Proxecto de Ciclo Superior: Meru Patterns

O PROXECTO DE MELANIE

Tras observar o crecente interese pola confección na casa, en gran parte causado polo emprego das novas tecnoloxías que permiten aproximar o noso oficio dunha forma sinxela e interactiva mediante vídeos explicativos, titoriais en blogs…etc., o afán do consumidor polo único, o exclusivo e ademais creado coas súas propias mans, fixo que a Melanie ocorréselle a idea de crear unha marca “Meru Patterns” para a creación dende cero de todo tipo de patróns (Saias, pantalóns, camisas, abrigos, bolsos e demais complementos) distribuídos de forma online a través da súa páxina web, onde se van subindo patróns xunto cunha guía de montaxe, un vídeo onde se explica dun xeito moi sinxelo toda a confección do deseño e un pequeno anexo onde recoméndanse os tecidos máis axeitados para a confección do modelo.

O principal obxectivo do proxecto de Melanie a través de “Meru Patterns”, é proporcionar todo tipo de patróns e crear unha gran galería online para que calquera persoa poida ter acceso a eles para logo que cada quen poida cortar e confeccionar na súa casa calquera deseño dun xeito sinxelo.

Melanie presenta un vestido liña A de longo ata o chan feito en Piqué Waffle e Tul. Este vestido combina partes en tul coma a peza dianteira superior, as mangas de media lúa cosidas ó corpo con costura francesa e o volante do peito. As outras partes do vestido, en conxunto o piqué e o tul, formando o corpo do vestido. A peza en piqué ten un longo ata o xeonllo namentres que o tul é máis longo e chega ata o chan. No dianteiro o escote é barco, en cambio, nas costas cae en pico, ámbolos dous rematados cun vivo de tul e pespunte. O escote
está rematado polo seu interior cunhas vistas entreteadas e o resto da prenda cun forro de longo ata o xeonllo coma o tecido de piqué exterior. O volante superior vai por todo o dianteiro, polo baixo da manga de media lúa e polas costas, vai fruncido e ten un ancho de 9cm. O baixo do vestido en tul e o volante da parte superior do vestido, van rematados coas ondas que tiña xa o tecido de por si. Petos nas costuras dos costados a 4cm por baixo da cintura.