Skip to Content

Comedor

Menú do comedor 2022-2023

Poderedes obter o documento do menú clicando na seguinte imaxe.

Menú do comedor

Comedor

O CEIP O Vicedo oferta servizo de comedor, con cociña no propio centro. Este comedor conta coa súa propia cociñeira, que atende as necesidades do servizo no colexio. O noso centro aposta por unha cociña tradicional, con productos locais, unha distribución de racións adecuada ás necesidades actuais, e uns menús basados nas recomendacións nutricionais elaboradas pola Xunta de Galicia.

O horario actual vai de 15:00h a 16:00h, despois do cal os alumnos saen cara ás súas casas ou ben acuden ás distintas actividades extraescolares que se imparten no centro. En todo momento os usuarios do servizo de comedor están atendidos por profesores que realizan a atención no comedor e por pais/nais que exercen como voluntarios para o coidado do alumnado .

A hora do xantar é unha hora moi importante para o persoal do colexio, é unha parte máis da educación dos nosos alumnos, onde se lles ensina valores de convivencia e de comportamento na mesa. Os nosos alumnos de primaria son os encargados de colocar os servizos nas mesas e aprenden tamén a tomar responsabilidade nas tarefas diarias da hora do xantar.

Menús

Distribuir contido


by Dr. Radut