Skip to Content

Histórico centro

DÍA DA PAZ

A HISTORIA DE SADAKO E AS MIL GRÚAS

Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se constrúes mil grúas de papel. A consígna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.

Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima,cidade na que vivía. Dez anos máis tarde (cando

tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia.

Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a historia das1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel (papiroflexia), os deuses concederanche ese desexo que tanto anhelas.

É así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesmas 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou conseguilo 

porque faleceu moito antes de poder acabalas todas. Morreu en outubro de 1955 e só

conseguira encartar 644 grúas de papel. Simbólicamente, os seus amigos continuaron 

a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras 

no futuro e conseguísese a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde 

da morte de Sadako, os nenos e nenas de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle 

unha estatua dela cunha grúa na súa man. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima.

Xustificación do proxecto

O RETO PARA O DÍA DA PAZ

O reto será facer 1000 grúas de papel que colgaremos no centro.

 

Esta actividade de papiroflexia farémola entre os/as alumnos/as, as familias e o profesorado. Durante a súa elaboración  teremos que desexar que remate a guerra e así conseguir superar o reto.

VÍDEO EXPLICATIVO DE COMO FACER UNHA GRÚA DE PAPEL

https://www.youtube.com/watch?v=LLbWxDWqtQg&ab_channel=Papelisimo

 

 

PISTA DE XEO DE GONDOMAR

O martes 20 de decembro as alumnas e alumnos de terceiro e cuarto de primaria fomos a patinar a pista de xeo de Gondomar. Do ben que o pasamos dá conta a seguinte montaxe fotográfica que vos ensinamos.

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/24

ZONAS DE INFLUENCIA GONDOMAR

ANEXO ADMISIÓN

MANUAL PARA AS FAMILIAS

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian ese renacer primaveral.

Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!

Como pasou con outras datas –por exemplo, coa noite de San Xoán–, a Igrexa acabou cristianizando a celebración pagá que tiña lugar o 2 de febreiro: o día da Candeloria.

A Candeloria tamén serve para anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera: “Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir”. É o mesmo concepto que o Día da Marmota estadounidense, cando este animal prevé a chegada inminente da nova estación (ou non).

Velaquí os estupendos traballiños que fixemos para conmemorar esta data.

 

FRANCISCO FERNANDEZ DEL RIEGO

Escritor e editor incansable, un dos fundadores de Galaxia, presidente e renovador da Real Academia Galega e impulsor do Día das Letras Galegas, foi sempre un home ponte entre xeracións, ideoloxías e entre a Galicia de aquén e de alén mar.

Neste espazo imos por ligazón a distintos lugares onde podemos atopar información sobre a figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

 PORTAL DA LINGUA GALEGA.

 

 

 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. O CAMIÑO ANDADO DAS LETRAS.

 

 

 

 RAG. PRIMAVERA DAS LETRAS.

 

 

 

 RAG. PRIMAVERA DAS LETRAS.

 

A Real Academia Galega comezou a emisión de Francisco

Fernández del Riego, o que nunca se rendeu, unha serie web

documental de seis episodios que percorre a biografía do autor

ao que lle dedica do Día das Letras Galegas 2023.

 

 

PREMIO "AIRIÑOS"

8 M.IGUALDADE XA!

 

Xa sabes que o día 8 de marzo é o día Internacional da Muller. Este día reivindicamos a loita da muller pola igualdade e pola participación activa na sociedade. No cole fixemos unha manchea de actividades coas que pretendemos amosar o noso rexeitamento a estas situacións de desigualdade.

Nas aulas elaboramos unhas fermosas siluetas para o noso mural central, logo fixemos unhas canisetas de papel ben fermosas nas que a artista baionesa Irene Silva estampou un símbolo que reivindica a igualdade. Penduramos esas camisetas nunha tendedeira na entrada do cole e finalizamos cun acto central de intercambio de camisetas co que simbolizamos a nosa postura a prol da igualdade efectiva.

Na seguinte ligazón podes ver un vídeo resumo das actividades, agardamos que vos guste.

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

 

 



by Dr. Radut