Skip to Content

Normalización

FILGUEIRA VALVERDE: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Maio 2015

 

Para unha  aproximación ó homenaxeado deste ano nas Letras Galegas, aquí deixamos os seguintes enlaces:

 

 Para saber sobre a súa biografía, obra,.. 

Preme na imaxe

 

 

 

 

Actividades en liña para Infantil e Primaria,

unidades didácticas para imprimir

e álbum fotográfico ( en Seminario Galán).

Preme na imaxe

 

 

 

 

 

 

Xogamos con Filgueira Valverde

Preme na imaxe

 

 

 

 

 Presentación realizada polo noso alumnado sobre Filgueira Valverde

 

 

Recanto que creamos no centro destacando as súas múltiples facetas

 

 

 

 

 

EN GALEGO POLO MUNDO...

O alumnado de 6º realizou un traballo de grupo sobre este proxecto.

 

 

 

ÁRBORE DOS PROVERBIOS

Dende o EDLG realizamos un traballo de busca, selección e tradución de ditos e proverbios propios de catro países: Brasil, Etiopía, India e China.  Sobre estes países xira o proxecto de centro "Nenos e nenas do mundo ".

Cada aula escribiu dous proverbios nunhas follas, coas cales creamos unha gran árbore.

 

 
 
 

EN GALEGO POLO MUNDO

Como puidemos ler e escoitar nos medios de comunicación nos últimos días, a aprendizaxe da lingua portuguesa vai ser implantada progresivamente nos centros educativos a partir do vindeiro curso.

Previamente a esta nova, no noso centro, en relación co proxecto " Nenos e nenas do mundo", quixemos deixar reflictido dende o EDLG aqueles lugares do mundo onde se comunican en linguas lusófonas, é dicir, onde se fala o portugués. 

Un dos obxectivos da actividade foi o de valorar a lingua propia: grazas a que o galego é intercomprensible co portugués, a lingua galega ten dimensión internacional. Temos a gran vantaxe de poder entendernos con máis de 250 millóns de persoas de distintos países do mundo onde se falan linguas lusófonas.

Todo isto quedou plasmado nun pequeno proxecto exposto nun recanto do colexio:

"EN GALEGO POLO MUNDO"

 

 

 

 

 

FLORES NO DÍA DE ROSALÍA

Conmemoramos este día con actividades propostas polos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística. Ademais de ilustrar todos en cada clase un poema de Rosalía de Castro, lemos Alborada e escoitamos Alborada para Rosalía, de Carlos Núñez. Finalmente, realizamos en papel un "agasallo": unhas coloridas flores de papel que levaban escritos os primeiros versos do poema.

 

 

 

O ENTROIDO XA ESTÁ Á PORTA

Ollo! Estade ben atentos ás mandas do Meco para esta semana!

Para sabermos máis sobre o Entroido en Galicia, rescatamos aquí unha fantástica presentación elaborada polo noso alumnado o curso pasado. 

 

 

 
 
Premendo na careta, poderemos estar moi ó día sobre esta festa:
 
Clicade nas imaxes para facer uns LIMs sobre o entroido:
 
 
(Os "Merdeiros" de Vigo, unha máscara que se está a tratar de recuperar) 
 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut