Skip to Content

Títulos

TARIFAS TITULACIÓNS VIXENTES 2024

VER ADXUNTOS : TARIFAS TÍTULOS LOXSE E TARIFAS TÍTULOS LOE.

 

PAGO DE TAXAS PARA EXPEDICIÓN DE TÍTULOS 2023

 

MODELOS E FORMAS DE PAGO DE TAXAS PARA A EXPEDICIÓN DE TÍTULOS ACADÉMICOS   “LOE”

ANTES DE FACER O PAGO DUNHA TAXA PARA A EXPEDICIÓN DUN TÍTULO ACADÉMICO, CONTACTA CO CENTRO PARA ASEGURARTE DE QUE PROCEDE O DEVANDITO PAGO

MODELO A

Impreso autocopiativo de pago que aínda poden dispor deles oficinas bancarias autorizadas e nalgunhas secretarías dos centros de estudos respectivos.

O procedemento neste caso é totalmente PRESENCIAL

MODELO A1

Impreso que se descarga da web http://ovt.atriga.gal/ 

Procederáse a facer o pago de xeito PRESENCIAL como no MODELO A

MODELO 731

Cúbrense os datos do impreso na web http://ovt.atriga.gal/  e logo de imprimilos, o pago PRESENCIAL faise como no MODELO A

MODELO 730

Pago telemático puro (cúbrense os datos por internet http://ovt.atriga.gal/  e faise o pago via telemática). Neste caso, unha vez feito o pago telemático o navegador descargará o xustificante MODELO 730 e logo deberá presentalo na secretaría do seu respectivo centro docente.

Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do MODELO 730, a aplicación xerará un “RECIBO DO PAGO CON TARXETA”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Con os datos deste recibo, terán que volver a aplicación e xerar o MODELO 730 que será o que entregarán.

 

Para facer o pago da taxas do título, de forma telemática:

  • “O servizo de pago telemático de taxas e prezos é unha aplicación web integrada na OV Tributaria” (Oficina Virtual Tributaria).
  • O servizo de pago telemático de taxas permite realizar a autoliquidación de taxas e prezos no ámbito da CCAA de Galicia. Poderá realizar a xestión por vía telemática ou presencial”.

 

Podes consultar toda a información relativa ás tarifas vixentes para o ano 2023, así como os códigos necesarios para cumprimentar o modelo de pago de taxas nos anexos adxuntos.

Se tes calquera dúbida, contacta co centro educativo (988 68 50 50), en horario de 09:00 a 14:00 h.

Información das Taxas dos títulos 

 Códigos das Taxas

Distribuir contido


by Dr. Radut