Skip to Content

Localización, Presentación, Organigrama, Contacto, Consello escolar, Horarios, Suxestións e queixas

ORGANIGRAMA

- Dirección: Eva Fachado Rubio

- Vicedirección: Juan Pose Casal

- Secretaría: Eduardo Redondo Collazo

- Xefatura de estudos : María Isabel Sánchez Atán

Organigrama CIFP

Contacto

 

CIFP de VILAMARÍN

TLF: 988 68 50 50

ENDEREZO: Lugar O Palacio - nº 2 - Vilamarín - Ourense- C.P.: 32.101
 
E-MAIL: cifp.vilamarin@edu.xunta.es
 

Horarios

HORARIO DO CENTRO

- Durante o PERÍODO LECTIVO  o centro permanecerá aberto de luns a venres en horario de 08:15 a 22:15 horas.

- No mes de AGOSTO  o centro permanecerá aberto de luns a venres en horario de 09:30 a 13:30 horas.

 

 

Como chegar

O centro atópase ubicado na localidade de Borulfe, próxima a Vilamarín e a Cea, e a tan só 17 km da cidade de Ourense.

Dende Ourense tés que tomar a N-525 conduces 12 km e viras á dereita cara a OU-0527 , segues 1,8 km , na rotonda colles a 2º saída. Á dereita xa atopas o centro.

Dende Santiago colles a AP-53 ,saes na saída de Piñor, continúas 14 km pola N-525, viras á esquerda na OU-0527 , segues 1,8 km , na rotonda colles a 2º saída. Á dereita xa atopas o centro.

 

 

Google maps

Presentación

 

O IES de Vilamarín iniciou a súa andaina como centro-residencia de FP no curso académico 1989-1990. Durante o mesmo, impartíuse Formación Profesional da familia de Agraria, incorporándose máis tarde ensinanzas das familias profesionais de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias.

A oferta formativa de Hostalaría e Turismo foise incrementando progresivamente ó longo do tempo ata acadar no presente curso un total de oito ciclos nas modalidades ordinaria e modular.

O centro atópase ubicado na localidade de Borulfe, próxima a Vilamarín, municipio rural de aproximadamente 2000 habitantes. O sector primario, así como o aproveitamento dos recursos forestais, aínda están presentes na economía do concello, pero o sector terciario é o que experimentou un maior crecemento en canto a man de obra ocupada durante os primeiros anos deste século, non tanto polo desenvolvemento empresarial local como por atoparse o concello na área de influencia da cidade de Ourense, a tan só 17 km de distancia, e coa que mantén estreitos vínculos socioeconómicos. De esta cidade procede a maior parte do alumnado matriculado no IES de Vilamarín

O IES de Vilamarín leva anos colaborando con empresas do sector da hostalería co obxecto de que o alumnado saque o máximo proveito do módulo de Formación en Centros de Traballo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut