Skip to Content

Histórico centro

ANPA

Estimadas familias:

 

A dirección da ANPA do CEIP Plurilingüe Souto Donas querémosvos dar a benvida neste curso escolar 2022-2023. Estes son os membros da ANPA:

Presidente: Xesús Míguez Clemente

Vicepresidenta: Samanta Torre Diego

Secretaria: Mónica Ramilo Méndez

Tesoureira: Leticia Arias Caride

Vogais: Ana Rouco Gonda, Andrea Estévez Glez., Eva Vázquez Dorado e Noelia Piñeiro Vázquez

Como sabedes, o curso pasado foi o noso primeiro ano como equipo. Para nós o balance foi positivo, pero sempre se pode mellorar. Aquí vai un resumo das actividades feitas e das propostas para o curso que entra:

Dende a ANPA intentamos, dentro das nosas posibilidades , mellorar os servizos e as instalacións do centro para tódolos peques do cole. O curso pasado retomamos a organización de Actividades Extraescolares e seguimos coa xestión da Aula Madruga.

Outras actividades que realizamos foi a entrega de regalos a cada clase no Nadal por parte do Apalpador, a colaboración na chocolatada, a entrega de orellas no Entriodo e de xeados  na festa de Fin de Curso, así como a contratación da empresa Ludiland para levar a cabo esta festa. Así  mesmo, a ANPA fixo unha aportación económica para a excursión de 6º

Tamén se fixeron varias aportacións para, da man do Equipo Directivo e o claustro, mellorar as instalación e o equipamento do cole. Algún exemplos son:

As novas mesas exteriores de madeira

A caseta exterior para a Blibioteca

As novas camisetas de deporte

 

Para este curso que comeza, xa sen as restriccións sanitarias dos tempos da pandemia,  intentaremos celebrar ás festa de Nadal e Fin de curso como se viña facendo anteriormente para o disfrute de toda a Comunidade Educativa.

Ademáis, este ano mantemos a maioría Actividades Extraescolares e facemos alguna proposta nova. Tamén ofertamos un servicio de ludoteca polas tardes para colaborar coa conciliación familiar.

 

Para poder levar a cabo todas estas actividades e outras, consideramos necesaria unha maior implicación por parte das familias, tanto á hora de botar unha man nas propostas da ANPA (xa sabemos que sacar tempo para axudar non sempre resulta doado, pero merece a pena intentalo!) como na aportación económica. É por isto polo que decidimos  que a cota será de 20€ anuais por familia.

 

 O curso pasado o 57% das familias eran socias da ANPA  e agardamos que ese número siga aumentando este curso. Non esquezades que todas as acción da ANPA son en beneficio de todo o alumnado do centro.

 

                A comunicación da ANPA ca dirección do centro é moi fluída e positiva polo que calquera inquedanza, idea ou suxestión que teñades transmitiremola  sen problema. Estaremos moi agradecidos de que vos poñades en contacto con nós a través dos seguintes medios:

 

No buzón da ANPA que se atopa na entrada principal do centro.

 

Correo electrónico: anpasoutodonas@gmail.com

Facebook: ANPA DONAS

                Para rematar, agradecer a tódalas familias socias que ano tras ano confían na labor da ANPA e  convidar ás que aínda non o son, e ás que inician este ano a súa andaina no colexio.

Feliz Curso 22-23!                                                                                                                                           ANPA SOUTO DONAS

 

Exemplos en imaxes do realizado o curso pasado:

 

 

NO ADXUNTO ESTÁ A FICHA DE INSCRICIÓN PARA SER SOCIOS DA ANPA

INFORMACIÓN EDIXGAL PARA AS FAMILIAS

Deixamos dous titorias para as familias sobre Edixgal. 

INICIO BIBLIOTECA

INICIO BIBLIOTECA POLAS TARDES

Informamos ás familias que o servizo de biblioteca polas tardes dará comezo o 17  de outubro, xa que despois das obras do verán, aínda non está preparada nin inaugurado o curso lector 22/23.

A partir desa data o seu horario será de LUNS  a XOVES, de 16:00 a 18:00h para o alumnado de 3º de primaria en adiante. 

PLAN DIXITAL

No adxunto está o Plan Dixital a vosa disposición. 

A ORIXE DA NOSA LINGUA GUAPA

QUERES SABER ALGO MÁIS DA ORIXE DA NOSA LINGUA?

A comunidade educativa do CPI Santa Lucía participou nunha curtametraxe de ficción que nos achega a resposta.

A cinta baséase nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey, que asina o guión coa profesora de galego Fátima R. Ruibal. A docente do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño) é ademais a mestra-meiga que protagoniza esta película canda as verdadeiras estrelas da produción: os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía  que se converteron en actores e actrices para a ocasión. Todo o equipo, baixo a batuta de Damián Varela na dirección, traballou arreo durante a pasada primavera nesta historia na que realidade e fantasía se entretecen para explicarlle ao público novo como se foi formando ao longo dos séculos o galego.

A rodaxe tivo lugar no propio centro educativo e na Casa do Pardiñeiro, tamén en Moraña, e executouse co apoio económico converteron da Deputación da Coruña, patrocinadora de Primavera das Letras.

Preme na seguinte imaxe si queres ver a curtametraxe.

 

 

CERCO AO LOBO

Durante este curso que ven de comezar imos desenvolver no cole toda unha serie de actividades arredor do Proxecto titulado o Lobo. Para achegarnos a un coñecemento da súa situación actual dende o EDLG vos aconsellamos unha lectura desta interesante información que nos ofrecen dende o portal da Ciencia Galega GCiencia. Con certeza atoparedes datos interesantes para acompañar o vosos traballos neste Proxecto que se nos presenta ben emocionante.

 

 

Evolución da distribución do lobo na península dende o século XIX á actualidade.

 

 

 

Como sempre nos di a "Sciencia" debemos por sempre a fonte orixinal. Velaquí está:

https://zslpublications.onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/acv.12814

COMEZA O CICLO DO INVERNO

Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o millo e as cabazas. É tempo en que a rapazada fai os deseños na cortiza das cabazas, nabos ou patacas seguindo unha antiga tradición. Comeza o ciclo do inverno, da escuridade, da inactividade agraria. É tempo de recollerse é tempo de ... contactar e honrar aos nosos defuntos!

"Nin as bruxas, nin os demos ou zombis pintan nada no imaxinario desta festa, todo o máis as pantasmas coa cara tapada ou emborrallada como no magosto, festa que, por certo, ten bastante proximidade con esta. E dende logo nada de morcegos, arañas, bufos, ou outros animais semellantes, respectados no rural polos seus beneficios e satanizados... no Halloween." www.blogofiadeiro.blogspot.com

Si queres saber máis sobre a verdadeira orixe da celebración nesta ligazón poderás ver unha entrevista ao experto Antropólogo Rafael Quintía. 

Convidámosvos a manter a actividade que vimos facendo para conmemorar esta nosa festa:

1. Escolle unha cabaza ou un nabo dun tamaño manexable e facilmente transportable.

2. Decórao sen empregar para elo materiais que sexa preciso recuperar.

3. Tráenola ao cole o mércores 26 (xoves 27 os de Infantil) para facermos a exposición. (Aquelas que presenten bo estado enviarémolas de volta para casa o venres)

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR 2022

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR NO SECTOR DE NAIS/PAIS

2022

No mes de novembro hai ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR. É unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar. A continuación informámosvos deste proceso no que se refire ás nais/pais.

A organización e supervisión electoral correspóndelle á XUNTA ELECTORAL, presidida pola directora e integrada por unha nai/pai, mestra/mestre e un persoal non docente. Os membros  do consello escolar elixidos serán nomeados por un período de catro cursos escolares. Os membros da XUNTA ELECTORAL son:

- Presidenta: Olga Álvarez González

-  Vogal 1: Belén Bernárdez Cibeira

- Vogal 2: Samanta Torre Diego

- Vogal 3: Raúl González Fernández

A QUEN SE ELIXE?: 2 nais/pais que serán os representantes no Consello Escolar. No noso centro  contamos con 5 nais/pais, un deles é representante da ANPA. Nas próxima renovación parcial, elíxense 2 membros mediante votación das familias.

QUEN PODE SER CANDIDATO?: todas as nais/pais/titores legais que teñan fillas/os matriculados no centro e incluídos no censo electoral. O prazo de presentación de candidaturas empeza o día 11 de novembro e remata o 18 do mesmo mes ás 14h. As interesadas/os deberán cubrir e asinar o impreso de candidatura que podedes recoller no centro ou descargar aquí e presentalo na secretaría do colexio. A publicación das candidaturas farase o día 21 de novembro.

QUEN PODE VOTAR?: todas as nais/pais ou titoras/es legais que teñan alumnas/os matriculadas/os no centro e estean incluídos no censo que será exposto o 10 de novembro no taboleiro de anuncios. Tedes que comprobar se estades incluídos e se os datos son correctos. Se hai algún erro, teredes que facer unha reclamación (prazo: ata o 17 de novembro). O voto será directo, secreto e non delegable. Terá dereito a votar tanto a nai coma o pai da alumna/o ou, de ser o caso, o titor/a legar. Para poder facer uso do dereito ó voto, haberá que presentar  DNI, pasaporte, carné de conducir, etc.

DÍA DAS VOTACIÓNS: terá lugar o martes 29 de novembro  de 9:00 a 10:00, de 13:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:00h. Será no centro, na sala multiusos (ximnasio pequeño).

Dada a importancia deste órgano no centro, animamos ás nais/pais a participar nas eleccións presentando a súa candidatura ou votando a quen crean máis convinte.

A Xunta electoral fai público o censo de responsables do alumnado para poder votar nas eleccións ó Consello Escolar.

CENSO DE RESPONSABLES 

A Xunta electoral fai público o listado de nais/pais que presentan candidatura para as eleccións ó Consello Escolar.

LISTADO DE CANDIDATURAS

A Xunta electoral fai público o escrutinio do sector nais/pais para a nova composición do Consello Escolar.

ESCRUTINIO

 

TADOS DAS VOTACIÓNS E COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 

 

ENLACE Á NORMATIVA

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-210922-0003_gl.pdf

Programación Xeral Anual 2023/24

Programación Xeral Anual (PXA) 2023/24

 

A NOITE DE DEFUNTOS: CRENZAS E TRADICIÓNS.

Todas as culturas do mundo, dende que o home é home, estableceron rituais para honrar e conmemorar os seus mortos. A orixe do noso actual Día de Defuntos pérdese, xa que logo, na noite dos tempos, por iso as celebracións de hoxe en día son herdeiras de antigas tradicións, ritos e crenzas que como pobo construímos ao longo da nosa historia.

En moitos lugares por estas datas lembran que ían pedir polas almiñas dos defuntos. Por exemplo en Caldas de Reis ían a "Pericha" nestes días polas casas, pedían nabos, millo, cabazas e outros produtos da horta, na Illa de Arousa aínda as crianzas, acompañadas polas nais e pais saen todos os anos a pedir a esmoliña baixo o lema "unha limosniña polos defuntiños que van alá"

Aquí tedes información interesante sobre esta conmemoración que vos axudará a comprender un pouco máis sobre as orixes.

 



by Dr. Radut