O PROXECTO: AnotheR UniversE

 O PROXECTO DE SANDRA MARIÑO

Os gustos persoais de Sandra M., na hora de vestir, van máis polo estilo alternativo, coma o gótico, no que lle encanta somerxerse nos vestidos vitorianos longos escuros, con moitos detalles no seu corsé, cun aire de romanticismo ou de bruxería, tal como se inspira a ilustradora Victoria Francés. Tamén outros coma o grunge, emo; aínda que, decántase máis polo estilo urbano xaponés, no que tamén atópanse moitas sociedades diferentes, coma por exemplo: o visual kei, o cosplay, Lolitas (goth lolita, classic lolita, sweet lolita,...), etc. É dicir, estilos que no noso país son minoritarios, no que o factor da compra en liña (online) é chave para poder comprar roupa destes estilos. A maioría destas marcas pertencen a outros países, ou traballan a un nivel industrializado no que o tallaxe é moi pouco variado, facendo que (en parte) a algúns compradores teñan unha “pequena” sensación de inseguridade o mercar online. Outro factor que Sandra M. ten en conta é, a contaminación. Cada vez estamos máis concienciados no tema, pero aínda así o comercio online cada vez é máis grande. Con isto, Sandra quere poder apoiar o comercio (a ser posible) a nivel nacional, para así reducir custes de emisión de CO2 polo transporte.

 

A proposta de Sandra M. é AnotheR UniversE, “outro universo”. Elaborou o proxecto e defendeuno en galego. Esta idea emprendedora xorde dunha necesitade tanto propia, como a de darlle a este público unha oportunidade máis de atopar o que queren e que estea preto deles, polo menos, a nivel nacional. Será adicado ós xéneros da moda alternative fashion, no que vai máis centrado ás tribos urbanas coma o gótico vitoriano, urbano, cosplay e lolitas. Por outra banda, a personalización de prendas para este xénero ou colaborar con algún artista local ou nacional (de ilustración con inspiración manga) que sexa seguidor destes xéneros para crear deseños novos para complementos, camisetas ou abrigos. Tamén dar a oportunidade de facer roupa a medida e de axustar algunha medida no tallaxe da prenda a través da tenda online ou física.

 

O seu slogan é “Be Yourself” ( “se ti mesmo”).

 

Presenta un conxunto formado por unha blusa e unha saia fruncida con corsé aberta no centro dianteiro. O corsé ten peche con botóns e varillas de 1cm nas costas e de 0’5cm nos demais cortes colocadas no forro. O cruce no dianteiro traspasa un sobre o outro. Os picos que ten o corsé no frontal, adornan e danlle forma e, só son exteriores, pola parte de dentro (forro) vai recto. Baixo rematado con puntada invisible a man. Nas esquinas do baixo van rematadas e pechadas a máquina facendo inglete nos picos e peche da vista. Petos simples. A etiqueta coa razón social e coidado do tecido van na parte de dentro enganchado ó corsé no centro traseiro.

 

A blusa vai abotoada no centro dianteiro, manga xaponesa, volante con pregues cortado noutro tecido facendo contraste, rematado cun encaixe no escote. Escote rematado con vistas interiores entreteadas.