Taboleiro

 

Prazos do proceso de admisión nos centros (Réxime ordinario e adultos)

Presentación da solicitude:

Deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade e grao, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en

https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.

Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique

que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP

sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

 

 

<<<< Ver formato Ampliado >>>>

FPBásicaSkills 2022. Carpintaría e moble no CIFP Ferrolterra

Comenzou o 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, coa competición de Carpintaría e moble.

No CIFP Ferrolterra 13 alumnos e alumnas de FP Básica de 8 centros educativos porán a proba as súas habilidades.

Máis información:

1ª Xornada do Congreso de Innovación Educativa e Dixital (Dixinnova 2022)

Uns 700 docentes asistiron este martes a diversas conferencias sobre innovación

e dixitalización no ámbito educativo na primeira xornada do I Congreso de Innovación

Educativa e Dixital ' Dixinnova 2022', no que 23 centros presentaron os seus proxectos

sobre cuestións como a robótica ou a impresión 3D.

 

 

<<< Mais información da noticia en galiciapress.es >>>

<<<  Video do evento na TVG >>>

 

Proxecto Aulas saudables no CIFP Ferrolterra

A situación de pandemia motivada pola COVID-19 está a xerar a necesidade de ventilar os espazos cunha frecuencia maior do que se facía ata o de agora. 

Por este motivo dende o CIFP FERROLTERRA  fixemos dous prototipos  de baixo custo  que case calquera podería facer para a súa casa, aula ou local.

Toda a información do proxecto e descargable e esta a vosa disposición nos repositorios de github.com

 

             Medidor low cost de CO2     

                                              Detector basico CO2 low cost

 

   

              Medidor de CO2 con LCD

                                      Detector CO2  con LCD

 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2022

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Prazo de inscrición: do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

Curso 21-22 CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS e comezo de clases Setembro 2021

Curso 21-22 CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS e comezo de clases Setembro 2021 

<<<<  Prema aquí para ver en formato PDF  >>>>

 

 

 

 

!!!!! Unha Vacante no CS de Deseño e Fabricación Mecánica Urxente ¡¡¡¡¡¡¡

  "1 Vacante de FP Dual CS de Deseño e Fabricación Mecánica ( CT Ingenieros)"

  • Proba de selección o lúns dia 13 de setembro as 12:15
  • Salon de actos do CIFP Ferrolterra
  • Interesados deberan traer unha calculadora e masi o CV Europass