Skip to Content

SALVAVIDAS

Salvavidas. Dá vida, demos vida.

No IES Vilamarín intentamos ser especialmente sensibles cos temas relacionados coa educación para a saúde, por iso neste curso decidimos aproveitar este Programa "Proxecta Salvavidas".

Con el, queremos abordar as capacidades para conseguir un comportamento adaptativo e positivo que permita ao alumnado e toda a comunidade educativa involucrarse na necesidade do coidado do seu corpo para ter unha vida saúdable. O noso obxectivo provén da necesidade de ter, como unidade social que somos, un maior número de posibles doantes para poder atender á demanda que se presente día a día na nosa sociedade.

No Proxecta "Dá vida, demos vida", está implicado o seguinte profesorado: Natalia Salgueiro, David Cebey, Paz Senande, Isabel Sanchez e Juan Noya

Nesta páxina web do noso instituto móstranse os traballos realizados cos distintos grupos.



page | by Dr. Radut