PAGOS DO INTERNADO CRV
Resumo dos pagos.
A continuación relaciónanse os diferentes cargos que se van realizar e normas a seguir para o pago da residencia:
.- A cuota mensual é de 250,00€ cargados por adiantado aproximadamente sobre o día dez de cada mes. Este importe será cargado cada mes, independentemente dos días lectivos que teña, salvo nos meses de setembro, e xuño que se cobrará a metade (125,00€).
.- Cobrarase unha fianza do importe dunha mensualidade, 250,00€ que será devolta na súa integridade unha vez comprobado o correcto uso das habitacións e instalacións. Esta fianza será cargada na primeira mensualidade que se cobre e a súa devolución farase a finais de xuño.
.- Todos os pagos realizaranse por domiciliación bancaria e no caso de gastos por devolución de recibos serán por conta do residente.
.- As baixas deberán cubrir o anexo XIX cun mes de antelación entregando este na secretaría do centro.
TÁBOA DE RELACIÓN DOS PAGOS.
MES |
IMPORTE RÉXIMEN PRESENCIAL |
Data aproximada de cargo |
Setembro |
Fianza: 250€ ½ Mes:120€ TOTAL: 360,00€ |
3/10/2022 |
Outubro |
250,00€ |
10/10/2023 |
Novembro |
250,00€ |
10/11/2023 |
Decembro |
250,00€ |
10/12/2023 |
Xaneiro |
250,00€ |
10/01/2024 |
Febreiro |
250,00€ |
10/02/2024 |
Marzo |
250,00€ |
10/03/2024 |
Abril |
250,00€ |
10/04/2024 |
Maio |
250,00€ |
|
Xuño |
125,00 €. Este importe non se cargará e descontarase na devolución da fianza. |
Fin de xuño devolución de fianza. Farase un ingreso na conta bancaria do alumnado de 125€ en concepto de: 250 Fianza –125 € mes de xuño. |
.-Devolución da Fianza: A finais de xuño devolverase a fianza. Farase un ingreso na conta bancaria do alumnado de 125 euros en concepto de 250 euros – 125 euros mes de xuño. No caso de que algún alumno se dera de baixa a devolución farase tamén neste mes de xuño.
Para calquer dúbida, aclaración ou suxerencia, quedamos a vosa disposición. Agradecendo a vosa decisión de utilización do internado, recibide un cordial saúdo.
En Vilamarín 10 de xuño de 2023
A Directora
Asdo.: Eva Fachado Rubio