Skip to Content

Día da muller e a nena na ciencia

Este mes de febreiro celebramos no cole o día internacional da muller e a nena na ciencia. O alumnado de 1º e 2º de Primaria tivemos o gusto de charlar con Rosario Domínguez Petit "Mima" (nai de Hugo de 3º de Primaria) que traballa no Centro oceanográfico de Vigo co obxectivo de reflexionar sobre a escasa presenza das mulleres en carreiras STEM e coñecer de primeira man o traballo dunha científica no seu día a día. Mima fixonos unha introducción sobre científicas famosas ao longo da historia, contounos detalles e anécdotas relacionadas co seu traballo e a súa traxectoria profesional e respondeu as nosas preguntas con gran amabilidade e paciencia.

Mil grazas polo teu tempo Mima!!

Aproveitamos esta entrada para facernos eco da campaña "No more matildas" da  Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas que busca denunciar as consecuencias do Efecto Matilda.



page | by Dr. Radut