Aquí vos deixamos estes LIMs feitos por mestres doutros centros para aprender e escoitar algúns dos poemas de Rosalía. Moi seguro que vos van gustar.
Tamén vos deixamos o xogo de Rosalía , así como a 2ª parte do vídeo "Todas con Rosalía", para conmemorar o aniversario desta gran escritora. Premede nas imaxes:
Para saber máis sobre o Entroido, imos comezando con algunhas interesantes actividades que outros centros teñen publicadas na rede. Clica nas imaxes para acceder a LIMS coma este de Rosa González, sobre o entroido en Vigo, ou o do CEIP Frián Teis e CRA Raíña Aragonta:
Este ano 2013, o homenaxeado das Letras Galegas é Roberto Vidal Bolaño. Un grande do teatro galego.
Xa temos á nosa disposición diversos materiais de SEMINARIO GALÁN para traballar a figura de Roberto Vidal Bolaño. Entre eles, este lim da súa biografía para os máis pequenos:
Clica neste enlace para acceder á páxina de seminariogalan.org, onde atoparemos actividades para imprimir e lims adaptados para cada un dos ciclos.
Os peixes do "Inventario de peixes da nosa ría", elaborado no segundo trimestre polo alumnado e profesorado do colexio, chegaron ó corredor do noso centro nunha gran marea. E foi posible grazas, unha vez máis, á colaboración de todos.
Con motivo da celebración do Día de Rosalía, o pasado 24 de febreiro, todo o alumnado do centro participou na elaboracíón duns puntos de libro. Como ben sabedes, neste curso o tema central das actividades do centro é o mar, polo que decidimos que fosen uns marcapáxinas "mariñeiros". Por certo, son ben creativos!!
olor: #0000ff; font-size: small;">Aquí vos deixamos un LIM atopado na rede no que, con actividades moi amenas, podemos afondar máis sobre a figura de Rosalía de Castro. A que esperades para entrar?