Skip to Content

Cursos anteriores

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O día 2 de Maio é o sinalado para lembrarnos un problema ante o que estamos a loitar os mestres, as familias, as nenas e nenos e moitos outros colectivos de todo o mundo.

Compartimos o corto de animación “Lou” para acercar este tema aos nenos e ás familias, de forma que tomemos conciencia entre todos.

Se queredes afondar un pouquiño máis deixamos unhas fichas para reflexionar sobre o corto.

Fonte: www.unapizcadeeducación.com

Ficha “Lou” para 1º, 2º e 3º de Primaria.

Ficha “Lou” para 4º e 5º de Primaria.

Entroido 2020 - O Cine

Este ano o Entroido adicouse a traballar o proxecto do cine que se levou a cabo na biblioteca do centro. Deste xeito cada clase elixiu a temática do seu disfraz que máis lle gustou.

Os nenos de 3 anos elixiron ir de acomodadores do "cine do vicedo", os nenos de 4 e 5 anos escolleron a pelicula de Peter Pan, 1º de Primaria a película de Willy Wonka, 2º adicaronlle o seu disfraz o clásico Mary Poppins. Os nenos e nenas de 3º convertironse nunhos apetitosos flocos de millo, 4º explicaronnos como se produce unha película de cine e os nenos e nenas de 5º representaron o musical Grease.

Entroido viaxeiro no CEIP O Vicedo

Xa esta aquí de novo o Entroido, e este ano no CEIP O Vicedo celebramolo dando unha volta polo mundo....

Cada aula do noso colexio, seguindo o proxecto que desenrolan dende a biblioteca do colexio que este ano esta dedicado a diferentes paises do noso planeta e co nome de "A volta o mundo en 80 dias", escolleu un país e segundo este elaboraron os seus disfraces.

Os alumnos máis pequenos de Educación Infantil viaxaron ata China, os alumnos de 4 e 5 anos convertironse nunhos estupendos gondoleeir@s venecianos en representación de Italia.

Xa en Educación Primaria os alumn@s de Primeiro foron unhos autenticos mexicanos e os de segundo de Primaria viaxaron case ate as antipodas para convertirense nuns canguros saltarins australianos.

Xa en terceiro de Primaria non viaxaron tan lonxe e acercaronnos parte da cultura do Reino Unido cuns disfraces escoceses moi logrados. Se nos acercamos á clase de cuarto e quinto entraremos no exótico mundo da India e os seus encantadores de serpes. E para finalizar os alumn@s de sexto reproduciron parte da antigua cultura exipcia cunha magnifica posta en escena.

Podedes disfrutar do resto das fotos da celebración aqui.

Visita Especial!!

Coma todolos anos no derradeiro día lectivo do ano recibimos unha visita moi especial e moi esperada por todolos nen@s do noso colexio, o mesmisimo Papa Noel estivo con nos...

Papa Noel poido comprobar cos seus ollos o ben que se comportaran este ano as nosa alumnas e alumnos, tivo momentos moi divertidos en todalas aulas e repartiu agasallos para todos. Ata mesmo tivo tempo de cantar no escenario cando un grupo de alumnos preparaba a actuación do noso festival. Sen dúbida este un dos días máis esperados no colexio e esperamos que nunca nos deixe de visitar Papa Noel, Bo Nadal e Feliz Aninovo.

Magosto 2018

"Outono bonito
folliñas no chan
castañas asadas
que ricas están."

O martes, 13 de novembro, celebramos a festa do magosto. Primeiro fixemos un circuito de xogos no pavillón e despois saboreamos unhas deliciosas castañas asadas. Rematamos cantando e bailando ao son da guitarra do mestre de música.

IV Edición La Vuelta al Cole

O venres, 26 de outubro tivemos o honra de colaborar na “IV Edición La Vuelta al Cole”.

Unha carreira solidaria e non competitiva que ten como obxectivo xuntar fondos para financiar unha beca de investigación que axudará a seguir buscando unha cura da leucemia infantil.

Cando recibimos a proposta da Fundación Unoentrecienmil decidimos colaborar. Fainos moi felices contribuír nunha das cousas máis bonitas que poden levar a cabo as persoas: AXUDAR AOS DEMAIS.

A idea era que cada corredor aportara un euro para doar pero a resposta das familias foi marabillosa e xuntamos a cantidade de 466,78 euros.

Queremos amosar o noso agradecemento ás familias que colaboraron económicamente e participaron na carreira.

MOITAS GRAZAS A TODOS!!!!!!!!!!

Carreira solidaria "La Vuelta al Cole"

O colexio acordou colaborar este curso na "IV EDICIÓN DE LA VUELTA AL COLE" (Campaña a favor da investigación da cura da leucemia infantil).

O venres, 26 de outubro, ás 14:00h, realizaremos unha carreira solidaria no colexio para sensibilizar sobre o problema dos máis de 300 novos casos diagnosticados cada ano e recoller fondos para a investigación na busca da cura da leucemia infantil. Trátase dunha carreira cooperativa e non competitiva.

O día da carreira o colexio entregará a cada participante un dorsal e un diploma. Faremos un pequeno percorrido simbólico adaptado ás diferentes idades do alumnado. Poden participar os familiares do alumnado que así o desexen.

Agradecemos que, nese día, poidades facer unha aportación de 1 EURO por cada participante (podedes axudar ca cantidade que queirades). O colexio encargarase de facer chegar a totalidade das axudas á Fundación Unoentrecienmil. Podedes consultar a organización da actividade no enlace www.lavueltaalcole.com

Podedes entregar as aportacións a través dos vosos fillos (nun sobre pechado co curso ao que pertence o alumn@) ou facelo en dirección. Haberá unha comisión do profesorado para recoller as aportacións e un rexistro do número de familias e participantes de cada unha que colaboran (respectando anonimato).

O día da carreira participará todo o alumnado. Os pais/nais/familiares/amigos que desexen participar deberán comunicalo á direccion do centro antes das 12:00h do venres 19 de outubro. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.

Actuación Mago Deimi (xentileza APA do CEIP O Vicedo)

Este martes 19 de xuño recibimos a visita do mago Deimi, que nos fixo unha actuación por xentileza da APA do CEIP O Vicedo. Todos disfrutaron dos trucos de maxia deste magnífico mago, os nen@s quedaron abraiados e sorprendidos e mais de un impresionado, máis aló dos espectaculares trucos o mago tamén se ganou o público co seu sentido do humor.

Para todos foi unha actuación especial, vimos levitar unha mesa, transformar papel hixiénico en euros, etc... De seguro que os nosos alumn@s están desexando poder disfrutar de novo de actuacións de este tipo. Dende o CEIP O Vicedo queremos agradecer á APA do Vicedo a organización destes eventos e a súa colaboracion na vida académica.

Calendario de Xuño, unha homenaxe o deporte

Xa chegou xuño, o derradeiro mes lectivo deste curso escolar, o tempo pasou voando e sin querer xa estamos a preparar a chegada do novo curso, coas ganas de recibir os novos pequenos que se incorporarán este ano e coa tristeza de despedir os alumnos de sexto de primaria que se incorporan o instituto. Pero co novo mes chega un novo calendario, desta vez elaborado polo departamento de educación física.

Neste calendario alumnos de distintos cursos analizaron a evolucion dos deportes o longo da historia da humanidade, e plasmarono en debuxos para elaborar este colorido calendario. Dende a prehistoria a idade moderna o deporte sempre estivo presente na historia.

Calendario de Maio, A Idade Media

Chegou xa Maio,e estamos a acercarnos o final deste curso escolar, que rápido corre o tempo!!! Con Maio descubrimos un novo calendario elaborado polos nosos alumnos. Neste caso os encargados foron os alumnos de terceiro de primaria que traballaron o longo deste ano no estudio dunha época con claros e escuros, a Idade Media.

No calendario podemos ver os oficios clásicos da Idade Media no que cada un dos alumnos de terceiro vese representado. De seguro que os rapaces e rapazas de terceiro disfrutaron coñecendo esta época de descubrementos, conquistas e feudalismos, vémonos en Xuño!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut