, e tamén os bolsos que se poden ver pendurados detrás.

 

 

 

Foron expostos no stand unha mostras de prendas confeccionadas polos distintos ciclos de téxtil: Ciclo Medio de Confección e Moda; ZM (modular) de Confección e Moda e Ciclo Superior de Patronaxe e Moda.

 

Podedes ver a exposición de distintas prendas de roupa de distintos estilos e para diferentes ocasións. Tania amosa a exposición ós visitantes.

 

 

 

 

Como podedes observar, tamén foron expostos traballos de tapicería do grupo de Formación Profesional Básica de Tapizaría e Cortinaxe do Manuel Antonio.

Pódenser apreciar estilos moi diferentes. Por un lado un sillón restaurado con terciopelo verde con un toque de estampado. 

Tamén se pode ver o sillón de dentista restaurado con pel de cor crúa.

E esa mesa baixa redonda tapizada con cores chamativas.

 

 

 

No stand de textil atópanse Uxía Martínez e Tania para acoller ós visitantes e explicalles a exposición.

Tamén dan información sobre os ciclos téxtiles no Manuel Antonio.

 

Visita á empresa de Tapizaría Candal e ó Museo do Pobo Galego.

ALUMNOS DE TAPIZARÍA

 

Visita á empresa de Tapizaría Candal e ó Museo do Pobo Galego.

 

 

 

O pasado día 18 de Febreiro os alumnos de primeiro e segundo curso de Tapizaría foron de excursión acompañados por as súas profesoras Begoña Álvarez, Isabel Iglesias e Luz Raposo.

 

Empezaremos falando da visita a Tapizaría Candal, pero primeiro vouvos comentar que esta empresa xa leva unha longa traxectoria profesional.

Foi fundada por Jose Antonio Candal Vieites no ano 1978 no municipio de Ordes. Hoxe en día forman parte do equipo de traballo o seu fillo Pablo e a muller deste, Begoña. Non soamente traballan a nivel nacional, se non que  gran da actividade productiva desta empresa vai destinada á exportación. Un gran número de clientes son extranxeiros.

 

Convídovos a que visitedes a súa páxina web e observedes vós mesmos a calidade dos traballos que realizan. A min impresionoume ver o tapizado en pel dos asentos,  as portas  e o teito dun coche tan mítico como é o Jaguar.

 

 Aparte do tapizado de butacas, cabeceiros de cama, etc, poderedes ver imaxes do proceso de tapizado dos asentos dun BMW. Paga a pena velo.

 

Tiveron sorte os alumnos de Tapizaría de poder visitar a empresa. Quizá no futuro algúns destes alumnos teña a sorte de traballar na Tapizaría Candal.

 

Según comentan as profesoras, os alumnos manifestan ter un grande interese en traballar nesta empresa o que quere dicir que quedaron encantados de facer esta visita.

 

http://www.tapiceriacandal.com/

 

 

Esta é unha das mellores fotos que sacou o grupo nesta viaxe. Aquí posan contentos os alumnos e as profesoras con parte do equipo de traballo da Tapizaría Candal.

 

 

 

 

 

 

 

Pablo candal explica o proceso de traballo na empresa e responde ás preguntas que lle fan os alumnos que se amosan moi interesados nas explicacións.

 

 

 

 

 

 

 

Jaime e Mario ofrécense a realizan unha operación nunha máquina industrial. Os nosos alumnos teñen un grande interese por probar as novas máquinas que se están a utilizar neste sector. 

A máquina que están a utilizar é unha troqueladora neumática para forrado de botóns seguindo as orientacións de Pablo Candal.

 

 

 

 Temos que agradecer á Tapizaría Candal a acollida que brindaron ós nosos alumnos. Foron moi amables e contestaron a todas as preguntas que lles fixeron. Foi unha gran experiencia para eles pois puideron observar os procesos de tapizado dentro da empresa.

 

 

 Os alumnos quedaron entusiasmados e manifestaron que lles encantaría formar parte do equipo nesta empresa cando rematen os seus estudios.

 

 

 

 

Xa se atopan en Santiago. Nesta foto posa parte do grupo acompañados da profesora Luz. Toman un descanso antes de ir visitar o museo. Vense moi alegres nunha actitude moi simpática. Nótase que o están pasando ben desta viaxe.

 

 

 

 

 

Aquí se atopan posando na entrada do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

 

Posan de esquerda a dereita Miguel, Carmen, Lara, Mario,Tai, Kevin, Clara, Jaime e Alex acompañados das profesoras Isabel e Begoña.

 

 

Aquí podedes ver mellor ós vosos compañeiros. Posan moi contentos.

 

 

Foi interesante para os alumnos descubrir as orixes do Pobo Galego. Quedaron abraiados cando descubriron moitos obxectos que xa non se usan e que eles nunca tiveron ocasión de ver, pero si os seus avós.

 

 

 

 

 

 

 

Quedaron admirados os alumnos e decidiron posar Lara, Tai, Carmen e Miguel na emblemática triple escaleira helicoidal que forma parte do museo pois é un elemento singular dentro do patrimonio arquitectónico de Santiago de Compostela.

 

 

 

 

Foi unha experiencia enriquecedora tanto a nivel educativo como cultural.

 

 

Gracias rapaces por compartila con nós. ¡Houbéranos gustado estar alí!

 

 

 

 

Distribuir contido