Skip to Content

Cursos anteriores

Visita ás Fragas do Eume

Onte, xoves 26 de abril, fomos de excursión ás fragas do Eume. Primeiro coñecimos ao noso guía, Segundo, que nos explicou as clases de árbores : os castiñeros , os abeleiros, ameneiros, carballos, loureiros, acivros, castiñeiros … entre outros; ademáis da gran variedade de fentos que se poden observar. Logo fomos a merendar á beira do río Eume. Despois pasamos por unha ponte colgante, foi moi emocionante!!

E finalmente explicounos a fauna que se adoita ver nas Fragas: esquíos (nós vimos un), reos no río, rás patilongas, sapiños troiteiros, salamántigas galegas, lagartixas da serra, bufos, petos reais,….

E o lugar onde se gardaban as castañas, as curripas, foi todo moi interesante.

Este artigo foi redactado polo alumno de quinto curso Patrick Espigulé Parapar.

Novo premio para unha das nosas alumnas

De novo unha das nosas alumnas foi premiada nun concurso!!!. Neste caso foi Marta Quelle Domínguez a que acadou o primeiro premio do II Concurso de debuxo infantil do Salón do Automóvil de Lugo. Este é o segundo ano consecutivo no que un alumn@ do noso colexio logra gañar e así aparecer no cartel publicitario do certame lugués.

Un gran orgullo para o noso colexio, que non só se fixo co debuxo vencedor senón que situou a catro alumnos entre os cinco finalistas. Á mencionada Marta temos que unir a Eric López Sánchez de segundo de primaria, Daniela Vale Martínez tamén de segundo e Ahmed Labaen Amrani de terceiro de primaria. A todos eles parabéns e esperamos seguir contando con novas distincións no futuro.

Debuxo gañador Marta Quelle

Onte tivemos unha visita moi especial na escola!!

Recibimos unha visita moi especial na escola!!! Coñecimos a Blues ,un can labrador que  trouxo a adestradora canina da clínica veterinaria A Marosa de Burela, Tachira Carmona. Blues está adestrado para axudar ás persoas, pode realizar sen problema as seguintes tarefas: quitar a chaqueta, recoller as chaves, abrir e pechar as portas, sacar a roupa da lavadora, tirar as cousas no cubo do lixo, etc..

A adestradora ensinounos como facer para que un can non nos morda, como acaricialo ou darlle de comer. Fixemos varios xogos con Blues moi divertidos e demostrounos que é un can moi intelixente e que sabe estar con nenos.

Esta actividade está dentro do Plan Proxecta que este ano estamos levando a cabo no colexio: "As nosas mascotas".

Celebramos o Entroido no colexio!!!

Coma todos os anos celebramos no colexio o entroido. Este ano a temática tiña relación coas idades da historia, un proxecto que botou a andar impulsado polo equipo da biblioteca , que ten a cada nivel traballando nunha época da nosa historia; dende os trogloditas da prehistoria ata a época moderna ,pasando por Exipto ou a idade media.

Estes foron os disfraces que poidemos disfrutar, uns estupendos homes das cavernas, o magnífico pobo exipcio, os cabaleiros de espada da idade media, nobres e doncelas do renacemento e ata uns aloucados teléfonos móbiles. Non nos cabe máis que felicitar a todos os que traballaron na sua elaboración e nas coreografías dos bailes, xa nos tarda que chegue o entroido do ano 2019 para ver con qué nos sorprenden. Podedes disfrutar dunha selección de fotos neste enlace: Ver fotos.

Entroido 2018

Os alumnos de infantil e primaria do CEIP O Vicedo na XII Semana de Prevención de Incendios

Os nosos alumnos de infantil e primaria acudiron á XII Semana de Prevención de Incendios celebrada no pabellón de A Veiga en San Cibrao, no concello de Cervo. Esta actividade esta promovida polo concello de Cervo, a fundación Mapfre, a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros e Alcoa San Cibrao.

Podedes ver as fotos das actividades na galeria.

Os nosos alumnos na XII Semana da Prevencion de Incendios

Papa Noel visitou o noso colexio!!!

O derradeiro día lectivo de este ano 2017 veu cargado de sorpresas no CEIP O Vicedo, coma outros anos tivemos unha visita moi especial. Nin mais nin menos que se acercou ó noso centro o mismisimo Papa Noel.

Os nenos/as de 3º a 6º de primaria marchamos de excursión ao Regal!

O martes, 5 de decembro, fomos visitar o Museo do Regal. Pero qué ben o pasamos! Ao chegar alí, en primeiro lugar, Alfonso, explicounos a historia do Museo. Era unha fábrica abandonada de coiro, e transformouna, con moito esforzo e pouco apoio, nun gran Museo. Logo nos puxeron un video onde puidemos ver  como comezou Alfonso a traballar,  cando estudou en Barcelona, as súas viaxes a diversos países, de onde saía a arxila, a fábrica de caolín de O Vicedo...

Video Xa Temos Paz

Video Entroido No Mar

Video MVM

Distribuir contido


by Dr. Radut