Skip to Content

Histórico centro

CHEGOU O CICLO DO INVERNO. CHEGOU A FESTA DAS CABAZAS.

Un ano máis velaquí tedes unha pequena vídeomontaxe coas cabazas que trouxestes. Moitos parabéns e moitas grazas pola vosa paticipación. Agardamos que teñades un moi bo paso polo ciclo de Inverno. Para ver a montaxe non tedes máis que premer na imaxe.

 

 

 

Presentación de candidaturas

ANDAINA DA CASTAÑA

Un ano máis dispuxémonos a conmemorar unha data tan sinalada no noso calendario: o Magosto. E para elo fixemos a Andaina da Castaña. Se premes na seguinte imaxe poderás ver un vídeo. Agardamos que vos guste.

 

 

CROSS ESCOLAR. NOVEMBRO 2022

 

CAMPAMENTO DE NADAL

Campamento de nadal

Información do campamento de nadal organizado pola ANPA. 

CLICA AQUÍ

Conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres

Neste curso 2022/2023, afondamos as orixes do 25N a través dunha actividade onde o alumnado deberá surcar as ondas moradas.

Con ela, coñeceremos a historia deste día, así como a historia de mulleres que tiveron que pasar por este trance e que axudan na súa eliminación. 

 

O APALPADOR XA ESTÁ AQUÍ!

Achegámonos ás datas do Nadal e non podemos deixar pasar por alto a unha figura tradicional do Nadal galego como é o Apalpador. Vaia por diante que a tradición do Apalpador e a Noite do Apalpadoiro estaban totalmente perdidas á entrada do actual milenio. Afortunadamente mantíñanse na lembranza dunhas persoas nadas na primeira metade do século XX e que as viviran de pequenas. Grazas a elas, ao estudo por parte duns poucos e ao esforzo de moitas persoas, podemos dicir que, aínda que quede moito camiño, algo se ten andado xa.

 

 

Aquí vos deixamos información sobre a figura deste persoeiro que a bo seguro será do voso interese.

Cantos de vós coñecedes en profundidade ao carboeiro máis senlleiro do nadal galego?

 

Desde Orgullo Galego apórtannos o seu gran de area na recuperación das figuras mitolóxicas e tradicionais da Galiza.

Quen é? De onde é propio? Cando aparece? OApalpador na cultura tradicional galega e a súa recuperación no século XXI son preguntas que achan resposta neste artigo onde tamén atopamos unha ligazón a este magnífico documental realizado pola Gentalha do Pichel con decenas de grabacións que dan boa conta da súa existencia.

 

 

 

 

 

 Historia de Galicia

 

Desde o portal de Historia de Galicia nos deixan algunhas evidencias dunha tradición case extinta.

 

 

 

 

 

En apalpador.gal atoparás información sobre: Quen é? As súas orixes, outros personaxes do Nadal, así como unha morea de recursos en formato de láminas e imaxes para colorear,  exemplos de actividades e moitas cousas máis.

 

Dende o Portal da Lingua tamén nos ofrecen unha actividade na que, a través de sinxelos exercicios e xogos, o alumnado dos primeiros cursos de primaria coñecerá mellor a figura máis tradicional do Nadal galego, o Apalpador.

 

VIEIROS DA ESCOLA

Hai xa anos desde Vieiros nos ofrecían unha man chea de ferramentas moi útiles para coñecer máis sobre esta figura.

Aquí vos deixamos a ligazón a unha presentación feita con "Genially" da que seguro que gozaderes.

 

 

VISITA DO APALPADOR

Vaia sorpresa máis agradable recibimos para rematar o trimestre e, xa que logo, o derradeiro día de clase do ano 2022. O Apalpador e varias das súas acompañantes achegáronse ao cole a traernos unha morea de ilusión e vos desexos para estas datas de Nadal e para o vindeiro ano 2023 que xa chega. Ademais achegáronse cun bo lote de xogos para todas as aulas e para a biblioteca que a bo seguro desfrutaremos.

Moitas grazas á Anpa do noso cole por facelo posible e por ese rico chocolate quentiño que tan ben nos fixo.

Aquí vos deixamos testemuño do acontecido e aproveitamos para desevarnos que gocedes moito destas festas.

 



by Dr. Radut