Durante o mes de xuño, a biblioteca do centro, encheuse de títeres e marionetas, coa representación de contos por parte dos nosos alumnos. Tan ben, tan ben, o fixeron, que o longo da semana, virán os nenos das distintas aulas de educación infantil a escoitarnos!
Este é o video co que participaron os nenos de segundo no concurso "Creando Rural" e quedaron gañadores!
Hoxe visitounos o equipo de "Creando Rural" para facer entrega do diploma co premio, acompañados polo Alcalde de Gondomar e a Concelleira de Educación. Estade atentos á prensa!!
O venres 8 iremos de excursión ao parque de multiaventura Fervenzaventura, en Silleda.
No noso curso de primeiro fixemos unha chea de experimentos durante o primeiro e segundo trimestre. Aínda nos queda moito por aprender e facer proba ensaio-erro.
Así como era como o facían os investigadores do século pasado. Por iso queremos que vexades como nos parecemos aos nosos científicos preferidos, Marie Curie e Albert Einstein.
Vos deixamos unhas mostras nas que saímos realmente guapos e guapas.
O día 4 de decembro conmemoramos o DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
Tivemos unha visita moi especial, compartimos á xornada con persoas do CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL SAN XEROME DE A GUARDA.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, entendimos e comprendimos que tod@s temos capacidades e discapacidades, que temos que aceptar a cadaquén e procurar cambios na sociedade que favorezan a inclusión de todas as persoas.