Skip to Content

CLUB DE LECTURA CON ÁNXELA LOUREIRO

O venres 4 de xuño as alumnas e alumnos de cuarto de Primaria participamos dun club de lectura con Ánxela Loureiro. Trátase da autora de, entre outros libros, o que leva por título "Choiva de ras". Desfrutamos moito coa súa lectura e máis aínda coa posibilidade de compartir con ela este momento.

Resultounos emocionante descubrir como foi a creación do relato baseado na aventura levada a cabo por RaMona e moi interesante saber cales foron as fontes inspiradoras da autora.

Non deixedes de ler esta trepidante aventura.

 



page | by Dr. Radut