Skip to Content

Normalización

A LINGUA DAS ÁRBORES.

O xoves 3 de xuño realizamos no cole unha viaxe a través dos contos co cabaliño "Caramulo" e o "Carballo con botas" para coñecer e coidar a natureza. Desfrutamos duns contos que levaron ás nenas e aos nenos dende a súa propia contorna até bosques do Courel, Xurés, Geres, Fragas do Eume, Ancares..., aprendendo os nomes das árbores e o rico patrimonio ecolóxico e lingüístico de seu.

A visita de Anxo Moure, referencia esencial do ecopacifismo, supuxo un alento de ar fresco que renovou os nosos azos en prol da defensa do noso medio ambiente.

Moitas grazas por tantas ensinanzas abofé que estas novas xeracións terán ben presentes os teus sabios consellos.

 

SABER O MAR

O martes 23 de febreiro as alumnas e alumnos de cuarto de Primaria asistimos a un Obradoiro organizado polo Museo do Pobo Galego. Foi impartido por Jose Valtierra e nel puidemos coñecer de primeira man todo o relacionado coa cultura tradicional mariñeira galega. Temos o mar tan preto e cantas cousas descoñecemos!.

Embarcacións como a Dorna, animaliños como a Broma, como se protexían e protexían as súas embarcacións, que función tiña cada quen no barco, como facían un uso responsable dos recursos, técnicas de pesca sustentables e unha morea de vocabulario relacionado co mar foron algunha das cousas máis destacadas da exposición. Para rematar puidemos visitar de xeito virtual a aula do Museo do Pobo Galego na que están representados todos estes oficios, moitas grazas a Carme polo seu acompañamento.

Que afortunadas e afortunados nos sentimos.

Aquí vos poñemos unha montaxe con algunhas das cousas que fixemos. Agardamos que vos gusten.

 

SAMAÍN

Este ano por mor das especiais condicións nas que se está a desenvolver o curso non foi posible que as cabazas do Samaín se apoderaran do nós. Pola contra, aquí tedes unha boa mostra de como esta data segue a engaiolarnos. Accede tamén a esta fotomontaxe.

Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!

 

Hecho con Padlet
Distribuir contido


by Dr. Radut