PREMIOS DEMO DAY 2020-2021 "DEPOEMPRENDE NA FP"

A Deputación de Pontevedra entrega os premios Demo Day, cuxo obxectivo é promover o lanzamento de proxectos emprendedores impulsados polos estudiantes de formación profesional, tanto de ciclo medios coma de ciclos superiores, a través dun proceso participativo, competitivo e secuencial que permite identificar e apoiar proxectos cun potencial desenrolo.

 

Nesta xornada Demoday, os participantes dos nove proxectos finalistas presentados ó concurso por parte de seis centros de la provincia, entre eles o CIFP Manuel Antonio, deron a coñecer as súas propostas, todas elas inclusivas e respectuosas co medio ambiente, no acto celebrado no salón de plenos do Pazo Provincial de Pontevedra.

 

Neste curso 2020-2021 en DepoEmprende na FP participaron seis centros de formación profesional da provincia e 225 estudantes, que chegaron a traballar nun cento de proxectos.

 

A nosa alumna do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda Paloma Ugarte García obtivo o segundo premio, de 500 euros, na que presentou unha marca de roupa sostible baixo a firma Paloma Ugarte. Paloma axuda a persoas que, sen ter coñecementos previos no sector téxtil, queiran crear as súas prendas dende as súas casas sen renunciar a ir á moda. Consígueo a través dunha elaboración de kits con todo o preciso para crear unha prenda propia e converter as ideas de deseño dos clientes en realidade tanto en tecido como en lá. Estes kits chámanse “Sew it Yourself” coseo ti mesmo e “Knit it Yourself” téceo ti mesmo. Constan de patrón escalado do talle solicitado comprendido entre os talles 38 a 46 (pódense ampliar os talles), ilustración ou fotografía do deseño a realizar, os materiais necesarios para a súa elaboración, conceptos básicos do sector como que é un piquete e para que se emprega...., que é un patrón, un trade..., recomendación na elección dos tecidos ou da lá tendo en conta a sostibilidade, e unha lista de fases para a confección da prenda acompañada de explicacións e ilustracións.

 

Noraboa Paloma por este premio tan merecido, moi boa idea e moi bo traballo.

 

O proxecto "depoEMPRENDE na FP" ten como reto que o alumnado, a través dunha metodoloxía de ensino-aprendizaxe, realice o estudo e a elaboración dun proxecto empresarial. Cada un dos centros educativos participantes, ao finalizar este, deberá realizar a presentación daqueles proxectos seleccionados no acto final Demo Day. No seguinte enlace podedes ver a exposición de Paloma no canle Youtube. A exposición de Paloma comeza no minuto 54 e remata no minuto 1h:02

 

 

Como apoio para a súa presentación, Paloma empregou unha blusa feita por ela para o seu proxecto de emprendemento.

 

 

Enlaces ás noticias publicadas sobre os premios

 

Deputación de Pontevedra:

 

https://www.depo.gal/web/edepo/-/directo-presentacion-demo-day

 

Pontevedra Viva:

 

https://pontevedraviva.com/xeral/73944/deputacion-emprendemento-demoday-depoemprende-premios/

 

Comarcas na Rede:

 

https://www.comarcasnarede.com/e-noticia/a-deputacion-reconece-o-talento-da-mocidade-da-fp-da-provincia-na-entrega-dos-premios-depoemprende/

 

Xornal de Vigo e comarcas:

 

http://xornaldevigo.gal/vigo-e-contorna/68448-a-deputacion-reconece-o-proxecto-dun-centro-de-vigo-nos-premios-depoemprende-na-fp/

 

Faro de Vigo:

 

https://galego.farodevigo.es/pontevedra/2021/04/15/demoday-premian-talento-joven-fp-48382354.html