Novas
COMEDOR DE INFANTIL
Teléfono da empresa de comedor en INFANTIL:
Para avisos ou solicitar dieta: chamar o día anterior ou ese mesmo día antes das 10:00 h: 630363844
De 07:30 a 09:00 e de 13:30 a 16:00: 699385354
Para problemas de recibos ou administrativos: 986461421
COMEDOR: INFORMACIÓN IMPORTANTE
Para ver a información importante sobre o funcionamento do comedor no curso 2022-2023, prema na imaxe.
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 22-23
Onte, 06-07-22, publicouse o novo regulamento do servizo de comedor escolar no BOP, así que mañá, 08-07-22 ábrese o prazo para poder solicitalo.
Entre os cambios que se recollen, figura que se abrirá un primeiro prazo para reserva de praza , que será desde o 8 de xullo ata o 17; e un segundo prazo para as persoas que acoden por primeira vez, que irá desde o 18 ao 28 de xullo.
A solicitude hai que presentala a través da sede electrónica do concello (https://sede.betanzos.gal/opencms/es/) onde, a partir de mañá, estará recollida toda a información, igual que na páxina web (https://betanzos.es/).
FONDOLIBROS, AXUDAS LIBROS E AXUDAS MATERIAL PARA PRIMARIA
Premendo na imaxe, pode ver no listado se lles foi concedida a axuda de libros de texto, a axuda de material ou o Fondolibros, segundo o nivel de Primaria que vai cursar o/a seu/súa fillo/a o curso 2022-2023.
Para iso, ten que localizar o nivel e o código que lle foi asignado cando realizaou a solicitude (está na fotocopia da solicitude que lle foi entregada).
A lista PROVISIONAL de Fondolibros para 3º e 4º de Primaria foi publicada o mércores, 06-07-2022 e a lista DEFINITIVA (indicando cales son os libros concedidos) será publicada o luns, 11-07-2022. Os libros serán entregados en setembro.
Os vales de libros de texto e os vales de material concedidos, serán entregados entre o 11 e o 15 de xullo, previa cita telefónica no 881880237. Terá que recollelos a persoa solicitante ou persoa debidamente autorizada por ela por escrito.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »