Skip to Content

Histórico centro

NOVA DIRECTIVA. CURSO 2020-21. CONTACTO

A directiva da ANPA está conformada polas seguintes persoas:
 
  • Presidenta: Laura Martínez Sánchez
  • Vicepresidente: Jesús Balboa Luis
  • Secretaria: Rosario Domínguez Petit
  • Tesorera: Sonia Torres Nicolao
  • Vocal 1: Leticia Arias Caride
  • Vocal 2: Lorena Arias Caride
  • Vocal 3: Samanta Torre Diego
  • Vocal 4: Noelia Piñeiro Vázquez
  • Vocal 5: Mónica Ramilo Méndez

 

Teléfono de contacto:  675.948.901 .Atenderase de 10:00 a 20:00h, de luns a venres. Todas as chamadas serán devoltas e as mensaxes contestadas.

Correo electrónico: anpasoutodonas@gmail.com

OBRADOIRO "REGUEIFAS" 1º TRIMESTRE- CURSO 2019-20.

Comezamos o Obradoiro de “Regueifas” do curso 2019-20 coa seguinte creación,

feita polo alumnado do primeiro trimestre.

 

Esperamos que gocedes dela!!!

 

Preme na IMAXE e visualizarás o noso traballo.

BANCO DA AMIZADE.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, recibíu o luns, 2 de decembro, no Concello a Nina, Cristian e Nerea, tres alumn@s do CEIP Souto-Donas que lle entregaron unha carta en nome dos seus compañeiros e compañeiras. Forman parte do grupo de “mediación” que decidiron escribir a misiva para facerlle chegar ao rexedor o seu desexo de que no colexio sitúese un “Banco da Amizade”.

 

Nós somos o grupo de mediación do colexio e gustarianos desenvolver este proxecto no noso centro. Pensamos que é necesario para que ningún/ha nen@ estea so/a nos recreos”.

 

Paco Ferreira felicitou a Nina, Nerea e Cristian pola súa implicación e comprometeuse a situar no colexio Souto-Donas un dos catro “Bancos da Amizade” que, tal e como anunciou recentemente, construiranse no taller de carpintería do Centro Juan María.

É un banco a favor do respecto e a amizade.

CROSS ESCOLAR. 04 DE DECEMBRO, PRAIA DA LADEIRA.

O mércores, día 04 de decembro, celebrouse en Baiona un cross escolar en horario lectivo para os cursos de 2º, 3, 4º e 5º de E.Primaria.

Foi unha xornada deportiva, saudable e amistosa xa que nos atopamos con moitos amigos que estudan noutros centros.

Aquí tedes algunha fotos da xornada:

 

 



by Dr. Radut