O martes 10 de febreiro víu a nai de Amber de 3º (Sandra), a darnos unha charla. Sandra é bióloga e está dirixindo actualmente un máster na universidade de Vigo.
Alí foron testemuñas da inmensa variedade de animais e prantas que ten a selva amazónica. A súa investigación centrouse nas pautas de comportamento do "pássaro-boi", paxaro que emite uns sons moi peculiares e parecidos a unha vaca. Ademais de toda a información que nos achegou sobre esta investigación tamén nos amosou cales son as principais destrezas dun científico e moita información interesante que complementa de xeito excelente o noso mural da exposición sobre Manaus capital do distrito da Amazonía. MOITAS GRAZAS !! |
PODEDES ESCOITAR AO PÁSSAR-BOI NESTE VIDEO: