Documentación para solicitar AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2020-2021 (becas de Educación Especial).
A TER EN CONTA:
1.- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas .
2.- No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)
Nota: (Considéranse membros da unidade familiar: o solicitante, os pais ou titores, os irmáns solteiros que vivan no domicilio familiar, ou de calquera idade cando sexan discapacitados, e os ascendentes dos pais do solicitante que vivan no domicilio familiar)
Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas dúas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.
Presentarase tamén documentación acreditativa do certificado de discapacidade.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
- A solicitude, que se cubrirá na páxina web da sede electrónica do Ministerio de Educación.
- Copia dos datos identificativos da conta bancaria (código conta cliente). O solicitante (alumno) deberá figurar obrigatoriamente entre os titulares ou cotitulares da conta.
- Copia do DNI ou no seu caso número de identificación de estranxeiro (NIE) de todos os membros da unidade familiar maiores de 14 anos
- Copia dos xustificantes das situacións que declare o solicitante no apartado H: familia numerosa, minusvalía do solicitante ou de algún irmán, etc.
- Informe do Gabinete onde vai a empregar a axuda o solicitante.
MOI IMPORTANTE:
O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar remata o 30 de Setembro.
Se tendes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración póndevos en contacto comigo.
Un saúdo.
Donas, 8 de Setembro de 2020.
O orientador
Enlace onde podedes atopar toda a documentación:http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#ds1