Solicitude de reserva para centros adscritos: IES LAXEIRO para o curso 2024/25
O alumnado que pasa de 6º EP a 1º ESO no IES LAXEIRO deberá facer a reserva de praza. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro, ambos incluídos. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A consulta da listaxe de admitidos será o 22 de febreiro. As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o FORMULARIO EN PAPEL ou a través da aplicación no menú: Solicitudes > Reserva > Crear Esta solicitude deberase presentar no centro educativo no que está matriculado o alumno/a no presente curso escolar ou a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital. É preciso achegar fotocopia do DNI do alumno/a. Podedes achegala ao centro ou enviala a través do correo electrónico. |
Normativa de aplicación:
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html