Skip to Content

Dependencias

Descrición das dependencias

As dependencias do centro dispóñense en catro edificios, un no que se atopa o comedor escolar (edificio 1), un no que se organiza a etapa de Educación Infantil (edificio 2) e outros dous nos que se dispón o espazo para o alumnado de Educación Primaria (edificio 3 e 4). A continuación precísase a distribución física do colexio:

  • Edificio 1: destinado ó comedor, á cociña e ós almacéns.
  • Edificio 2: no que se sitúan as aulas de infantil e a de psicomotricidade.
  • Edificio 3: atópase a sala de mestres, a conserxería, os despachos de orientación e dirección, a biblioteca, a aula de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe e as aulas de 1º e 2º  de EP.
  • Edificio 4: no que se distribúen as aulas de 3º a 6º de primaria e os espazos para a ensinanza de música, inglés e plástica. Neste edificio tamén se atopa unha aula de usos múltiples e o patio cuberto, sendo empregado á súa vez como salón de actos.

Organización dos espazos

Tamén se distinguen dous espazos para organizar os patios escolares, así como un polideportivo onde se organizan actividades extraescolares.

En definitiva, este centro conta cun amplo espazo e cunhas instalación acondicionadas cos materiais e mobles necesarios; respectando as normas de seguridade e accesibilidade e cumprindo coas condicións hixiénicas. Así pois, tanto os materiais tanxíbeis coma os espazos están nun estado impecábel, adaptándose á funcionalidade dos mesmos e ás necesidades do alumnado.

Normas Xerais do CEIP O Vicedo

Aproveitamos este inicio de curso para recordar e poñer á vosa disposición as normas xerais do centro. Para calquera dúbida podedes contactar co colexio nos telefonos 982870610 e 982870611, ou pasarvos pola dirección do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut