Skip to Content

É TEMPO DE SAMAÍN

 

" VÉN O SOLPOR, HAI QUE CORRER

NO SAMAÍN TODO PODE ACONTECER. 

VOAN CABAZAS E FALAN MORCEGOS, 

LUCES QUE BAILAN TODAS ENRIBA DOS CEOS. 

 

PELOS DE PUNTA, CHEIRO A CANDEAS, 

AS SOMBRAS BAIXAN TODAS POLA CHEMINEA. 

COR DE CASTAÑAS, FIUNCHO MENCIÑEIRO, 

QUEDAN ATRÁS OS QUE NON CORREN OS PRIMEIROS..."

 

Co 31 de outubro chega o aninovo celta e con el a transición do verán cara o inverno. Esta data está moi relacionada co mundo dos mortos. Os celtas creían que esa noite se abría unha porta e o mundo dos vivos quedaba en comunicación do mundo dos mortos , polo menos, durante unhas horas. 

Durante esta época non se podía saír do pobo, pois as ánimas dos mortos viñan a visitar as súas familias e a comer os alimentos que lle tiñan preparados con todo o cariño. 

Cabe mencionar unha tradición curiosa de cara a esta data: os celtas amontoaban caveiras dos seus mortos e pintábanas. Dita tradición calou fondo na nosa cultura, pois durante anos tíñase por costume amontoar milleiros de pedras nas encrucilladas dos camiños mentres que se pedía un desexo por cada pedra depositada. 

 

Proseguindo o seu legado, convidámosvos a manter a actividade que vimos facendo para conmemorar esta nosa festa:

1. Escolle unha cabaza ou un nabo dun tamaño manexable e facilmente transportable (preferentemente nunha bolsa na que poidas traela de volta para a casa).

2. Decórao sen empregar para elo materiais que sexa preciso recuperar.

3. Tráenola ao cole o LUNS 30  para facermos a exposición. (Aquelas que presenten bo estado enviarémolas de volta para casa o xoves)

4. Este ano o noso proxecto de centro trata sobre o mar (lembramos o título,"Amar o mar"). De forma opcional, as cabazas poden estar decoradas dacordo esta temática. 

 



page | by Dr. Radut