Skip to Content

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA (PARLAMENTO E CATEDRAL).

O xoves 10 de decembro fixemos unha saída a Santiago de Compostela.

En primeiro lugar visitamos o Parlamento de Galicia e pola tarde as cubertas da Catedral.

 

Mentres agardávamos para entrar ao Parlomento, merendamos e descansamos un pouco. Cando entramos recibiunos un guía que foi o que nos acompañou durante toda a visita.

O guía ensinounos que:

O Parlamento de Galicia é a institución onde reside o poder lexislativo (encargado de facer e reformar as leis)da comunidade autónoma de Galicia.

 

Foi instaurado, con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981.

 

As suas funcións principais son:

  • Elaborar e reformar as leis de Galicia.

  • Controlar as acción s do goberno da comunidade.

  • Elixir de entre os seus membros ao Presidente da Xunta de Galicia.

 

                  

A sede do Parlamento de Galicia aséntase no Pazo do Hórreo.

O salón de sesións é o lugar habitual onde se celebran as sesións plenarias. Os deputados ocupan os escanos (dispostos en forma de hemiciclo) fronte á mesa presidencial.

 

O presidente da Xunta de Galicia e o seu goberno ocupan a primeira fila, e o resto de deputados e deputadas, agrupados por grupos parlamentarios, sentan no resto dos escanos.

 

O Parlamento de Galicia está formado por 75 deputados. Destes, son elixidos

24 pola provincia da Coruña, 21 pola de Pontevedra, 15 pola de Lugo e 15 pola de Ourense. Tras as eleccións do 21 de outubro de 2012 o resultado para a súa configuración durante a IX Lexislatura foi:

 

Presidenta: Pilar Rojo Noguera (PPdeG)

Vicepresidente primeiro: Miguel Santalices Vieira (PPdeG)

Vicepresidenta segunda: Marisol Soneira Tajes (PSdeG-PSOE)

Secretario: José Manuel Balseiro Orol (PPdeG)

Vicesecretaria: Concepción Burgo López (PSdeG-PSOE)

 

Grupos Parlamentarios

Nome

Partidos

Portavoz

Escanos

Grupo Parlamentario Popular

PPdeG

Pedro Puy Fraga

41

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

PSdeG-PSOE

José Luís Méndez Romeu

18

Grupo Parlamentario de AGE

AGE

Xosé Manuel Beiras Torrado

7

Grupo Parlamentario do BNG

BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

7

Grupo Mixto

Grupo Mixto

Carmen Iglesias Sueiro

2

 

A actividade do Parlamento de Galicia desenvólvese en dous períodos de sesións:

un que abarca os meses de setembro a decembro e outro do 15 de xaneiro ao 15 de xullo.

 

As sesións plenarias son públicas, existindo no salón de sesións a tribuna, que é un espazo reservado a quen desexe seguir as intervencións en vivo e en directo.

Para iso, a persoa interesada debe solicitar a correspondente invitación á presidencia ou a algún grupo parlamentario. Tamén é posible seguir os debates a través da web do Parlamento, en Parlamento TV, no momento da celebración da sesión plenaria.

 

Ao rematar a visita fixemos un percorrido polas rúas de Compostela. Chegamos a Alameda e alí almorzamos e pasamos un rato de lecer antes de dirixirnos ata a Catedral para poder visitar as súas cubertas.

          

 

Alí unha guía acompañounos durante todo o percorrido e contounos que as cubertas da Basílica Compostelá foron, -desde as orixes do edificio-, de granito e graduadas; ás que se podía acceder a través das torres da fachada medieval do Mestre Mateo. A finais do s. XVIII- comezos do s.XIX foi cuberta de tella e non foi ata mediados do s.XX cando voltaron a ser de pedra.

   

Tras o ascenso polas estreitas escaleiras da torre, aparecen as impresionantes cubertas graduadas da Catedral, que se percorren en toda a súa extensión.

Subir ás cubertas do Santuario Xacobeo é ter acceso a un lugar privilexiado desde o cal se pode rematar a visión da Basílica, e, ao mesmo tempo, contemplar a cidade de Compostela.

A case 300 metros de altitude, a 30 metros por encima da Praza do Obradoiro e cun campo de visión de 360 graos, a mirada deslízase polos tellados e pérdese nos montes circundantes nunha visión inesquecible.

 

Resultounos unha saída moi didáctica e divertida.

Pasámolo fenomenal!!

 

 

 



page | by Dr. Radut