AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE
MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS:
CURSO 2024/25
O luns 20 de maio publicouse no DOG A ORDE DO 7 DE MAIO DE 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-25 destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.
O prazo para solicitar as axudas de material escolar no Centro será do 21 de maio ao 14 de xuño.
Para a tramitación podedes descargar:
A solicitude (Anexo I + Anexo II) e a documentación xustificativa, de ser o caso, poderán entregarse das seguintes formas:
- POR CORREO ELECTRÓNICO, adxuntando a documentación necesaria e o Anexo I e II ben cuberto e asinado en todos os recadros. Escanear todo e enviar ao enderezo ceip.souto.donas@edu.xunta.gal poñendo no asunto “Solicitude Axudas Material Escolar_Nome do alumno/a”.
- POR VÍA ELECTRÓNICA, nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «Fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal con código de procedemento ED330B mediante Certificado Dixital ou Chave365.
- EXCEPCIONALMENTE, de forma presencial no centro en horario de 9:00-10:00 e de 13:00-14:00h