Skip to Content

Carreira solidaria "La Vuelta al Cole"

O colexio acordou colaborar este curso na "IV EDICIÓN DE LA VUELTA AL COLE" (Campaña a favor da investigación da cura da leucemia infantil).

O venres, 26 de outubro, ás 14:00h, realizaremos unha carreira solidaria no colexio para sensibilizar sobre o problema dos máis de 300 novos casos diagnosticados cada ano e recoller fondos para a investigación na busca da cura da leucemia infantil. Trátase dunha carreira cooperativa e non competitiva.

O día da carreira o colexio entregará a cada participante un dorsal e un diploma. Faremos un pequeno percorrido simbólico adaptado ás diferentes idades do alumnado. Poden participar os familiares do alumnado que así o desexen.

Agradecemos que, nese día, poidades facer unha aportación de 1 EURO por cada participante (podedes axudar ca cantidade que queirades). O colexio encargarase de facer chegar a totalidade das axudas á Fundación Unoentrecienmil. Podedes consultar a organización da actividade no enlace www.lavueltaalcole.com

Podedes entregar as aportacións a través dos vosos fillos (nun sobre pechado co curso ao que pertence o alumn@) ou facelo en dirección. Haberá unha comisión do profesorado para recoller as aportacións e un rexistro do número de familias e participantes de cada unha que colaboran (respectando anonimato).

O día da carreira participará todo o alumnado. Os pais/nais/familiares/amigos que desexen participar deberán comunicalo á direccion do centro antes das 12:00h do venres 19 de outubro. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.



story | by Dr. Radut