Skip to Content

Histórico centro

BECAS NEAE

           

        

         

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO  PARA O CURSO 2023-2024 (becas de Educación Especial).

 

 

       Documentación para solicitar

 

A TER EN CONTA:

1.- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas .

2.- No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)

Nota: (Considéranse membros da unidade familiar: o solicitante, os pais ou titores, os irmáns solteiros que vivan no domicilio familiar, ou de calquera idade cando sexan discapacitados, e os ascendentes dos pais do solicitante que vivan no domicilio familiar)

Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas dúas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.

Presentarase tamén documentación acreditativa do certificado de discapacidade.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

 

          -  A solicitude, que se cubrirá na páxina web da sede electrónica do Ministerio de Educación. Poden copiar este enlace para acceder directamente: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

            - Copia dos datos identificativos da  conta bancaria (código conta cliente). O solicitante (alumno)  deberá figurar obrigatoriamente entre os titulares ou cotitulares da conta.

            - Copia do DNI ou no seu caso número de identificación de estranxeiro (NIE) de todos os membros da unidade familiar maiores de 14 anos

-       

Copia dos xustificantes das situacións que declare o solicitante no apartado H: familia numerosa, minusvalía do solicitante ou dalgún irmán, etc.

-       

Informe do Gabinete onde vai empregar a axuda o solicitante.

-       

Declaración responsable, da persoa que imparta a reeducación pedagóxica ou de linguaxe, conforme reúne os requisitos de formación esixidos.

 

 

MOI IMPORTANTE:

 

 O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar comeza o 8 de maio e remata o 20 de setembro de 2023.

O alumnado con BECA que marchen do centro ó IES adscrito terán que solicitala no IES.

            Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración, poñédevos en contacto co centro.  

HORARIO DO ORIENTADOR NO CENTRO

Luns de 10:00 a 14:00

Martes de 09:00 a 14:00

Festa da bicicleta

Á atención do Director/ra:

 

Dende a Concellaría de Deportes, COMUNICAMOSLLE QUE:

 

O vindeiro 17 de maio o Concello de Gondomar en colaboración cos Concellos de Baiona e Nigrán, organizamos a Festa da Bicicleta O Val Miñor, agradecémoslle que publique este enlace onde teñen toda a información, na súa páxina de información os pais/nais.

 

Sen outra reciba un cordial saúdo.

 

 

https://concellodegondomar.gal/chega-unha-nova-edicion-da-festa-da-bicicleta-do-val-minor/

AULA MADRUGA

Aula matinal.

Hai servizo de aula matinal atendido por unha coidadora en horario de 08:00 a 09:00. Lévase a cabo no comedor do centro.

SERVIZO DE COMEDOR

O servizo de comedor está xestionado por nós  e depende da Consellería. É de xestión indirecta.

Está  atendido por catro coidadoras en horario de luns a venres de 14:00 a 16:00 horas.

Recollida de comida para a protectora "Baisenpulgas"

O alumnado de 1º organiza unha recollida de comida húmida para cans e gatos co fin de axudar á protectora de animais Baisenpulgas. 
 
Queredes colaborar? Traede algo de comida húmida para cans e gatos e depositádea na caixa que hai na entrada do cole. Durante o mes de maio.  
 
#XuntosMellorandoAcontorna
#SoutoDonas
 
 
 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS: CURSO 2023/24

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE

MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS:

CURSO 2023/24

O 19 de maio publicouse no DOG A ORDE DO 10 DE MAIO DE 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023-24 destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria.

O prazo para solicitar as axudas de material escolar no Centro será do 22 de maio ao 16 de xuño.

Para a tramitación podedes descargar:

 

 

A solicitude (Anexo I + Anexo II) e a documentación xustificativa, de ser o caso, poderán entregarse das seguintes formas:

- POR CORREO ELECTRÓNICO, adxuntando a documentación necesaria e o Anexo I e II ben cuberto e asinado en todos os recadros. Escanear todo e enviar ao enderezo ceip.souto.donas@edu.xunta.gal poñendo no asunto “Solicitude Axudas Material Escolar_Nome do alumno/a”.

- POR VÍA ELECTRÓNICA, nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «Fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal con código de procedemento ED330B mediante Certificado Dixital ou Chave365.

- EXCEPCIONALMENTE, DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO, en horario de 9:00-10:00 e de 13:00-14:00h

 

Adxuntos:

- Información para as familias

- Anexos I e II

- Orde  do 10 de maio de 2023

Axuda familias

XORNADA DE CONVIVENCIA

 

O vindeiro venres 9 de xuño faremos no colexio unha xornada de convivencia do noso

alumnado e o alumnado de infantil e 1º de primaria que se incorporará o próximo curso

2023/24

 

Invitámosvos a vir cos nenos/as (acompañados de adultos) dende as 11:30 ata as 13:00

horas.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

INFORMACIÓN FAMILIAS



by Dr. Radut