Skip to Content

XELA ARIAS.

Para coñecer máis a Xela Arias.

 

CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS DE PARÍS.

Para coñecer a Xela cun formato dixital, atréveste cun Escape Game sobre a súa biografía?. Dende o ECG de París ofrécennos esta divertida actividade.

 

EDITORIAL XERAIS

 

Neste vídeo a escritora Yolanda Castaño fálanos de Xela Arias. Preme nesta imaxe para acceder.

SEMINARIO GALÁN

Enlace á renovada páxina do Seminario Galán onde poderedes atopar información da autora en papel, online, fotografías, obras e unha estupenda cronoloxía.

 

 

 

 

 O PORTAL DAS PALABRAS

Nesta ligazón atoparedes unha morea de información sobre a vida e obra de Xela en diferentes formatos: impresos descargables, vídeos, actividades interactivas,...

O portal da Lingua Galega

 

 

CPR PÍO X

Un ano máis, o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X quere compartir connosco un vídeo elaborado polo alumnado de 5º de primaria sobre a vida e obra da figura á que se lle dedican as Letras Galegas, sendo nesta ocasión a escritora Xela Arias Castaño.

Como é habitual, contan coa xenerosa colaboración do Seminario Galán e do ilustrador Carlos Gallego Domínguez.

Aquí volo deixamos, seguro que vos gustará.

 

 

REAL ACADEMIA GALEGA

A Real Academia Galega puxo en marcha neste mes de marzo unha nova edición do proxecto Primavera das Letras, dedicado a protagonista do Día das Letras Galegas 2021. A institución fornecerá a comunidade educativa de infantil e primaria, a través da páxina primaveradasletras.gal, de recursos lúdicos e didácticos relacionados coa figura e a obra da autora, e tamén con diversos contidos transversais do currículo.

Xa están dispoñibles as primeiras fichas e actividades interactivas neste espazo no que a Real Academia Galega irá compartindo novos contidos ao longo das vindeiras semanas. Non tedes máis que premer na seguinte imaxe.

 

 

 

ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA

 

Aquí vos deixamos outras ligazóns de interese para profundar no coñecemento da figura homenaxeada no Día das Nosas Letras.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Si premedes nese enlace accederedes ao centro de documentación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (aelg) na que atoparedes moi información sobre biografía, obra, fotos e outros documentos relacionadas coa autora homenaxeada neste 2021.

 

 

21 DÍAS CO GALEGO E +

Tamén vos poden interesar as actuacións que se están desenvolvendo no programa 21 días co galego e +, que podedes seguir diariamente na Radio Galega (ás 13.00 h), ou a través deste blog:

 

 



page | by Dr. Radut