Skip to Content

ANFITRIOAS DUNHA XORNADA MULTIDEPORTE

As alumnas e alumnos de Cuarto de Primaria recibimos as alumnas e alumnos dos colexios CEP de SABARÍS e do CEIP HUMBERTO JUANES para participar nunha xornada deportiva no noso cole.

Desfrutamos un montón de actividades de baile, orientación nas súas versións score e en liña, de atletismo, brilé, dez pases, baloncesto, hóckey e unha carreira "cross". Pero o principal foi compartir con compañeiras e compañeiros unha xornada deportiva estupenda.

Moitas grazas aos citados colexios por visitarnos agardamos que o pasarades tan ben coma nós.

Aquí vos deixamos unha montaxe con algúns dos mellores momentos.

 



page | by Dr. Radut