Skip to Content

Histórico centro

A NOSA HISTORIA

As alumnas e alumnos de terceiro estamos a elaborar unha historia durante estes días. Queriamos compartila con todas e todos vós por se vos serve para levar mellor estas datas. Xa sabedes que a lectura  tal e como nos dicía Xosé Neira Vilas "Te transportan a un mundo que facemos noso e no que ninguén nos poderá incomodar ou pertubar. A súa forza é vital".

Pouco a iremos actualizando a nosa composición. Agardamos que gocedes da súa lectura tanto como nós elaborándoa.

Unha aperta para todas e todos. Coidádevos moito na casa.

 

 

CAPÍTULO 1

 

A FERMOSA AMIZADE ENTRE MATILDA E O VERME

 

Hoxe síntome ben, durmín toda a noite e pola fiestra albisco unha raiola de sol. Levanteime a almorzar o meu leitiño cunhas torradas untadas en aceite.

Despois de almorzar fun ao xardín a coller unhas mazás da árbore, e de súpeto vin un pequeno verme almorzando a mazá. Nisto o verme mira para min curiosamente e me di: 

_Ola!!!

Primero asusteime  e despois con voz tímida dixen:

_Ola?

Logo mirei un paxaro, e levei a mazá a casa para protexer o verme pois quería comelo.  

Pousei a mazá na mesa da cociña, o verme saiu e mirándome fixamente díxome:

_Grazas!   

Aparece miña nai e pregunteillei se podía quedarme con el. Díxome que si pero que tiña que coidalo. Entón leveino comigo para ensinarlle a miña habitación e presentarlle as miñas bonecas. Metino nunha caixiña transparente e deille unha galleta pequena. Deixei que rematase a galleta e pregunteille como se chamaba.

_Chámome Boqueixón. E ti como te chamas?

_Eu son Matilda. Non sabía que os vermes falabades.    

_Pois si que falamos e falamos moito.

_Estás a gusto metidiño na caixiña?

_Claro que si, moitas grazas por coidarme moi ben. Pero Matilda os vermes e os bichiños temos que vivir na natureza, e eu son un verme, entón teño que vivir alí.

_Pero eu non quero que te vaias, queda connosco, hai sitio de sobra!

 

A Matilda empezoulle a rolar unha bágoa pola meixela. Entón, aínda que lle gustaría deixalo na casa, levouno ó xardín e fíxolle un burato nunha árbore.

Dende aquela o verme viviu alí e a nena leváballe comida cada día.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe sábado 21 de marzo conmemórase o día mundial da poesía. As alumnas e alumnos de terceiro co gallo desta celebración e baixo as circunstancias que estamos a padecer quixemos compartir as nosas creacións convosco.

Comentar que a primeira poesía que vos amosamos se relaciona directamente cunha historia que estamos elaborando de xeito paralelo.

Agardamos que sexa do voso agrado. Aproveitamos por enviarvos moitos ánimos.

 

A NOSA HISTORIA

Unha historia sen fin

aconteceu no meu xardín

Dunha pedra! Quedei tesa!

a mazá tiña sorpresa!

 

O verme me falaba 

e eu lle contestaba,

o verme Boqueixón

comía mogollón.

Cada día pola mañá

o verme a Matilda

vía bostezar.

-Mira que boca tes!

-Pois ti vaia pés!

 

O verme está aburrido

porque non facía nada divertido

Matilda tivo unha idea

para que todos se divertiran unha chea.

 

Unha gran carreira 

sería o que faría 

con grandes galardóns 

para todos os campións

 

O cabalo Xoan 

é un lacazán

O verme boqueixón

mola un montón.

Estaba dándolle de comer ó gato

e encontreime cun pato.

 

Matilda e Boqueixón

corren xuntos unha maratón

e gaña sempre Matilda

 

porque ten as pernas máis longuiñas.

 

 

Ata aquí a poesía relacionada coa nosa historia. A partir de aquí enviámosvos outras composicións que elaboramos durante este día.

 

 

Mañá na mesa,

espérame  unha sorpresa,

será… unha poesía?

será… que ven a niña tía?

 

O meu curmán Martín

non usa calcetín.

 

A miña nai ten vergoña

e chámase Begoña.

 

A miña irmá Nerea 

moito patalea.

Cando lle pasa

doulle unha uva pasa

 

Estaba debuxando un Sol

e marquei un gol.

 

Andaba co meu irmán

e pisei un can.

 

A miña avoa manola 

fíxome unha boa tartola

 

O meu irmán Daniel

viaxou  ata o Caurel

 

O meu veciño Antón 

pinchou o meu balón

 

A miña nai Iolanda 

fíxome unha boa rebanda

 

Onte vin unha bolboreta moi inquieta

en vez de voar montaba en bicicleta.

 

HELLO EVERYONE!

 

  Aquí vos deixamos, para os máis pequenos, algúns vídeos onde aparecen moitos dos conceptos que traballamos 

  durante este curso ( saúdos, cores, partes do corpo, presentacións...).

  As profes queremos que teñades en conta que todo o que traballedes, do xeito que sexa, está moi

  ben!!

  O importante, se é que podedes, é adicarlle un pouquiño cada día: unha canción, un xogo, un debuxo...

  Tamén podedes ver as vosas series de debuxos favoritos en inglés, tan doado como cambiando o idioma

  nas opcións, e así practicades.

  Disfrutade as cancións. Unha aperta moi doce das teachers!

                                       

                

 

 

FIGURAS XEOMÉTRICAS PARA A COMPRENSIÓN E MEMORIZACIÓN DAS TABOAS DE MULTIPLICAR

MEMORIZAMOS AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR DUN XEITO DIVERTIDO

Prezadas familias, para estes días que temos que quedar na casa pedímosvos a vosa colaboración para a construcción dunha táboa de multiplicar Waldorf.

 

Saber as táboas de multiplicar con soltura é indispensable para poder seguir avanzando coas matemáticas. Con todo, memorizalas é tan aburrido que adoita ser un pesadelo para moitos nenos. Buscando algunha maneira de facer a súa aprendizaxe máis interesante pensamos en utilizar o método Waldorf. Desta forma os nenos aprenden manipulando e xogando, pero o mellor de todo é que perden o medo ás táboas e a súa actitude inmediatamente transfórmase en positiva. 

No ficheiro adxunto, ademáis das instruccións para a súa montaxe, deixámosvos uns vídeos explicativos do proceso e da súa utilización. 

Se tedes algunha dúbida podedes contactar connosco a través do correo electrónico:

segundosoutodonas@gmail.com

Unha aperta das titoras de 2º!

 

 

 

PSICOMOTRICIDADE FINA

Neste arquivo tedes ideas para facer cos rapaces e mellorar a psicomotricidade fina.

 

SESIÓN DE IOGA

Moverse e aprender a relaxarse tamén é necesario estes días. Aí vai algunha sesión de ioga. 

ACTIVITIES FOR THIS WEEK ( 23rd-24th March)

 

  Hi again, children! How are you? 

  Could you do the reviewing activities during these days? Fantastic!! If not, don´t worry. You can still do it!!  

  This week we are going to do new things... are you ready?? We are going to learn new vocabulary, make some        projects...It´s a little different from we do it in class, but anyway...we are going to go on learning and having fun!

  You have to do some exercises in a sheet of paper. Try to follow these instructions:

  • Write the date and the weather
  • Do your best
  • Give me all your works when we can back to school

  If you have any problem, please write me: coledonas@gmail.com

 -------------------------------------------------------------------------

 Ola de novo, chicos! Como estades?

 Puidestes facer as actividades de repaso ó longo destes días? Estupendo! Se non puidestes, non vos preocupedes. Aínda estade a tempo!

 Esta semana imos facer cousas novas...estades listos? Imos aprender novo vocabulario, facer algúns proxectos,...É un pouco diferente a como o       facemos na clase, pero de todos xeitos... imos seguir aprendendo e pasándoo ben!

 Teredes que facer algúns exercicios nunha folla de papel. Intenta seguir estas pautas:

  • Escribe sempre a data e o tempo ( Exemplo:  Wednesday, 25th March 2020. It´s sunny!)
  • Faino o mellor posible, con boa presentación
  • Amósame todos os teus traballo á volta ó cole ( poden ser estes ou outros que ti quixeras facer)
  • Se tés calquera dúbida, podes escribirme no enderezo de correo que tés máis arriba.

------------------------------------------------------------------------------ 

Here you are the activities. Click on your level:

 

1st 2nd 3rd
4th 5th 6th

Conto "Rosa contra el virus"

Ola a tod@s!

Aquí vos deixamos un conto para explicar o Coronavirus e outros posibles virus: " Rosa contra el virus"

https://issuu.com/colegiooficialpsicologosmadrid/docs/cuento_rosa_contra_el_virus_alta

 

O obxectivo principal deste conto é poder explicar aos máis pequenos, de forma sinxela e clara, que é un virus e xestionar as súas emocións.

Agardamos que vos guste.

 

Unha aperta forte!!

 

Equipo da Biblioteca

 

INICIO CURSO LECTOR 19/20

INICIO CURSO LECTOR 2019/20

Coma outros anos, empezamos un novo curso lector con novidades, contacontos para tod@s e inicio do préstamo de libros. 

SAMAÍN 2019

SAMAÍN 2019

O Samaín e os contos de medo sempre van xuntos. Celebrámolo con contacontos de medo entre as cabazas talladas.



by Dr. Radut