Skip to Content

NOTICIA REUTILIZAR

 

O Faro de Donas                                                             Xoves, 30 de xaneiro de 2020

 

4º salva o planeta

ALUMNADO 4º PRIMARIA

DONAS / O FARO

 

Este ano no CEIP Souto–Donas, pertencente a Gondomar, están a participar coas tres R. Unha delas é Reducir, a segunda é Reutilizar e a terceira é Reciclar. 

 

Dende comezo do curso 2019-2020 a clase de 4º de primaria está reutilizando un montón de cousas.

 

 

 

Por exemplo aos tapóns das botellas póñenlles números para xogar ás Matemáticas

 

 

 

As caixas de zapatos reutilízanas para gardar obxectos de moitos tipos. Collen os botes de colacao, de café, etc para poñer os materiais. 

 

Coas cartolinas fan tarxetiñas para xogos de lingua: fan determinantes, verbos, adxectivos... 

  

 

Os sobres das notas reutilízanos dun ano a outro e durante todos os trimestres. 

 

 

Empezaron como tolos reutilizando e van mellorando pouco a pouco.

 

 

Unídevos a REUTILIZAR.

 

 



page | by Dr. Radut