Novas

Contidos recentemente publicados nesta web

MAGOSTO

Finde-Celebración del Magosto y Samaín en la zona norte – Galicia Ártabra  Digital

Magosto popular

Sábado, 12 de novembro, ás 17:00  no matadoiro municipal de Betanzos

Organizada polo Concello de Betanzos.

Cal é o obxectivo?

O obxectivo principal dun magosto  popular é celebrar a colleita da castañas como é tradición en centos de vilas de  Galicia onde os veciños se reunen para asar castañas.

Que actividades se realizarán?

Xogos populares, obradoiros, e todas as relacionadas co magosto

Un equipo de monitores e monitoras asistirán aos nenos e ás nenas no desenvolvemento de todas as actividades.

Quen pode participar?

É unha actividade festiva gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.


Para participar é necesario apuntarse no seguinte formulario:

https://forms.gle/o8joDBCGTzQS9f2x9

 

 

GRUPO DE NAIS E PAIS POLA SAÚDE

O martes 29 de novembro comeza, un ano máis, a actividade “Grupo de nais e pais pola saúde” dentro do programa de prevención no ámbito familiar “Máis que un teito” do curso 2022-2023 .

Esta actividade gratuíta se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, en colaboración coa Consellería de Sanidade, dende o ano 2002 sendo esta a 21.º edición.

Pode acceder á información completa, PREMENDO NA IMAXE.

 

 

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

Conoce todo el material escolar: lista completa - Benioffi

Na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar establécese que as persoas que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar recibirán un vale adicional de 25€.

O luns xeraremos os vales e a partir do martes, día 18-10-2022, AS PERSOAS SOLICITANTES DA PRIMEIRA AXUDA ou AS AUTORIZADAS DEBIDAMENTE poden pasar pola Secretaría do colexio para recollelos.

VENDIMA INFANTIL

La escasez de lluvia condiciona la vendimia 2021

O sábado, 15 de outubro, ás 16:30,  no Paseo da Tolerancia, o Concello de Betanzos e a adega Pagos de Brigante en colaboración coa Reserva da Biosfera As Mariñas, Colexio Vales Villamarín e o Colexio A Nosa Señora da Carmen (Atocha) organiza unha actividade festiva gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos co obxectivo principal de divulgar a cultura vitivinícola entre as novas xeracións de betanceiros e mariñáns e recuperar os costumes e tradicións de vendima e de elaboración do viño tan vinculadas á historia de Betanzos e a súa comarca.

Permitirá aos nenos e ás nenas recibir as caixas cos acios de uvas, medir o contido de azucre da vendima, despalillar os acios (eliminar os rabos), pisar as uvas, prensalas nunha prensa tradicional e finalmente degustar o mosto. Non faltará un bocadillo de merenda para repor forzas.

 

Para participar é necesario apuntarse no formulario que acompaña á información completa PREMENDO NA IMAXE ou NO SEGUINTE ENLACE:

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfaXlG2wYv8ksOCuwTsA3KnoWeFGsDRvnP0AueKteMLDIjQUw/viewform

 

 

INFORMACIÓN EDIXGAL

EVA Edixgal

Para ver a información EDIXGAL, prema na imaxe.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 22-23

Actividades Extraescolares – INICIO

 

 

Para acceder á páxina web da Asociación Concilia e ver a oferta de actividades extraescolares para o curso 2022-2023, prema na imaxe.

Na mesma páxina web pode encontrar a información para solicitar algunha das actividades.

 

 

DÍAS NON LECTIVOS

Calendario escolar 2022-2023 (con vacaciones y días festivos) - Escuelas  Infantiles Montemadrid

No Consello Escolar do mércores, 07-09-2022, acordouse solicitar como Días Non Lectivos por razón de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica para o curso 2022-2023, o luns, 5 de decembro de 2022 e o martes, 2 de maio de 2023.

REUNIÓN DE FAMILIAS

Reuniones con las familias – IES Goya

Para ver o calendario de Reunións de Familias, prema na imaxe.

Lamentándoo moito, suspendéronse as reunións de titoría que estaban previstas de 1º A, C e D.

HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 22-23

Signo de entrada y salida ilustración del vector. Ilustración de entrada -  214627012

Pode consultar os horarios de entrada e saída de INFANTIL e PRIMARIA premendo na imaxe.

COMEDOR DE INFANTIL

SERVICIO COMEDOR ESCOLAR 2021 - 2022 | CEIP María del Mar, Camarena (Toledo)

 

Teléfono da empresa de comedor en INFANTIL:

Para avisos ou solicitar dieta: chamar o día anterior ou ese mesmo día antes das 10:00 h: 630363844

De 07:30 a 09:00 e de 13:30 a 16:00: 699385354

Para problemas de recibos ou administrativos: 986461421

Distribuir contido