Skip to Content

BECAS NEAE

           

        

         

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO  PARA O CURSO 2023-2024 (becas de Educación Especial).

 

 

       Documentación para solicitar

 

A TER EN CONTA:

1.- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas .

2.- No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)

Nota: (Considéranse membros da unidade familiar: o solicitante, os pais ou titores, os irmáns solteiros que vivan no domicilio familiar, ou de calquera idade cando sexan discapacitados, e os ascendentes dos pais do solicitante que vivan no domicilio familiar)

Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas dúas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.

Presentarase tamén documentación acreditativa do certificado de discapacidade.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

 

          -  A solicitude, que se cubrirá na páxina web da sede electrónica do Ministerio de Educación. Poden copiar este enlace para acceder directamente: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

            - Copia dos datos identificativos da  conta bancaria (código conta cliente). O solicitante (alumno)  deberá figurar obrigatoriamente entre os titulares ou cotitulares da conta.

            - Copia do DNI ou no seu caso número de identificación de estranxeiro (NIE) de todos os membros da unidade familiar maiores de 14 anos

-       

Copia dos xustificantes das situacións que declare o solicitante no apartado H: familia numerosa, minusvalía do solicitante ou dalgún irmán, etc.

-       

Informe do Gabinete onde vai empregar a axuda o solicitante.

-       

Declaración responsable, da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou de linguaxe, conforme reúne os requisitos de formación esixidos.

 

 

MOI IMPORTANTE:

 

 O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar comeza o 8 de maio e remata o 20 de setembro de 2023.

O alumnado con BECA que marchen do centro ó IES adscrito terán que solicitala no IES.

            Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración, poñédevos en contacto co centro.  

HORARIO DO ORIENTADOR NO CENTRO

Luns de 10:00 a 14:00

Martes de 09:00 a 14:00

O CANTO DO CUCO


Cuco común - SEO/BirdLifeComezou a Primavera, xa logo chega o mes de abril e un ano máis desde o EDLG do cole convidámoste a participar neste apaixonante traballo de campo. Consiste de novo na recollida do canto do cuco nun deses magníficos paseos que sabemos que facedes pola fermosa contorna natural que temos. Seredes quen de gravalo e incluso de sacarlle unha foto? Si é así animámosvos a enviar a seguinte información á dirección de correo que vos achegamos:

  • Nome da alumna ou alumno
  • Lugar no que o escoitei (barrio, aldea e parroquia)
  • Data e hora na que o escoitei.
  • Audio e/ou foto.

edlgsoutodonas@gmail.com

Tamén podedes empregar o seguinte formulario si vos resulta máis cómodo.

Logo de recollida a información, identificaremos o lugar nun mapa do concello de Gondomar, con todas as súas parroquias, situado nas escaleiras interiores do centro.

Graciñas por participar e que teñades unha marabillosa primavera máis.

PREMIO.

Velaquí temos as primeiras exploradoras e exploradores que deron co CUCOParabéns por atopalo.

  • Ivo de 1º B escoitouno en Peitieiros o 31 de marzo.

Audio de Ivo.

  • Marina de 1º B escoitouno o 2 de abril nos montes de San Cibrán.

Vídeo de Marina.

Ademais Marina tamén nos mandou este fermosísimo dito que recita a súa avoa.

Avoa de Marina.

  • Tamén Olivia de 6º de primaria escoitou ao noso protagonista en Pinzás e aquí nos envía testemuño delo.

Audio de Olivia.

  • Abdón de 2º de Primaria tamén se sumou ao reto e nos achegou un audio e un vídeo.

Audio de Abdon.

Vídeo de Abdon.

  •  Nicolás de 2º de Primaria enviounos este vídeo para dar testemuño de que lonxe das nosas fronteiras tamén teñen a visita do cuco. Rexistrou o canto en Ciudad Rodrigo (Salamanca).

Vídeo de Nico.

  • Carla de 6º de Primaria tamén escoitou ao noso amiguiño e deixounos testemuña delo.

Audio de Carla.

Moitas grazas a todas e todos por ter participado. Animádevos a continuar na busca deste fuxidío compañeiro e a seguir a gozar do fermosísimo patrimonio natural que temos. 

Deixámosvos nos anexos un marcapáxinas conmemorativo.


 

8 M.IGUALDADE XA!

 

Xa sabes que o día 8 de marzo é o día Internacional da Muller. Este día reivindicamos a loita da muller pola igualdade e pola participación activa na sociedade. No cole fixemos unha manchea de actividades coas que pretendemos amosar o noso rexeitamento a estas situacións de desigualdade.

Nas aulas elaboramos unhas fermosas siluetas para o noso mural central, logo fixemos unhas canisetas de papel ben fermosas nas que a artista baionesa Irene Silva estampou un símbolo que reivindica a igualdade. Penduramos esas camisetas nunha tendedeira na entrada do cole e finalizamos cun acto central de intercambio de camisetas co que simbolizamos a nosa postura a prol da igualdade efectiva.

Na seguinte ligazón podes ver un vídeo resumo das actividades, agardamos que vos guste.

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

 

 

PREMIO "AIRIÑOS"

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian ese renacer primaveral.

Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!

Como pasou con outras datas –por exemplo, coa noite de San Xoán–, a Igrexa acabou cristianizando a celebración pagá que tiña lugar o 2 de febreiro: o día da Candeloria.

A Candeloria tamén serve para anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera: “Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir”. É o mesmo concepto que o Día da Marmota estadounidense, cando este animal prevé a chegada inminente da nova estación (ou non).

Velaquí os estupendos traballiños que fixemos para conmemorar esta data.

 

DÍA DA PAZ

A HISTORIA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS

Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se constrúes mil grúas de papel. A consígna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.

Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima,cidade na que vivía. Dez anos máis tarde (cando

tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia.

Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a historia das1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel (papiroflexia), os deuses concederanche ese desexo que tanto anhelas.

É así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesmas 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo 

porque faleceu moito antes de poder acabalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só

conseguira encartar 644 grúas de papel. Simbólicamente, os seus amigos continuaron 

a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras 

no futuro e conseguísese a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde 

da morte de Sadako, os nenos e nenas de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle 

unha estatua dela cunha grúa na súa man. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima.

Xustificación do proxecto

O RETO PARA O DÍA DA PAZ

O reto será facer 1000 grúas de papel que colgaremos no centro.

 

Esta actividade de papiroflexia farémola entre os/as alumnos/as, as familias e o profesorado. Durante a súa elaboración  teremos que desexar que remate a guerra e así conseguir superar o reto.

VÍDEO EXPLICATIVO DE COMO FACER UNHA GRÚA DE PAPEL

https://www.youtube.com/watch?v=LLbWxDWqtQg&ab_channel=Papelisimo

 

 

VISITA DO APALPADOR

Vaia sorpresa máis agradable recibimos para rematar o trimestre e, xa que logo, o derradeiro día de clase do ano 2022. O Apalpador e varias das súas acompañantes achegáronse ao cole a traernos unha morea de ilusión e vos desexos para estas datas de Nadal e para o vindeiro ano 2023 que xa chega. Ademais achegáronse cun bo lote de xogos para todas as aulas e para a biblioteca que a bo seguro desfrutaremos.

Moitas grazas á Anpa do noso cole por facelo posible e por ese rico chocolate quentiño que tan ben nos fixo.

Aquí vos deixamos testemuño do acontecido e aproveitamos para desevarnos que gocedes moito destas festas.

 

O APALPADOR XA ESTÁ AQUÍ!

Achegámonos ás datas do Nadal e non podemos deixar pasar por alto a unha figura tradicional do Nadal galego como é o Apalpador. Vaia por diante que a tradición do Apalpador e a Noite do Apalpadoiro estaban totalmente perdidas á entrada do actual milenio. Afortunadamente mantíñanse na lembranza dunhas persoas nadas na primeira metade do século XX e que as viviran de pequenas. Grazas a elas, ao estudo por parte duns poucos e ao esforzo de moitas persoas, podemos dicir que, aínda que quede moito camiño, algo se ten andado xa.

 

 

Aquí vos deixamos información sobre a figura deste persoeiro que a bo seguro será do voso interese.

Cantos de vós coñecedes en profundidade ao carboeiro máis senlleiro do nadal galego?

 

Desde Orgullo Galego apórtannos o seu gran de area na recuperación das figuras mitolóxicas e tradicionais da Galiza.

Quen é? De onde é propio? Cando aparece? OApalpador na cultura tradicional galega e a súa recuperación no século XXI son preguntas que achan resposta neste artigo onde tamén atopamos unha ligazón a este magnífico documental realizado pola Gentalha do Pichel con decenas de grabacións que dan boa conta da súa existencia.

 

 

 

 

 

 Historia de Galicia

 

Desde o portal de Historia de Galicia nos deixan algunhas evidencias dunha tradición case extinta.

 

 

 

 

 

En apalpador.gal atoparás información sobre: Quen é? As súas orixes, outros personaxes do Nadal, así como unha morea de recursos en formato de láminas e imaxes para colorear,  exemplos de actividades e moitas cousas máis.

 

Dende o Portal da Lingua tamén nos ofrecen unha actividade na que, a través de sinxelos exercicios e xogos, o alumnado dos primeiros cursos de primaria coñecerá mellor a figura máis tradicional do Nadal galego, o Apalpador.

 

VIEIROS DA ESCOLA

Hai xa anos desde Vieiros nos ofrecían unha man chea de ferramentas moi útiles para coñecer máis sobre esta figura.

Aquí vos deixamos a ligazón a unha presentación feita con "Genially" da que seguro que gozaderes.

 

 

Conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres

Neste curso 2022/2023, afondamos as orixes do 25N a través dunha actividade onde o alumnado deberá surcar as ondas moradas.

Con ela, coñeceremos a historia deste día, así como a historia de mulleres que tiveron que pasar por este trance e que axudan na súa eliminación. 

 

CHEGOU O CICLO DO INVERNO. CHEGOU A FESTA DAS CABAZAS.

Un ano máis velaquí tedes unha pequena vídeomontaxe coas cabazas que trouxestes. Moitos parabéns e moitas grazas pola vosa paticipación. Agardamos que teñades un moi bo paso polo ciclo de Inverno. Para ver a montaxe non tedes máis que premer na imaxe.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut