Skip to Content

Entroido 2020 - O Cine

Este ano o Entroido adicouse a traballar o proxecto do cine que se levou a cabo na biblioteca do centro. Deste xeito cada clase elixiu a temática do seu disfraz que máis lle gustou.

Os nenos de 3 anos elixiron ir de acomodadores do "cine do vicedo", os nenos de 4 e 5 anos escolleron a pelicula de Peter Pan, 1º de Primaria a película de Willy Wonka, 2º adicaronlle o seu disfraz o clásico Mary Poppins. Os nenos e nenas de 3º convertironse nunhos apetitosos flocos de millo, 4º explicaronnos como se produce unha película de cine e os nenos e nenas de 5º representaron o musical Grease.



story | by Dr. Radut