Skip to Content

INICIO CURSO LECTOR 2018/19

BENVIDOS!!

Xa está aquí un novo curso que esperamos chegue cargado de moitas aventuras e novos personaxes. Seguimos mellorando a nosa biblioteca e este ano estreanamos algún mobiliario e está pintada de novo. 

O mércores 10 de outubro, iniciamos o curso lector 2018/19. Para iso, fomos á biblioteca por ciclos e alí puidemos ver un vídeo onde nos recordaron as normas para que todo funcione  correctamente, coñecemos as últimas novidades que chegaron á biblioteca.  Despois houbo sesións de contacontos a cargo de mestres e alumnos. Dende este día, xa podemos levar libros en préstamo que era o que estabamos agardando tod@s.

Aquí están as imaxes deste día

 

 

 

 



page | by Dr. Radut