Skip to Content

Curso 2022-2023

Festival fin de curso 22-23

Queremos compartir con vós a emocionante experiencia do noso festival de fin de curso. O escenario encheuse de talento, risas e aplausos mentres o noso alumnado amosaba as súas habilidades artísticas. Foi unha celebración inesquecible. Agradecemos a todos os participantes e espectadores pola súa entrega e apoio.

Fai clic na imaxe para ver o vídeo.

           

Recursos dixitais didácticos e lúdicos.

Boas a todos os mestres, familias e estudantes! 

Compartimos con vós os recursos deseñados e empregados neste curso académico para traballar, reforzar e ampliar os coñecementos traballados. Deixamos os enlaces para que accedas a eles cando precisedes.

Aclarar que algún destes recursos son creados polos propios mestres do centro e outros son elaborados por outros profesionais.

ÁREA DE MATEMÁTICAS

ÁREA LINGÜÍSTICA

ÁREA DE CIENCIAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o día das nosas letras, aventurámonos a deseñar un PODCAST no que compartir o orgullo e a paixón pola nosa cultura.

Neste audio poderedes coñecer a historia desta celebración, así como a vida do autor conmemorado: Francisco Fernández del Riego. Precisamente, inspirámonos nas súas obras para enfocar este traballo. Entre os seus versos, afloraba o amor pola súa terra... e da mesma maneira o facemos nós.

FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER AO AUDIO:

Distribuir contido


by Dr. Radut