Skip to Content

Histórico centro

TORONTO

 

 

Toronto, in Canada,  is the place where Stephanie lives.

1st graders made a collage of the city with the CN Tower and high skyscrapers.

 

 

"SÍNTOME CIENTÍFIC@": EXPERIMENTOS VIAXEIROS DE MAIO-XUÑO

Xuño 2018

Chegou ó seu fin  a "viaxe" dos libros de experimentos que os alumnos de cada curso , dende 6º de Infantil a 6º de Primaria, realizaron en familia. Esta actividade, iniciada a raíz do proxecto de centro deste curso " Síntome científic@", botouse a andar no mes de xaneiro e, ó longo deste tempo, foise nutrindo dos experimentos que realizaron na casa os alumnos coas súas familias. Quizáis algún non se decatou de que a proposta se facía en lingua galega, xa que este proxecto xurdiu coma unha actividade do Equipo de Dinamización Lingüística do centro, co obxectivo de concienciar de que en lingua galega tamén podemos facer pescuda e divulgación científica  de igual xeito que en castelán ou en inglés.

Traballouse moito vocabulario en galego relacionado cos experimentos e a ciencia, ó tempo que os nenos e nenas desfrutaron da actividade nas súas casas.

Moitísimas grazas, familias, porque sen a vosa gran colaboración non se podería levar a cabo!!

E, malia que o libro rematou a súa andaina, así como tamén o curso escolar, non deixemos de "sentirnos científicos" e ... a seguir cos vosos experimentos nos longos días de verán!!

Por certo, para que lles sigades botando un ollo a todos os interesantes e magníficos traballos que realizastes, na biblioteca do centro atoparedes o libro viaxeiro de cada curso.

 

Títeres na biblioteca

Durante o mes de xuño, a biblioteca do centro, encheuse de títeres e marionetas, coa representación de contos por parte dos nosos alumnos. Tan ben, tan ben, o fixeron, que o longo da semana, virán os nenos das distintas aulas de educación infantil a escoitarnos!

 

Madre Tierra. 14 de Xuño 2018. Día Nacional da Lingua de Signos Española

Canción "Madre Tierra" interpretada polo alumnado de educación infantil e 2º de primaria,

pola celebración do Día Nacional da Lingua de Signos Española : 14 de Xuño de 2018

XORNADA DE ORIENTACIÓN CO ALUMNADO DE 4º DE SABARÍS.

 
Xornada espectacular que compartimos co alumnado de 4º do CEP de Sabarís.
 
Fixemos amigos/as e disfrutamos practicando este fermoso deporte.
 
 

FICHA SOCIO CURSO 18-19

Aprendemos sobre as esponxas vexetais

O pasado 3 de outubro veu ao cole a nai de Manuel de 2º, Patricia, a explicarnos o procedemento de cultivo e procesamento da Luffa para obter esponxas vexetais. Foi super interesante!

Mil grazas de novo Patricia

AUTORIZO

MAGOSTO 2018

 

A ANDAINA DA CASTAÑA

Un ano máis dispuxémonos a conmemorar unha data tan sinalada no noso calendario: o Magosto. E para elo fixemos a Andaina da Castaña. Se premes na seguinte imaxe poderás ver un vídeo. Agardamos que vos guste

 

 

 



by Dr. Radut