Novas

Contidos recentemente publicados nesta web

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Becas FP, Bachillerato y otros estudios no universitarios para el curso  2002-23 | CIFP LAS INDIAS

 Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

>> Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

>> Acceso á solicitudehttps://sede.educacion.gob.es/portada.html

 

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

PROCESO DE ADMISION FUERA DE PLAZO (2ª fase) – CPIFP Bajo Aragon

Desde o vindeiro mércores día 1 ata o 20 de marzo de 2023 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria  que desexa cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880237 ou no correo electrónico ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 15 de maio.

 Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

INFORMACIÓN:

Información admisión alumnado.

Calendario procedemento admisión.

Áreas de influencia.

Postos escolares vacantes.

Tríptico PEC (Proxecto Educativo Centro).

Decreto 13/2022.

Orde 21 de outubro de 2022.

 

IMPRESOS:

Solicitude de admisión.

Documento de autorización de matrícula.

Solicitude de transporte normal (domicilio a máis de 2 km).

Solicitude de transporte excepcional

 

 

 

ENTROIDO

El Entroido o Antroido en la provincia de Ourense

 

O vindeiro VENRES, 17 DE FEBREIRO, celebraremos o ENTROIDO no parque do Pasatempo. O alumnado sairá do centro a partir das 10:30 h. e o desfile dará comezo ás 11:00 h.

Na entrada ao Pasatempo, o alumnado realizará un pequeno e breve desfile que consistirá en dar unha volta ao patio central do parque e se colocará na súa zona.

A orde de entrada será: 6º / 5º / 4º / 3º / 2º / 1º de Educación Primaria – 6º / 5º / 4º de Educación Infantil.

Ao finalizar, volverán a saír na mesma orde facendo outra vez un pequeno desfile coa música correspondente.

As familias que queiran presencialo terán que colocarse nas gradas do parque. Se non é posible por falta de movilidade poderán situarse detrás das cintas de balizaxe nos laterais do recinto.

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE SEXTO PARA O IES FRANCISCO AGUIAR

PROCESO DE ADMISION FUERA DE PLAZO (2ª fase) – CPIFP Bajo Aragon

Segundo a Orde do 21 de outubro de 2022 ( DOG 11/11/22), o prazo para a RESERVA DE PRAZA para o IES FRANCISCO AGUIAR será entre o 15 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2023.

Para tratar este tema de Reserva de Praza e os Actos de Fin de Etapa, haberá unha reunión de familias do alumnado de 6º de Primaria o xoves, 19 de xaneiro, ás 17:00 horas, na Sala de Usos Múltiples de Primaria.

Distribuir contido