Skip to Content

Curso 2022/2023

Obradoiro: A igualdade: dereito natural

Dende o equipo de igualdade do centro levarase a cabo un obradoiro no cal conversaremos e participaremos en diferentes actividades que permita darnos conta do impacto negativo que supón a desigualdade de oportunidades e a persistencia de roles e estereotipos de xénero.

Trátase de desfrutar mentres participamos, reflexionamos, identificamos problemas e aprendemos ferramentas para combater e previr ese impacto negativo da falta de igualdade real entre homes e mulleres en todos os aspectos da nosa sociedade

Non o perdades

CONGRESO INNOVACIÓN FP 2023

FP Innova Galicia 2023 é unha magnífica ocasión para coñecer máis de cerca as posibilidades da formación profesional. O alumnado poderá experimentar en primeira persoa coas novas tecnoloxías a través da visualización dos proxectos de innovación desenvolvidos nos centros.

 Os días 22, 23 e 24 de marzo desenvolverase no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela a quinta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023, e alí estarán as nos@s compañeir@s presentando o seu proxecto: 

EN TERRA DE MENCIÑEIROS:COSMÉTICA SUSTENTABLE E DE PROXIMIDADE.  

- PROXECTO PREMIADO NA CONVOCATORIA DE PREMIOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN NA FP 2022, NA MODALIDADE A

El IES de Vilamarín, premiado por su proyecto ‘En Terra de Menciñeiros ...

Curso 2022/23

Distribuir contido


by Dr. Radut