Iniciamos este curso con moita ilusión. Vai a ser un curso activo, cheo de experiencias novas que nos farán mellorar como seres humanos.
![Imágenes Relacionadas Con La Educación Física](https://th.bing.com/th?q=Im%c3%a1genes+Relacionadas+Con+La+Educaci%c3%b3n+F%c3%adsica&dc=2&w=100&h=100&c=1&rs=1&qlt=90&cb=1&pid=InlineBlock&mkt=es-ES&cc=ES&setlang=es&adlt=moderate&t=1&mw=247)
Sabedes que estamos programados para movernos. Os nosos corpos son máquinas de precisión que nos ofrecen a posibilidade de facer distintos tipos de movementos. Imos experimentalos todos.
![El aparato locomotor y el esqueleto del hombre - eurorecetas.com](https://www.eurorecetas.com/wp-content/uploads/2019/06/esquelo_humano-1024x1024.jpg)
É preciso que coidemos o noso corpo polo que temos que ser moi coidadosos co que comemos. A COMIDA REAL, a que atopamos directamente na natureza é a que nos vai a aportar máis e mellores nutrientes. Temos que deixar de lado os ultraprocesados (alimentos sometidos a procesos industriais).
![Resultado de imagen de imagenes comida real](https://th.bing.com/th/id/OIP.dzsveJx7kyXaNqJ39wziVwHaEI?w=330&h=184&c=7&r=0&o=5&pid=1.7)
Temos que evitar o sedentarismo, o pasar tempo sentados, sen movernos. Temos un entorno fantástico que nos permite facer un montón de actividades diferentes (bicicleta, surf, caminatas, carreiras, saltos, bailes, ...).Calquera opción é boa. O ideal sería facer algunha actividade motriz fóra do horario lectivo, esto fará que ademáis de facer exercicio, socialicemos con outros compañeiros. Somos seres sociais por natureza e temos que tratar de facer actividades grupais onde teñamos retos compartidos que nos farán máis solidarios e comprensivos cos demáis.
Para calquera consulta podedes empregar o seguinte correo electrónico:
educacionfisicadonas@gmail.com
A través desta páxina web irei informando de actividades que fagamos no centro e as que podedes facer na vosa contorna.
Unha aperta e feliz curso a todos/as.
Nano.