Skip to Content

Administración

Información pagos

 

 

 

 

PAGOS DO INTERNADO CRV

 

Resumo dos pagos.

 

A continuación relaciónanse os diferentes cargos que se van realizar e normas a seguir para o pago da residencia:

 

.- A cuota mensual é de 250,00€ cargados por adiantado aproximadamente sobre o día dez de cada mes. Este importe será cargado cada mes, independentemente dos días lectivos que teña, salvo nos meses de setembro, e xuño que se cobrará a metade (125,00€).

 

.- Cobrarase unha fianza do importe dunha mensualidade, 250,00€ que será devolta na súa integridade unha vez comprobado o correcto uso das habitacións e instalacións. Esta fianza será cargada na primeira mensualidade que se cobre e a súa devolución farase a finais de xuño.

 

.- Todos os pagos realizaranse por domiciliación bancaria e no caso de gastos por devolución de recibos serán por conta do residente.

 

.- As baixas deberán cubrir o anexo XIX cun mes de antelación entregando este na secretaría do centro.

 

TÁBOA DE RELACIÓN DOS PAGOS.

 

MES

IMPORTE

RÉXIMEN PRESENCIAL

Data aproximada de cargo

Setembro

Fianza: 250€ ½ Mes:120€

TOTAL: 360,00€

3/10/2022

Outubro

250,00€

10/10/2023

Novembro

250,00€

10/11/2023

Decembro

250,00€

10/12/2023

Xaneiro

250,00€

10/01/2024

Febreiro

250,00€

10/02/2024

Marzo

250,00€

10/03/2024

Abril

250,00€

10/04/2024

Maio

250,00€

10/05/2024

Xuño

125,00 €. Este importe non se cargará e descontarase na devolución da fianza.

Fin de xuño devolución de fianza. Farase un ingreso na conta bancaria do alumnado de 125€ en concepto de: 250 Fianza –125 € mes de xuño.

 

 

 

.-Devolución da Fianza: A finais de xuño devolverase a fianza. Farase un ingreso na conta bancaria do alumnado de 125 euros en concepto de 250 euros – 125 euros mes de xuño. No caso de que algún alumno se dera de baixa a devolución farase tamén neste mes de xuño.

 

Para calquer dúbida, aclaración ou suxerencia, quedamos a vosa disposición. Agradecendo a vosa decisión de utilización do internado, recibide un cordial saúdo.

 

 

 

En Vilamarín 10 de xuño de 2023

 

A Directora

 

 

 

Asdo.: Eva Fachado Rubio

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut